Touro - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.

Publicación provisional: 06/10/2008 BOP Nº: 231
Publicación definitiva: 10/12/2008 BOP Nº: 283
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1.

De conformidade co previsto no artigo 73 da Lei 39/1998, de 28 de decembro, o tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable a este municipio, queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.

Artigo 2.

1. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de natureza urbana, queda fixado no 0,45.
2. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de natureza rústica, queda iixado no 0,45.
3. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens inmobles de características especiais queda fixado no 1,5 por cento.
A estes efectos considéranse bens inmobles de características especiais os comprendidos nos seguintes grupos:
a) Os destinados á producción de enerxía eléctrica e gas e ao refino de petróleo, e as centrais nucleares.
b) As presas, saltos de auga e embalses, incluíndo o seu leito ou vaso, excepto os destinados exclusivamente ao rego.
c) As autopistas, estradas e tuneis de peaxe.
d) Os aeroportos e portos comerciais.

Artigo 3.

No non previsto expresamente nesta ordenanza, rexerán os preceptos contidos na subsección 2.ª, sección 3.ª, capítulo II do título II da referida Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 26 de setembro de 2008, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2009.