Arteixo - ORDENANZA Nº 34, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, EDUCATIVOS, DEPORTIVOS, RECREATIVOS E OUTROS ANÁLOGOS

Publicación provisional: 08/07/2008 BOP Nº: 156
Publicación definitiva: 08/09/2008 BOP Nº: 207
Aplicable dende: 23/10/2015

ARTIGO 1. Concepto

De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establecese o prezo público por prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos.

ARTIGO 2. Obrigados ao pagamento

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.

ARTIGO 3. Contía

1. A contía do prezo publico regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.

2. As tarifas deste prezo público serán as que figuran nos seguintes epígrafes:

1

Asistencia a espectáculos no auditorio

1.1

Cachet entre 750 € -2.500 €

3,00 €

1.2

Cachet entre 2.500 € - 5.000 €

4,00 €

1.3

Cachet de mais de 5.000 €

6,00 €

1.4

Para aquelas actuacións culturais, recreativas ou análogas, que revistan unha especial transcendencia polo cachet ou notoriedade dos artistas, o prezo poderá ser fixado pola Xunta de Goberno Local, previo o cumprimento dos requisitos estabelecidos no artigo 8 da presente ordenanza.

1.5

Cando o artista o solicite, a xunta de goberno local poderá autorizar que a actividade cultural ou análoga que realice poderá ser representada nas instalacións municipais a risco e ventura do mesmo, financiándose coa recadación da entrada cuxos prezos serán os determinados no presente epígrafe.

2

Asistencia a actividades

2.1

Asistencia a actividades de tempo libre.

2.1.1

Asistencia a campamentos ou albergues fora do termo municipal, por día

60,00 €

2.2

Actividades extraescolares nos colexios públicos

2.2.1

Por unha actividade (unha hora semanal)

25,00 €

2.2.2

Por unha actividade (dúas horas semanais)

50,00 €

2.2.3.

Por dúas actividade (unha hora semanal)

38,00 €

2.2.4

Por dúas actividades (dúas horas semanais)

75,00 €

2.2.5

Por tres actividades (unha hora semanal)

55,00 €

2.2.6

Por tres actividades (dúas horas semanais)

110,00 €

2.2.7

Por cuatro actividades (unha hora semanal)

65,00 €

2.2.8

Por cuatro actividades (dúas horas semanais)

125,00 €

2.3

Escolas deportivo municipais

2.3.1

Escolas deportivas para menores de idade

2.3.1.1.

Dous días

50,00 €

2.3.1.2

Tres días

70,00 €

2.3.2

Escolas deportivas maiores de idade (18 a 65 anos)

2.3.2.1.

Dous días

70,00 €

2.3.2.2

Tres días

85,00 €

2.3.3

Escolas deportivas maiores de 65 anos

2.3.3.1

Dous días

20,00 €

2.3.3.2

Tres días

30,00 €

2.3.4.

Escolas deportivas de recuperación funcional

2.3.4.1

Dous días

120,00 €

2.3.4.2

Tres días

150,00 €

2.4

Outros servizos relacionados coa práctica educativa, deportiva, cultural, medioambiental ou social.

2.4.1

Torneo fútbol sala CONCELLO DE ARTEIXO

375,00 €

2.4.2

Deporte na natureza dentro do termo municipal

2.4.2.1

Sendeirismo maiores de idade

5,00 €

2.4.2.2

Sendeirismo menores de idade

3,00 €

2.4.3

Deporte na natureza fora do termo municipal

2.4.3.1

Sendeirismo maiores de idade

15,00 €

2.4.3.2

Sendeirismo menores de idade

10,00 €

2.4.3.3

Outras xornadas deporte na natureza maiores de idade

25,00 €

2.4.3.4

Outras xornadas deporte na natureza menores de idade

12,50 €

2.4.4

Campamentos urbanos, e cursos de formación

4 €/día

2.4.4.1

Almorzo (inclúe madrugadores)

2,50 €/día

2.4.4.2.

Xantar

4 €/día

2.4.4.3.

Madrugadores

1,50 €/día

2.4.4.4

Ludoteca

1,50 €/día

2.5

Outras actividades

2.5.1.

Obradoiros, talleres ou campamentos desenvolvidos polas Bibliotecas municipais

25,00 €

2.5.2

Actividades para nenos de 0-3 anos

25,00 €

2.5.3

Xuntanzas organizadas por servicios sociais

6,00 €

2.5.4

Xornadas de micoloxía

11,00

€/actividade

2.6

Actividades

Sociais

2.6.1

Por asistencia a 1ª actividade

37,00 €

2.6.2

Por asistencia a 2ª actividade

55,00 €

2.6.3

Por asistencia a 3ª actividade

80,00 €

2.6.4

Por asistencia a 4ª actividade

90,00 €

2.6.5.

Talleres sociais entre 5 e 10 horas de duración

5,00 €

2.6.6.

Talleres sociais de máis de 10 horas de duración e inferior ó curso académico. Por cada hora adicional increméntase o precio anterior na cantidade de

0,50 €

2.7

Actividades

Xuventude

2.7.1

Por asistencia a actividades anuais dirixidas á xuventude

45,00 €

3

Escola municipal de música

3.1

Por cada materia impartida, ao mes

12,50 €

ARTIGO 4. Fixación

1. O estabelecemento ou modificación dos prezos públicos corresponderá á Xunta de Goberno Local, respecto da determinación de qué actividades e servizos quedan gravados por prezos públicos e as contías do gravame, en réxime de competencia delegada polo Pleno en uso das facultades previstas no artigo 47.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co artigo 23.2.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

2. Toda proposta de fixación ou modificación dos prezos públicos deberá ir acompañada dunha memoria económico - financeira, que xustificará o importe dos mesmos, o grao de cobertura financeira dos custes correspondentes e, no seu caso, as utilidades derivadas da realización das actividades e a prestación dos servizos ou os valores de mercado que se toman como referencia.

3. No acordo de fixación de prezos públicos estabelecerase a data na que se empezará a esixir o prezo público novo ou modificado.

4. Os importes dos prezos públicos aprobados daranse a coñecer mediante anuncios no BOP e no taboleiro de edictos da Corporación.

ARTIGO 5. Supostos de non suxeción

Non están suxeitas a este precio público as actividades desenvolvidas polo CIM que teñan como finalidade a promoción do asociacionismo das mulleres, a prevención da violencia de xénero ou a difusión do principio de igualdade entre mulleres e homes.

Tampouco están suxeitas ao pago deste precio público as mulleres victimas de violencia de xénero nin seus fillos/fillas, que participen nas actividades impartidas polo CIM, e teñan acreditada dita situación de violencia de xénero segundo documentación requerida ao efecto.

ARTIGO 6. Reducións

1. As tarifas fixadas para a entrada no auditorio terán unha redución do 25% para os colectivos de estudantes de ensinanzas homologadas; maiores de 65 anos e menores de 12 anos. Igualmente terán unha redución do 20% se fora mercado un abono que incluirá como mínimo tres funcións por semestre. Se do resultado das anteriores operacións resultaran unha cantidade con decimais, redondearase até o seguinte decimal rematado en cinco ou en cero.

2. As tarifas fixadas para a Escola Municipal de Música (EMMA) terán as seguintes reducións:

- unha redución do 20% para o segundo e seguintes irmáns, menores de idade e pertencentes á mesma unidade familiar, matriculados na Escola Municipal de Música.

- unha redución do 25% para os membros acreditados da Banda de Música de Santiago de Arteixo.

Se do resultado das anteriores operacións resulta unha cantidade con decimais, redondearáse ate o seguinte decimal rematado en cinco ou cero.

3.- Aplicaranse reduccións, según as condicións estipuladas na presente ordenanza, para as seguintes actividades definidas no artigo 3 da ordenanza nº 34:

¿ Apartado 2.2.2: ¿actividades extraescolares nos colexios públicos"

¿ Apartado 2.2.4.4: ¿campamentos urbanos e cursos de formación"

3.1 Persoas beneficiarias.-

Poderán acceder ás reduccións as persoas usuarias que cumpran as condicións que se especifican na presente ordenanza e que resulten admitidas nas actividades ou campamentos.

3.2 Requisitos.-

Para ser beneficiario da reducción, os requisitos que deberán cumprir son os seguintes:

¿ Para acceder á reducción nas actividades do apartado 2.2.2: ¿actividades extraescolares nos colexios públicos": estar matriculado en centros públicos do término municipal nos niveis de infantil e primaria.

¿ Estar empadroados en Arteixo un proxenitor/titor e o menor que xenera o dereito de reducción.

¿ Ter abonado o prezo público (en pago único ou fraccionado) regulado na ordenanza fiscal nº 34 para os conceptos nos que se inscriba.

¿ Non superar a renda per cápita anual correspondente ao 100 % do IPREM establecido anualmente computado para 12 pagas.

3.3. Porcentaxes de reducción.-

Cando os ingresos de unidade de convivencia, computados en renda per cápita, non superen o indicado (100 % do IPREM para 12 pagas), as persoas usuarias poderán solicitar a reducción do importe dos prezos nas seguintes porcentaxes:

IPREM

PORCENTAXE DA REDUCCIÓN

Inferior ao 50 % IPREM

50%

Entre o 50% E o 80% IPREM

30%

Máis do 80 % e ata o 100 % IPREM

20%

3.3.1 Reducción nas actividades extraescolares:

As porcentaxes de reducción aplicaranse sobre o total do custo das acticidades para as que se solicita reducción. En todo caso, establécese o límite máximo de 5 horas de actividade extraescolar semanal. Este límite aplícase conxuntamente con independencia das áreas de execución (deporttivas/educativas), computándose as horas totais de participación, aínda cando a inscrición se realice en distintos períodos ao longo do curso.

A solicitude da redución poderá formalizarse no prazo dun mes desde a data de formalización da inscrición computándose como tal a data de pago do prezo público correspondente (en pago único ou fraccionado según artigo 7 da presente ordenanza).

3.3.2 Reducción nos campamentos municipais:

Aplicarase a reducción sobre o custo total abonado para cada período de inscrición incluindo todos os servizos que se utilicen no campamento polas persoas usuarias.

3.4. Compatibilidade con outras axudas.-

Esta reducción non será compatible con outras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra administración ou organismos ou entidades públicas ou privadas.

Tampouco serán beneficiarios da reducción aquelas unidades convivenciais que teñan recibido axuda da área de Servizos Sociais do Concello de Arteixo para este concepto (abono ás persoas beneficiarias ou ingreso directo do prezo público).

3.5. Procedemento.-

A reducción será estimada previo informe técnico conxunto dos departamentos de Deportes e de Educación no que se faga constar as actividades nas que está inscrito, as horas semanais de execución de cada unha, centro escolar no que participa e datos complementarios relativos á xustificación de ingresos da unidade familiar e do pago do prezo público.

O procedemento que se aplicará para a valoración e concesión da reducción será o seguinte:

¿ Formalización de solicitude de reducción mediante instancia con entrada no rexistro municipal acompañada da documentación acreditativa de ingresos da unidade de convivencia e documento de pago

¿ Comprobación do cumprimento de requisitos polos servizos técnicos dos departamentos de Deportes e Educación e emisión de informe proposta remitido á Intervención municipal para fiscalización.

¿ Elevación á Xunta de Goberno Local da proposta

3.6. Xestión da reducción

Unha vez concedida a reducción, procederase do seguinte xeito:

¿ Cando o beneficiario teña abonado o prezo público completo da/s actividade/s: desde a entidade local procederase ao ingreso da contía da reducción na conta facilitada ao efecto polo solicitante.

¿ Cando o beneficiario teña abonado o 50 % de prezo público da/s actividade/s (artigo 7 da presente ordenanza).: aplicarase a porcentaxe concedida de reducción para o pago do 2º prazo debendo abonar o participante a contía pola diferencia, si é o caso.

3.7. Unidade de convivencia.-

Para os efectos de valoración de solicitudes de reducción entenderase por unidade convivencial a formada polos seguintes membros:

¿ Os cónxuxes ou titores legais ou parellas de feito.

¿ Os fillos maiores e menores de idade que convivan no mesmo domicilio.

¿ Os ascendentes dos cónxuxes que convivan no mesmo domicilio.

¿ Outras presoas con lazos familiares que convivan no mesmo domicilio.

Nos casos de separación legal, divorcio ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade de convivencia estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo. Engadiranse os outros membros descritos no apartado anterior (ascendentes, outros convivintes).

Para a condición de familia monoparental enténdese a formada pola nai solteira ou pai solteiro, con fillos menores a cargo, que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación/divorcio (acreditada mediante fotocopia compulsada do libro de familia e certificado de convivencia). É decir, entenderase cando formen parte dela unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra proxenitora non contribúa económicamente ao sustento do menor.

3.8. Documentación xeral a aportar.-

1. Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda.

2. Fotocopia do libro de familia ou documentación que o substitúa

3. Fotocopia do libro de familia numerosa actualizado, si é o caso.

4. Declaración das axudas e becas obtidas para finalidades relacionadas co ámbito educativo doutros organismos ou institucións públicas ou privadas.

5. Designación de conta bancaria según modelo municipal existente ao efecto (DCB).

6. Impreso de autorización para a obtención dos datos tributarios da ano fiscal que corresponda das persoas que integran a unidade familiar e con idade laboral. As persoas non obrigadas a declarar presentarán tamén a dita autorización. En todo caso, é obriga e responsabilidade das familias estar ao corrente nos seus datos fiscais coa AEAT.

7. Nos casos de unións de feito con fillos recoñecidos, separación ou divorcio, copias das sentenzas e do convenio regulador, así como xustificantes bancarios das aportacións económicas establecidas. No caso de impagos, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante do inicio das actuacións.

8. No caso de menores en situación de garda e custodia compartida, aportaranse os xustificantes de ingresos de ambos proxenitores.

9. No caso de menores en situación de acollemento, copia do certificado do organismo competente e, no seu caso, contía da remuneración que se perciba.

10. Outros xustificantes de ingresos: as persoas non obrigadas a declarar achegarán a seguinte documentación

a) Persoas traballadoras por conta allea: fotocopia das últimas 6 nóminas.

b) Pensionistas:

¿ Xustificantes da pensión mensual.

c) Demandantes de emprego con prestación:

¿ Certificado de prestacións do SEPE dos últimos 6 meses.

d) Demandantes de emprego sen prestación:

¿ Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego que deberá ter unha antigüidade mínima dun mes anterior á data de convocatoria.

¿ Certificado do SEPE no que conste que non é perceptor de prestacións nos 6 meses anteriores á data de convocatoria

e) Perceptores de RISGA:

¿ Xustificante da contía mensual actual.

¿ Copia do documento de notificación da concesión.

ARTIGO 7. Obrigado ao pagamento

1. O pagamento de dito prezo público efectuarase:

a) Para as tarifas sinaladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 1 (asistencia a espectáculos no auditorio municipal), no momento de retirar a entrada ou abono correspondente.

b) Para as tarifas sinaladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.1 (Asistencia a campamentos, albergues, intercambios, fóra do termo municipal), no momento de ter concedida a aceptación preceptiva e sempre con anterioridade ao inicio da prestación do servizo, autoliquidando o importe segundo modelo estabelecido ao efecto.

c) Nas actividades extraescolares impartidas nos colexios públicos (artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.2), o prazo límite do pagamento será con anterioridade ao inicio das actividades, nos prazos fixados dende as Concellerías de Deportes e Educación. Porén, poderá formalizarse dito pagamento fora do prazo anterior, sempre que iniciadas as actividades, existan prazas vacantes e a incorporación do neno sexa solicitada polos seus titores legais, incorporándose á actividade no momento de ter efectuado o pagamento do presente prezo público.

Cando o prezo a abonar pola unidade familiar sexa superior a 50 €, o pagamento poderá ser prorrateado en dous prazos, previa petición do interesado, quedando establecida a segunda quenda do 1 ao 20 de febreiro.

O non pagamento do segundo prazo xerará a baixa inmediata do neno na actividade correspondente.

d) Nas actividades contempladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.3 (escolas deportivo municipais), o pagamento realizarase con anterioridade ao inicio das actividades, nos prazos fixados pola Concellería de Deportes.

Cando o inicio da participación nas actividades se produza con posterioridade á data de inicio da escola deportiva , os prezos prorratearanse proporcionalmente, calculándose segundo os trimestres naturais, incluído o presente, que faltan para rematar o curso.

e) Nas actividades contempladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.4 (outros servizos relacionados coa práctica deportiva, educativa, cultural, medioambiental ou social), o pagamento realizarase nos seguintes prazos e condicións:

* No epígrafe 2.4.1 (torneo fútbol sala Concello de Arteixo), o pagamento realizarase con anterioridade ao inicio do torneo, nos prazos fixados polo departamento de deportes.

* Nos epígrafes 2.4.2, 2.4.3, o pagamento realizarase nos prazos fixados pola Concellería organizadora, sempre con anterioridade ao inicio da actividade.

* No epígrafe 2.4.4 (campamentos urbanos), o pagamento realizarase nos prazos estabelecidos polas Concellerías que organicen os mesmos, e sempre con anterioridade ao inicio da actividade.

f) Nos talleres ou actividades de duración estabelecida por horas (artigo 3, apartado 2), con anterioridade ao inicio de dito taller ou actividade, debendo ingresar o importe do mesmo nos prazos fixados pola Concellería correspondente.

g) Nos obradoiros, talleres ou actividades de duración equivalente a un curso académico e sesión semanal, con anterioridade ao inicio do obradoiro, taller ou actividade, debendo ingresar o importe do mesmo nos prazos fixados pola Concellería correspondente.

h) O pagamento do prezo da escola municipal de música realizarase trimestralmente, prorrateando o seu importe cando as clases deran comenzo con posterioridade ao 1 de outubro. Se do resultado da anterior operación resultara unha cantidade con decimais, redondearase até o seguinte decimal rematado en cinco ou en cero.

O ingreso correspondente a cada trimestre deberá facerse efectivo no prazo de 15 días dende o inicio do trimestre natural, agás o primeiro trimestre que será no prazo de 15 días desde que se tiveran iniciadas as clases.

ARTIGO 8. Normas de xestión.

1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará ao obrigado ó pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

a) Que a actividade, obradoiro ou taller, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.

b) Que a actividade, obradoiro ou taller non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.

2. Unha vez que sexa solicitada por escrito ante esta Administración a baixa na escola municipal de música, deixaran de emitirse os recibos correspondentes aos trimestres que resten para rematar o curso escolar.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente na porcentaxe do I.P.C.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA

As determinacións contidas na presente ordenanza e referidas ás actividades extraescolares nos colexios públicos comezarán a aplicarse a partires do curso académico 2012-2013.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA

O prezo da actividade estipulada no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.4.1. (Torneo fútbol sala Concello de Arteixo) terá para os anos 2013 e 2014, ademais do incremento do IPC que no seu caso se estabeleza, os seguintes incrementos:

* Para o ano 2013, sobre os prezos do ano 2012, incrementados, no seu caso, no IPC, establecese un incremento de 30,00 €, redondeado até o seguinte número enteiro.

* Para o ano 2014, sobre os prezos do ano 2013, incrementados, no seu caso, no IPC, establecese un incremento de 30,00 €, redondeado até o seguinte número enteiro.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos consta de 8 artigos, unha disposición adicional, dúas disposicións transitorias e unha disposición final.

A presente modificación foi aprobada provisoriamente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de agosto de 2015, entrando en vigor unha vez publicado o texto modificado no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 70 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.