Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR REALIZACION DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/10/2007 BOP Nº: 252
Aplicable dende: 01/11/2007

Artigo 1.-Fundamento e natureza

En uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e en virtude do estabrecido nos artigos 41 a 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Teo estabrece o Prezo Público por realizacion de actividades culturais e deportivas, que se rexirá pola presente Ordenanza, e, no seu defecto, polo citado RDL 2/2004, así como polo RD939/2005, RXR.

Artigo 2.- Feito Impoñible

Constitue o feito impoñible do prezo público regulado nesta Ordenanza a realización das actividades recollidas no artigo 4 desta Ordenanza.

Artigo 3.-Obrigados ó pago

Resultan obrigados ó pago, as persoas físicas, xurídicas e entidades que se beneficien dos servizos e actividades a que se refire esta Ordenanza.

Artigo 4.- Importe do prezo público

Para cada tipo de actividade:
Asistencia a escolas deportivas municipais, cursos, obradoiros, campamentos urbanos: 15 euros para o primeiro membro da unidade familiar, 10 euros para o segundo membro da unidade familiar e cinco euros para o terceiro membro da unidade familiar e seguintes.

Artigo 5.-Xestión.

Para a participación nas actividades, os interesados deberán presentar instancia no Rexistro Xeral do Concello. Unha vez elaborada a relación de admitidos, éstes deberán facer efectivo o ingreso mediante abono en conta a nome do Concello na entidade financeira correspondente, e deberán presentar xustificante do abono nas dependencias municipais.
Cando por causas non imputables o obrigado o pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolucion do importe correspondente

Artigo 6.-Pago

A obriga de pagar o prezo público nace dende que se inicia a prestación do servizo ou a realizacion da actividade.
As débedas derivadas de impago do prezo público poderán ser esixidas pola vía de apremio nos termos estabrecidos no RD 939/2005,RXR.

Disposicion Derradeira

A presente Ordenanza foi aprobada en sesión Plenaria de data 26.09.2007, e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicacion definitiva, comenzando a aplicarse dende dito momento, mantendo a súa vixencia indefinidamente, en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.