Touro - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles
Artigo 1.
Artigo 2.
O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de natureza urbana, queda fixado no 0,45.
2. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de natureza rústica, queda fixado no 0,45.
3. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens inmobles de características especiais queda fixado no 1,3 por cento.
A estes efectos considéranse bens inmobles de características especiais os comprendidos nos seguintes grupos:
a) Os destinados á producción de enerxía eléctrica e gas e ao refino de petróleo, e as centrais nucleares.
b) As presas, saltos de auga e embalses, incluíndo o seu leito ou vaso, excepto os destinados exclusivamente ao rego.
c) As autopistas, estradas e túneles de peaxe.
d) Os aeroportos e portos comerciais.