Muros - Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de subministración de auga corrente. Mancomunidade de augas Muros e Carnota.
Artigo 1.- Feito imponible.
Constitúe o feito imponible ou presuposto de aplicación do prezo público que regula esta ordenanza a prestación do servicio de suministración de auga corrente pola "Mancomunidade de auga dos concellos de Carnota e Muros.
Artigo 2.- Suxeito pasivo ou obrigado ó pagamento.
1. Están obrigados ó pagamento do prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei 230/1963, de 28 de decembro, xeral tributaria (en diante, LXT), seguintes:
a) Cando se trate da conexión á rede de suministración, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do inmoble.
b) Cando se trate da recepción do servicio, os ocupantes ou usuarios do inmoble beneficiario del, calquera que sexa o seu título (donos, usufructuarios, arrendatarios ou precaristas).
2. En calquera caso, o dono da vivenda ou local terá a natureza de substituto do ocupante ou usuario na obrigación do pagamento e poderá, se é o caso, repercuti-las cotas que satisfaga sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 3.- Responsables.
1. Responderán solidariamente da obrigación de pagamento do prezo público, as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da LXT.
2. Serán responsables subsidiarios do pagamento os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades nos supostos que prevé o artigo 40 de LXT.
Artigo 4.- Cota.
a) 0,406 €/m3 por trimestre. Esta cantidade ten o caractrer de facturación mínima esixible.
b) 0,733 € /m3 pola auga consumida que supere o minimo citado no apartado anterior.
Artigo 5.- Nacemento da obrigación.
A obrigación de pagamento do prezo público xorde:
a) No caso do apartado 1 do artigo anterior, na data de presentación da solicitude de licencia de conexión á rede.
b) No caso do apartado 2 do artigo anterior, desque se realice a conexión á rede de suministración.
Artigo 6.- Declaración, liquidación e ingreso.
1. Os donos das vivendas e locais que se beneficien do servicio están obrigados a declararen as altas e baixas no censo de usuarios no prazo dun mes desque se produza a variación na titularidade ou na ocupación do inmoble. A declaración producirá efecto a partir da primeira liquidación que se realice despois da súa presentación.
3. As cotas do prezo público de suministración de auga corrente liquidaranse:
a) Cando se trate da conexión á rede de suministración, ó solicita-la licencia ou autorización municipal.
b) Nos outros casos, con periodicidade trimestral."
TARIFAS
A Xunta da Mancomunidade de Auga dos Concellos de Carnota e Muros na xuntanza do 19 de decembro de 2011, acordou aprobar as tarifas do abastecemento de auga potable correspondente ao 2012. O dito acordo exponse ao público durante o prazo de un mes no BOP para os efectos de reclamacións e alegacións, transcorrido o cal sen que as houbera considerarase aprobado con carácter definitivo sen necesidade de adoptar ningún acordo.
Ano 2011 | (+3,0%) | Ano 2012 | |
DOMÉSTICO | |||
Mínimo: 45 m³/abon. trim. | 0,410 Eur/m³ | 0,422 Eur/m³ | |
Excesos: 0,740 Eur/m³ | 0,762 Eur/m³ | 0,762 Eur/m³ | |
COMERCIAL | |||
Mínimo: 45 m³/ abon. trim. | 0,410 Eur/m³ | 0,422 Eur/m³ | |
Excesos: 0,740 Eur/m³ | 0,762 Eur/m³ | 0,762 Eur/m³ | |
INDUSTRIAL E OBRAS | |||
Mínimo: 45 m³/ abon. trim. | 0,410 Eur/m³ | 0,422 Eur/m³ | |
Excesos: 0,740 Eur/m³ | 0,762 Eur/m³ | 0,762 Eur/m³ | |
2.-XESTIÓN DE COBRO A IMPAGADOS | |||
Cobro aos abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago | 3,90 Eur/ud. | 4,02 Eur/ud. | |
3.-DESPRECINTADO DE CONTADOR | |||
Polo desprecintado de contador | 17,16 Eur/ud. | 17,67 Eur/ud. | |
4.-CONEXIÓN Á REDE DE ABASTECEMENTO E PRECINTADO DE RACORES | |||
Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servizo | 17,16 Eur/ud. | 17,67 Eur/ud. | |
NOTA: todos os prezos veranse gravados co I.V.E. correspondente.
MANCOMUNIDADE MUROS - CARNOTA
PREZOS DE ACOMETIDAS E CONTADORES
ANO 2012
1.- Acometidas
Realízase o cálculo en base á acometida normal de 5,00 m de lonxitude máxima (1 a 5 m)
1.1.- MATERIAIS
- Collarín de toma
- Enlaces
- Tubería de P.E.: 1 a 5 m
- Chave de paso
- Arquetilla de fundición de 15 x 25
1.2.- OBRA CIVIL
- Arqueta para colocación de tapa de 15 x 25
- Lonxitude de gabia: máximo 5 m (apertura, peche e reposición de pavimento).
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia.
Ø Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa-beirarrúa (C) |
¿" | 188,62 | 242,78 | 289,12 |
1" | 205,23 | 259,01 | 304,80 |
1¿"-1¿" | 246,89 | 301,23 | 347,01 |
2" | 293,81 | 347,01 | 393,38 |
Incremento no prezo da acometida para lonxitudes superiores a 5 m.
Acometidas de máis de 5 m | ¿" | 1" | ¿"-1¿" | 2" |
(A) incremento Eur. por m. | 9,20 | 10,79 | 15,38 | 25,81 |
(B) incremento Eur. por m. | 20,28 | 21,88 | 26,46 | 36,88 |
(C) incremento Eur. por m. | 24,39 | 25,89 | 30,50 | 40,92 |
2.- Contadores
2.1.- CONTADOR DE 15 MM.
- Instalación en batería de contadores ou similar
- Contador de 15 mm.
- Válvula antiretorno
- Pezas de conexión
TOTAL 74,85 Eur/ud. 77,10 Eur/ud.
2.2.- CONTADOR DIÁMETRO SUPERIOR A 15 MM.
Farase un presuposto para cada caso.
2.3.- TARIFA DE CONTADORES (sen colocación)
TARIFA DE CONTADORES (sin colocación) | ||
Ø15 mm. | 55,65 | Eur/ud |
Ø20 mm. | 77,32 | Eur/ud |
Ø25 mm. | 125,93 | Eur/ud |
Ø30 mm. | 176,04 | Eur/ud |
Ø40 mm. | 272,86 | Eur/ud |
Ø50 mm. | 596,27 | Eur/ud |
Ø65 mm. | 739,18 | Eur/ud |
NOTA: todos os prezos veranse gravados co I.V.E. correspondente.
A XUNTA DA MANCOMUNIDADE DE AUGAS DE CARNOTA E MUROS celebrada o día 28 Novembro do 2012 aprobou provisionalmente a modificación dos tipos impositivos vixentes desta Ordenanza Fiscal:
- Actualización do 2,7 % de incremento para o 2013 das tarifas vixentes , de acordo co I.P.C. interanual.
DOMESTICO | Mínimo 45 m3/tri. | 0,433 €/m3 |
Exceso | 0,783 | |
COMERCIAL | Mínimo 45 m3/tri. | 0,433 €/m3 |
Exceso | 0,783 | |
INDUSTRIAL / OBRAS | Mínimo 45 m3/tri. | 0,433 €/m3 |
Exceso | 0,783 |