Touro - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles
Artigo 1.º.-
Artigo 2.º.-
1. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de natureza urbana, queda fixado no 0,45.
2. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de natureza rústica, queda fixado no 0,45.
3. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens inmobles de características especiais queda fixado no 1,3 por cento.
A estes efectos considéranse bens inmobles de características especiais os comprendidos nos seguintes grupos:
a) Os destinados á produción de enerxía eléctrica e gas e ao refino de petróleo, e as centrais nucleares.
b) As presas, saltos de auga e embalses, incluíndo o seu leito ou vaso, excepto os destinados exclusivamente ao rego.
c) As autopistas, estradas e túneles de peaxe.
d) Os aeroportos e portos comerciais.
Artigo 3.º.-
Artigo 4.º.-
Gozarán dunha bonificación do 95 por cento da cota íntegra do imposto, aqueles inmobles nos que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou pesqueiras pertencentes ao sector primario, e que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración.
No suposto de que nun mesmo inmoble (mesma referencia catastral) existan, ademais das construcións indicadas no parágrafo anterior, outras construcións destinadas a un uso distinto das actividades agrarias, gandeiras ou forestais, aplicaráselle unha bonificación do 50 por cento da cota íntegra do imposto. Se nese mesmo inmoble se desenvolve unha actividade económica distinta á agraria, gandeira ou forestal non se poderá conceder bonificación algunha.
Corresponderá ao Pleno da Corporación a declaración de especial interese ou de utilidade municipal, previa solicitude dos suxeitos pasivos, debendo contar co voto favorable da maioría simple dos seus membros.
A bonificación terá carácter rogado e surtirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao da presentación da solicitude.
Para poder gozar desta bonificación os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
- Certificado de Facenda ou xustificante oficial que acredite o carácter da actividade que se desenvolve.
- Certificado catastral do inmoble.
- Certificado ou declaración responsable de non ter débedas coa Facenda estatal, autonómica e local, nin coa Seguridade Social.
O Concello realizará de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto desta bonificación.