Muros - Ordenanza reguladora da taxa subministración de auga corrente. Mancomunidade de augas Muros e Carnota.
Artigo 1.- Feito imponible.
Constitúe o feito imponible ou presuposto de aplicación do prezo público que regula esta ordenanza a prestación do servicio de suministración de auga corrente pola "Mancomunidade de auga dos concellos de Carnota e Muros.
Artigo 2.- Suxeito pasivo ou obrigado ó pagamento.
1. Están obrigados ó pagamento do prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei 230/1963, de 28 de decembro, xeral tributaria (en diante, LXT), seguintes:
a) Cando se trate da conexión á rede de suministración, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do inmoble.
b) Cando se trate da recepción do servicio, os ocupantes ou usuarios do inmoble beneficiario del, calquera que sexa o seu título (donos, usufructuarios, arrendatarios ou precaristas).
2. En calquera caso, o dono da vivenda ou local terá a natureza de substituto do ocupante ou usuario na obrigación do pagamento e poderá, se é o caso, repercuti-las cotas que satisfaga sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 3.- Responsables.
1. Responderán solidariamente da obrigación de pagamento do prezo público, as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da LXT.
2. Serán responsables subsidiarios do pagamento os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades nos supostos que prevé o artigo 40 de LXT.
Artigo 4.- Cota.
a) 0,406 €/m3 por trimestre. Esta cantidade ten o caractrer de facturación mínima esixible.
b) 0,733 € /m3 pola auga consumida que supere o minimo citado no apartado anterior.
Artigo 5.- Nacemento da obrigación.
A obrigación de pagamento do prezo público xorde:
a) No caso do apartado 1 do artigo anterior, na data de presentación da solicitude de licencia de conexión á rede.
b) No caso do apartado 2 do artigo anterior, desque se realice a conexión á rede de suministración.
Artigo 6.- Declaración, liquidación e ingreso.
1. Os donos das vivendas e locais que se beneficien do servicio están obrigados a declararen as altas e baixas no censo de usuarios no prazo dun mes desque se produza a variación na titularidade ou na ocupación do inmoble. A declaración producirá efecto a partir da primeira liquidación que se realice despois da súa presentación.
3. As cotas do prezo público de suministración de auga corrente liquidaranse:
a) Cando se trate da conexión á rede de suministración, ó solicita-la licencia ou autorización municipal.
b) Nos outros casos, con periodicidade trimestral."