Arteixo - ORDENANZA Nº 34, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, EDUCATIVOS, DEPORTIVOS, RECREATIVOS E OUTROS ANÁLOGOS
ARTIGO 1. Concepto
De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establecese o prezo público por prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos.
ARTIGO 2. Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.
ARTIGO 3. Contía
2. As tarifas deste prezo público serán as que figuran nos seguintes epígrafes:
1 | Asistencia a espectáculos no auditorio | ||
| 1.1 | Cachet entre 750 € -2.500 € | 3,00 € |
1.2 | Cachet entre 2.500 € - 5.000 € | 4,00 € | |
1.3 | Cachet de mais de 5.000 € | 6,00 € | |
| 1.4 | Para aquelas actuacións culturais, recreativas ou análogas, que revistan unha especial transcendencia polo cachet ou notoriedade dos artistas, o prezo poderá ser fixado pola Xunta de Goberno Local, previo o cumprimento dos requisitos estabelecidos no artigo 8 da presente ordenanza. | |
| 1.5 | Cando o artista o solicite, a xunta de goberno local poderá autorizar que a actividade cultural ou análoga que realice poderá ser representada nas instalacións municipais a risco e ventura do mesmo, financiándose coa recadación da entrada cuxos prezos serán os determinados no presente epígrafe. |
2 | Asistencia a actividades | |||||
| 2.1 | Asistencia a actividades de tempo libre. | ||||
| | 2.1.1 | Asistencia a campamentos ou albergues fora do termo municipal, por día | 60,00 € | ||
| 2.2 | Actividades extraescolares nos colexios públicos | ||||
| | 2.2.1 | Por unha actividade (unha hora semanal) | 25,00 € | ||
| | 2.2.2 | Por unha actividade (dúas horas semanais) | 50,00 € | ||
| | 2.2.3. | Por dúas actividade (unha hora semanal) | 38,00 € | ||
| | 2.2.4 | Por dúas actividades (dúas horas semanais) | 75,00 € | ||
| | 2.2.5 | Por tres actividades (unha hora semanal) | 55,00 € | ||
| | 2.2.6 | Por tres actividades (dúas horas semanais) | 110,00 € | ||
| | 2.2.7 | Por cuatro actividades (unha hora semanal) | 65,00 € | ||
| | 2.2.8 | Por cuatro actividades (dúas horas semanais) | 125,00 € | ||
| 2.3 | Escolas deportivo municipais | ||||
| | 2.3.1 | Escolas deportivas para menores de idade | |||
| | | 2.3.1.1. | Dous días | 50,00 € | |
| | | 2.3.1.2 | Tres días | 70,00 € | |
| | 2.3.2 | Escolas deportivas maiores de idade ( | |||
| | | 2.3.2.1. | Dous días | 70,00 € | |
| | | 2.3.2.2 | Tres días | 85,00 € | |
| | 2.3.3 | Escolas deportivas maiores de 65 anos | |||
| | | 2.3.3.1 | Dous días | 20,00 € | |
| | | 2.3.3.2 | Tres días | 30,00 € | |
| | 2.3.4. | Escolas deportivas de recuperación funcional | |||
| | | 2.3.4.1 | Dous días | 120,00 € | |
| | | 2.3.4.2 | Tres días | 150,00 € | |
| 2.4 | Outros servizos relacionados coa práctica educativa, deportiva, cultural, medioambiental ou social. | ||||
| | 2.4.1 | Torneo fútbol sala CONCELLO DE ARTEIXO | 375,00 € | ||
| | 2.4.2 | Deporte na natureza dentro do termo municipal | | ||
| | | 2.4.2.1 | Sendeirismo maiores de idade | 5,00 € | |
| | | 2.4.2.2 | Sendeirismo menores de idade | 3,00 € | |
| | 2.4.3 | Deporte na natureza fora do termo municipal | | ||
| | | 2.4.3.1 | Sendeirismo maiores de idade | 15,00 € | |
| | | 2.4.3.2 | Sendeirismo menores de idade | 10,00 € | |
| | | 2.4.3.3 | Outras xornadas deporte na natureza maiores de idade | 25,00 € | |
| | | 2.4.3.4 | Outras xornadas deporte na natureza menores de idade | 12,50 € | |
| | 2.4.4 | Campamentos urbanos, e cursos de formación | 4 €/día | ||
| | | | 2.4.4.2.1 | Almorzo (inclúe madrugadores) | 2,50 €/día |
| | | | 2.4.4.2.2. | Xantar | 4 €/día |
| | | | 2.4.4.2.3. | Madrugadores | 1,50 €/día |
| | | | 2.4.4.2.4 | Ludoteca | 1,50 €/día |
| 2.5 | Outras actividades | ||||
| | 2.5.1. | Obradoiros, talleres ou campamentos desenvolvidos polas Bibliotecas municipais | 25,00 € | ||
| | 2.5.2 | Talleres realizados polo CIM complementarios da actividade obrigatoria do CIM: 2.5.2.1. De entre 5 horas y 10 horas de duración 2.5.2.2. De máis de 10 horas de duración, por cada hora adicional incrementaráse o prezo anterior na cantidade de | 5,00 € 0,50 € | ||
| | 2.5.3 | Actividades para nenos de 0-3 anos | 25,00 € | ||
| | 2.5.4 | Xuntanzas organizadas por servicios sociais | 6,00 € | ||
| | 2.5.5 | Xornadas de micoloxía | 11,00 €/día | ||
| 2.6 | Actividades | Sociais | | ||
| | 2.6.1 | Por asistencia a 1ª actividade | 37,00 € | ||
| | 2.6.2 | Por asistencia a 2ª actividade | 55,00 € | ||
| | 2.6.3 | Por asistencia a 3ª actividade | 80,00 € | ||
| | 2.6.4 | Por asistencia a 4ª actividade | 90,00 € | ||
| 2.7 | Actividades | Xuventude | | ||
| | 2.7.1 | Por asistencia a actividades anuais dirixidas á xuventude | 45,00 € |
3 | Escola municipal de música | ||
| 3.1 | Por cada materia impartida, ao mes | 12,50 € |
ARTIGO 4. Fixación
1. O estabelecemento ou modificación dos prezos públicos corresponderá á Xunta de Goberno Local, respecto da determinación de qué actividades e servizos quedan gravados por prezos públicos e as contías do gravame, en réxime de competencia delegada polo Pleno en uso das facultades previstas no artigo 47.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co artigo 23.2.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
2. Toda proposta de fixación ou modificación dos prezos públicos deberá ir acompañada dunha memoria económico - financeira, que xustificará o importe dos mesmos, o grao de cobertura financeira dos custes correspondentes e, no seu caso, as utilidades derivadas da realización das actividades e a prestación dos servizos ou os valores de mercado que se toman como referencia.
3. No acordo de fixación de prezos públicos estabelecerase a data na que se empezará a esixir o prezo público novo ou modificado.
4. Os importes dos prezos públicos aprobados daranse a coñecer mediante anuncios no BOP e no taboleiro de edictos da Corporación.
ARTIGO 5. Supostos de non suxeción
Non están suxeitas a este precio público as actividades desenvolvidas polo CIM que teñan como finalidade a promoción do asociacionismo das mulleres, a prevención da violencia de xénero ou a difusión do principio de igualdade entre mulleres e homes.
Tampouco están suxeitas ao pago deste precio público as mulleres victimas de violencia de xénero nin seus fillos/fillas, que participen nas actividades impartidas polo CIM, e teñan acreditada dita situación de violencia de xénero segundo documentación requerida ao efecto.
ARTIGO 6. Reducións
1. As tarifas fixadas para a entrada no auditorio terán unha redución do 25% para os colectivos de estudantes de ensinanzas homologadas; maiores de 65 anos e menores de 12 anos. Igualmente terán unha redución do 20% se fora mercado un abono que incluirá como mínimo tres funcións por semestre. Se do resultado das anteriores operacións resultaran unha cantidade con decimais, redondearase até o seguinte decimal rematado en cinco ou en cero.
2. As tarifas fixadas para a Escola Municipal de Música terán unha reducción do 25% para os membros acreditados da Banda de Música de Santiago de Arteixo. Se do resultado das anteriores operacións resulta unha cantidade con decimais, redondearáse ate o seguinte decimal rematado en cinco ou cero.
1. As tarifas fixadas para a entrada no auditorio terán unha redución do 25% para os colectivos de estudantes de ensinanzas homologadas; maiores de 65 anos e menores de 12 anos. Igualmente terán unha redución do 20% se fora mercado un abono que incluirá c
1. O pagamento de dito prezo público efectuarase:
a) Para as tarifas sinaladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 1 (asistencia a espectáculos no auditorio municipal), no momento de retirar a entrada ou abono correspondente.
b) Para as tarifas sinaladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.1 (Asistencia a campamentos, albergues, intercambios, fóra do termo municipal), no momento de ter concedida a aceptación preceptiva e sempre con anterioridade ao inicio da prestación do servizo, autoliquidando o importe segundo modelo estabelecido ao efecto.
c) Nas actividades extraescolares impartidas nos colexios públicos (artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.2), o prazo límite do pagamento será con anterioridade ao inicio das actividades, nos prazos fixados dende as Concellerías de Deportes e Educación. Porén, poderá formalizarse dito pagamento fora do prazo anterior, sempre que iniciadas as actividades, existan prazas vacantes e a incorporación do neno sexa solicitada polos seus titores legais, incorporándose á actividade no momento de ter efectuado o pagamento do presente prezo público.
Cando o prezo a abonar pola unidade familiar sexa superior a 50 €, o pagamento poderá ser prorrateado en dous prazos, previa petición do interesado, quedando establecida a segunda quenda do 1 ao 20 de febreiro.
O non pagamento do segundo prazo xerará a baixa inmediata do neno na actividade correspondente.
d) Nas actividades contempladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.3 (escolas deportivo municipais), o pagamento realizarase con anterioridade ao inicio das actividades, nos prazos fixados pola Concellería de Deportes.
Cando o inicio da participación nas actividades se produza con posterioridade á data de inicio da escola deportiva , os prezos prorratearanse proporcionalmente, calculándose segundo os trimestres naturais, incluído o presente, que faltan para rematar o curso.
e) Nas actividades contempladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.4 (outros servizos relacionados coa práctica deportiva, educativa, cultural, medioambiental ou social), o pagamento realizarase nos seguintes prazos e condicións:
* No epígrafe 2.4.1 (torneo fútbol sala Concello de Arteixo), o pagamento realizarase con anterioridade ao inicio do torneo, nos prazos fixados polo departamento de deportes.
* Nos epígrafes 2.4.2, 2.4.3, o pagamento realizarase nos prazos fixados pola Concellería organizadora, sempre con anterioridade ao inicio da actividade.
* No epígrafe 2.4.4 (campamentos urbanos), o pagamento realizarase nos prazos estabelecidos polas Concellerías que organicen os mesmos, e sempre con anterioridade ao inicio da actividade.
f) Nos talleres ou actividades de duración estabelecida por horas (artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.5.1), con anterioridade ao inicio de dito taller ou actividade, debendo ingresar o importe do mesmo nos prazos fixados pola Concellería correspondente.
g) Nos obradoiros, talleres ou actividades de duración equivalente a un curso académico e sesión semanal , con anterioridade ao inicio do obradoiro, taller ou actividade, debendo ingresar o importe do mesmo nos prazos fixados pola Concellería correspondente.
h) O pagamento do prezo da escola municipal de música realizarase trimestralmente, prorrateando o seu importe cando as clases deran comezo con posterioridade ao 1 de outubro. Se do resultado da anterior operación resultara unha cantidade con decimais, redondearase até o seguinte decimal rematado en cinco ou en cero.
O ingreso correspondente a cada trimestre deberá facerse efectivo no prazo de 15 días dende o inicio do trimestre natural, agás o primeiro trimestre que será no prazo de 15 días desde que se tiveran iniciadas as clases.
ARTIGO 8. Normas de xestión.
1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará ao obrigado ó pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:
a) Que a actividade, obradoiro ou taller, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.
b) Que a actividade, obradoiro ou taller non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.
2. Unha vez que sexa solicitada por escrito ante esta Administración a baixa na escola municipal de música, deixaran de emitirse os recibos correspondentes aos trimestres que resten para rematar o curso escolar.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente na porcentaxe do I.P.C.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA
As determinacións contidas na presente ordenanza e referidas ás actividades extraescolares nos colexios públicos comezarán a aplicarse a partires do curso académico 2012-2013.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA
O prezo da actividade estipulada no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.4.1. (Torneo fútbol sala Concello de Arteixo) terá para os anos 2013 e 2014, ademais do incremento do IPC que no seu caso se estabeleza, os seguintes incrementos:
* Para o ano 2013, sobre os prezos do ano 2012, incrementados, no seu caso, no IPC, estabelecese un incremento de 30,00 €, redondeado até o seguinte número enteiro.
* Para o ano 2014, sobre os prezos do ano 2013, incrementados, no seu caso, no IPC, estabelecese un incremento de 30,00 €, redondeado até o seguinte número enteiro.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos consta de 8 artigos, unha disposición adicional, dúas disposicións transitorias e unha disposición final.
A presente modificación foi aprobada provisoriamente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día .24 de xullo de 2012 e definitivamente en sesión do pleno de 27 de setembro de 2012, entrando en vigor unha vez publicado o texto modificado no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 70 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.