Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR REALIZACION DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 20/01/2020 BOP Nº: 12
Aplicable dende: 21/01/2020

Artigo 1.-Fundamento e natureza

En uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e en virtude do estabrecido nos artigos 41 a 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Teo estabrece o Prezo Público por realizacion de actividades culturais e deportivas, que se rexirá pola presente Ordenanza, e, no seu defecto, polo citado RDL 2/2004, así como polo RD939/2005, RXR.

Artigo 2.- Feito Impoñible

Constitue o feito impoñible do prezo público regulado nesta Ordenanza a realización das actividades recollidas no artigo 4 desta Ordenanza.

Artigo 3.-Obrigados ó pago

Resultan obrigados ó pago, as persoas físicas, xurídicas e entidades que se beneficien dos servizos e actividades a que se refire esta Ordenanza.

Artigo 4.- Importe do prezo público

- escolas deportivas e culturais.- 20€ por actividade

- cursos e obradoiros.-20€ por actividade.

- actividades físicas e de lecer.-20€ por actividade.

- campamentos urbáns.-20€ por campamento.

- campamentos de verán e excursións de mais de un día: 10€ por día."

Artigo 5.- Exencións e bonificacións

A solicitude de exencións de prezos públicos deberá facerse por escrito no momento de formalizar a inscrición na actividade, agás cambios que se produzan con posterioridade.

No caso de solicitudes posteriores de exencións de prezos públicos que sexan admitidas e tramitadas polo concello e de resolverse favorablemente, a bonificación ou exención terá efectos a partir da data da solicitude de bonificación.

Darán dereito a exención total nos prezos públicos pertencer a:

Familias en situación de emerxencia social acreditada polos servizos sociais do Concello de Teo, mediante informe social, no que se faga constar a dificultade económica de acceso a este servizo.

Unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 25% do IPREM anual*. (*) IPREM anual: indicador público de renda de efectos múltiples. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF, e xustificarase coa presentación desta declaración ou documentación análoga no caso de non existir obriga legal de presentala.

Unidades familiares na que todas e todos os seus membros adultos se atopen en situación de desemprego . xustificarase coa presentación de documentación acreditativa da situación de desemprego e da de convivencia.

Darán dereito a unha bonificación do 50% nos prezos públicos pertencer a:

Familia numerosa de categoría especial, segundo a súa definición contemplada na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Presentarase titulo de familia numerosa.

Unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual. (*) IPREM anual: indicador público de renda de efectos múltiples. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF, e xustificarase coa presentación desta declaración ou documentación análoga no caso de non existir obriga legal de presentala.

Darán dereito a unha bonificación do 20% nos prezos públicos as seguintes situacións :

Pertencer a unha familia numerosa categoría xeral, segundo a súa definición contemplada na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Presentarase titulo de familia numerosa

Usuarios e usuarias menores de idade con cunha discapacidade recoñecida como mínimo do 33% . Documentarase coa certificación de discapacidade ou co declaración de dependencia.

Pertencer a familias monoparentais segundo a definición da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, establecida no apartado c) do artigo 4. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do libro de familia no que figuren un/ha proxenitor/a e os/as menores, así como o certificado de convivencia. No caso de falecemento dun/ha proxenitor/a, presentarase, ademais da documentación anterior, o certificado de defunción. De existires outro proxenitor ou proxenitora coa obriga do pagamento da pensión de alimentos que non contribúa economicamente ao sustento da descendencia común, requiriranse tamén o testemuño do convenio xudicialmente aprobado ou da resolución xudicial que declare o dereito de alimentos, o testemuño de ter instado a execución da resolución que declare aquel dereito e a certificación expedida polo/a secretario/a xudicial que acredite o resultado infrutuoso desa execución. Con carácter excepcional, por estar en curso o proceso xudicial correspondente, poderase eximir da entrega desta última documentación mediante informe do departamento de Servizos Sociais do concello de Teo.

As anteriores bonificacións non son acumulables, de xeito que os usuarios/as tan só poderán acollerse a aquela que lles resulta máis beneficiosa.

Artigo 6.-Xestión.

Para a participación nas actividades, os interesados deberán presentar instancia no Rexistro Xeral do Concello. Unha vez elaborada a relación de admitidos, estes deberán facer efectivo o ingreso mediante abono en conta a nome do Concello na entidade financeira correspondente, e deberán presentar xustificante do abono nas dependencias municipais.

Cando por causas non imputables o obrigado o pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.

Artigo 7.-Pago

A obriga de pagar o prezo público nace dende que se inicia a prestación do servizo ou a realización da actividade.

As débedas derivadas da falta de pagamento do prezo público poderán ser esixidas pola vía de prema nos termos establecidos no RD 939/2005,RXR.

Disposicion Derradeira

A presente Ordenanza foi aprobada en sesión Plenaria de data 26.09.2007, e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicacion definitiva, comenzando a aplicarse dende dito momento, mantendo a súa vixencia indefinidamente, en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.