Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR REALIZACION DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/10/2011 BOP Nº: 195
Aplicable dende: 14/10/2011

Artigo 1.-Fundamento e natureza

En uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e en virtude do estabrecido nos artigos 41 a 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Teo estabrece o Prezo Público por realizacion de actividades culturais e deportivas, que se rexirá pola presente Ordenanza, e, no seu defecto, polo citado RDL 2/2004, así como polo RD939/2005, RXR.

Artigo 2.- Feito Impoñible

Constitue o feito impoñible do prezo público regulado nesta Ordenanza a realización das actividades recollidas no artigo 4 desta Ordenanza.

Artigo 3.-Obrigados ó pago

Resultan obrigados ó pago, as persoas físicas, xurídicas e entidades que se beneficien dos servizos e actividades a que se refire esta Ordenanza.

Artigo 4.- Importe do prezo público

Por cada matrícula que se formalice para a asistencia a escolas deportivas, actividades físicas, actividades de lecer, escolas culturais, cursos e obradoiros de organización municipal, 20 €.

A Xunta de Goberno Local, a proposta dos departamentos implicados, queda habilitada para decidir a secuenciación temporal das matrículas nas distintas actividades.

Artigo 5.- Exencións e bonificacións

A solicitude de exencións de prezos públicos deberá facerse por escrito no momento de formalizar a inscrición na actividade, agás cambios que se produzan con posterioridade.

No caso de solicitudes posteriores de exencións de prezos públicos que sexan admitidas e tramitadas polo concello e de resolverse favorablemente, a bonificación ou exención terá efectos a partir da data da solicitude de bonificación.

Darán dereito a exención total nos prezos públicos:

 Casos de emerxencia social acreditados polos servizos sociais do Concello de Teo, mediante informe social, no que se faga constar a dificultade económica de acceso a este servizo.

 Unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 25% do IPREM anual*. (*) IPREM anual: indicador público de renda de efectos múltiples. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

 Cando todos os membros adultos da unidade familiar se atopen en situación de desemprego.

Darán dereito a unha bonificación do 50% nos prezos públicos:

 Familia numerosa de categoría especial, segundo a súa definición contemplada na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

 Unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual. (*) IPREM anual: indicador público de renda de efectos múltiples. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

Darán dereito a unha bonificación do 20% nos prezos públicos:

 Familia numerosa de categoría xeral, segundo a súa definición contemplada na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

 Nenos ou nenas cunha discapacidade recoñecida como mínimo do 33%.

As anteriores bonificacións non son acumulables, de xeito que os usuarios/as tan só poderán acollerse a aquela que lles resulta máis beneficiosa.

Artigo 6.-Xestión.

Para a participación nas actividades, os interesados deberán presentar instancia no Rexistro Xeral do Concello. Unha vez elaborada a relación de admitidos, estes deberán facer efectivo o ingreso mediante abono en conta a nome do Concello na entidade financeira correspondente, e deberán presentar xustificante do abono nas dependencias municipais.

Cando por causas non imputables o obrigado o pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.

Artigo 6.-Xestión.

Para a participación nas actividades, os interesados deberán presentar instancia no Rexistro Xeral do Concello. Unha vez elaborada a relación de admitidos, estes deberán facer efectivo o ingreso mediante abono en conta a nome do Concello na entidade financeira correspondente, e deberán presentar xustificante do abono nas dependencias municipais.

Cando por causas non imputables o obrigado o pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.

Artigo 7.-Pago

A obriga de pagar o prezo público nace dende que se inicia a prestación do servizo ou a realización da actividade.

As débedas derivadas da falta de pagamento do prezo público poderán ser esixidas pola vía de prema nos termos establecidos no RD 939/2005,RXR.

Disposicion Derradeira

A presente Ordenanza foi aprobada en sesión Plenaria de data 26.09.2007, e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicacion definitiva, comenzando a aplicarse dende dito momento, mantendo a súa vixencia indefinidamente, en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.