Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR REALIZACION DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS
Artigo 1.-Fundamento e natureza
En uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e en virtude do establecido nos artigos 41 a 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Teo establece o Prezo Público por realización de actividades culturais e deportivas, que se rexerá pola presente Ordenanza, e, no seu defecto, polo citado RDL 2/2004, así como polo RD939/2005, RXR.
Artigo 2.- Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible do prezo público regulado nesta Ordenanza a realización das actividades recollidas no artigo 4 desta Ordenanza.
Artigo 3.-Obrigados ó pago
Resultan obrigados ó pago, as persoas físicas, xurídicas e entidades que se beneficien dos servizos e actividades a que se refire esta Ordenanza.
Artigo 4.- Importe do prezo público
1) escolas deportivas e culturais.- 20€ por actividade.
2) campamentos urbáns.-20€ por campamento.
3) campamentos de verán e excursións de mais de un día: 10€ por día.¿
4) Para as restantes actividades culturais, deportivas, formativas e de lecer unicamente se exixira e cobrará o prezo publico cando así sexa acordado pola Xunta de Goberno Local, de conformidade co artigo 47 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo. O prezo a exixir será fixado atendendo ao custe da actividade ou evento e valorando as circunstancias que concorran en cada caso previa proposta do servizo de que se trate, e previa fiscalización de intervención. No importe das tarifas entenderase incluído o IVE que, no seu caso, proceda aboar. Elevarase á XGL unha memoria económico-financeira elaborada polo Departamento xestor da actividade na que se indicará:
¿ Estimación de costes da actividade con descrición detallada de gastos inherentes á súa realización, asinada polo empregado público xestor da actividade.
¿ Estimación do número de usuarios aos que se destina a actividade.
¿ Achegas doutras AAPP que cofinancien a actividade, indicando a administración, a subvención de que se trata e importe
¿ Proposta de prezo público.
No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares ós empadroados no Concello de Teo e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello. E en segundo lugar no caso de que o número de prazas da actividade fora limitado utilizarase como criterio de admisión a data de presentación da solicitude.
Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico dos servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
No acordo de establecemento da contía do prezo público pola XGL deberá figurar, en todo caso, o momento de nacemento da obriga do pagamento.
Artigo 5.- Exencións e bonificacións
A solicitude de exencións de prezos públicos deberá facerse por escrito no momento de formalizar a inscrición na actividade, agás cambios que se produzan con posterioridade.
No caso de solicitudes posteriores de exencións de prezos públicos que sexan admitidas e tramitadas polo concello e de resolverse favorablemente, a bonificación ou exención terá efectos a partir da data da solicitude de bonificación.
Darán dereito a exención total nos prezos públicos pertencer a:
¿ Familias en situación de emerxencia social acreditada polos servizos sociais do Concello de Teo, mediante informe social, no que se faga constar a dificultade económica de acceso a este servizo.
¿ Unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 25% do IPREM anual*. (*) IPREM anual: indicador público de renda de efectos múltiples. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF, e xustificarase coa presentación desta declaración ou documentación análoga no caso de non existir obriga legal de presentala.
¿ Unidades familiares na que todas e todos os seus membros adultos se atopen en situación de desemprego . xustificarase coa presentación de documentación acreditativa da situación de desemprego e da de convivencia.
Darán dereito a unha bonificación do 50% nos prezos públicos pertencer a:
¿ Familia numerosa de categoría especial, segundo a súa definición contemplada na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Presentarase titulo de familia numerosa.
¿ Unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual. (*) IPREM anual: indicador público de renda de efectos múltiples. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF, e xustificarase coa presentación desta declaración ou documentación análoga no caso de non existir obriga legal de presentala.
Darán dereito a unha bonificación do 20% nos prezos públicos as seguintes situacións:
¿ Pertencer a unha familia numerosa categoría xeral, segundo a súa definición contemplada na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Presentarase titulo de familia numerosa
¿ Usuarios e usuarias menores de idade con cunha discapacidade recoñecida como mínimo do 33% . Documentarase coa certificación de discapacidade ou co declaración de dependencia.
¿ Pertencer a familias monoparentais segundo a definición da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, establecida no apartado c) do artigo 4. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do libro de familia no que figuren un/ha proxenitor/a e os/as menores, así como o certificado de convivencia. No caso de falecemento dun/ha proxenitor/a, presentarase, ademais da documentación anterior, o certificado de defunción. De existires outro proxenitor ou proxenitora coa obriga do pagamento da pensión de alimentos que non contribúa economicamente ao sustento da descendencia común, requiriranse tamén o testemuño do convenio xudicialmente aprobado ou da resolución xudicial que declare o dereito de alimentos, o testemuño de ter instado a execución da resolución que declare aquel dereito e a certificación expedida polo/a secretario/a xudicial que acredite o resultado infrutuoso desa execución. Con carácter excepcional, por estar en curso o proceso xudicial correspondente, poderase eximir da entrega desta última documentación mediante informe do departamento de Servizos Sociais do concello de Teo.
As anteriores bonificacións non son acumulables, de xeito que os usuarios/as tan só poderán acollerse a aquela que lles resulta máis beneficiosa.
Artigo 6.-Xestión.
Para a participación nas actividades, os interesados deberán presentar instancia no Rexistro Xeral do Concello. Unha vez elaborada a relación de admitidos, estes deberán facer efectivo o ingreso . O ingreso se fará en réxime de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras designadas polo concello.
Cando por causas non imputables o obrigado o pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.
Artigo 7.-Pago
1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.
2. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
As débedas derivadas da falta de pagamento do prezo público poderán ser esixidas pola vía de prema nos termos establecidos no RD 939/2005,RXR¿.
Disposición Derradeira
A presente Ordenanza foi aprobada en sesión Plenaria de data 26.09.2007, e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación definitiva, comezando a aplicarse dende dito momento, mantendo a súa vixencia indefinidamente, en tanto non sexa modificada ou derrogada expresamente.