Muros - Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de subministración de auga corrente. Mancomunidade de augas Muros e Carnota.
Artigo 1.- Feito imponible.
Constitúe o feito imponible ou presuposto de aplicación do prezo público que regula esta ordenanza a prestación do servicio de suministración de auga corrente pola "Mancomunidade de auga dos concellos de Carnota e Muros.
Artigo 2.- Suxeito pasivo ou obrigado ó pagamento.
1. Están obrigados ó pagamento do prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei 230/1963, de 28 de decembro, xeral tributaria (en diante, LXT), seguintes:
a) Cando se trate da conexión á rede de suministración, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do inmoble.
b) Cando se trate da recepción do servicio, os ocupantes ou usuarios do inmoble beneficiario del, calquera que sexa o seu título (donos, usufructuarios, arrendatarios ou precaristas).
2. En calquera caso, o dono da vivenda ou local terá a natureza de substituto do ocupante ou usuario na obrigación do pagamento e poderá, se é o caso, repercuti-las cotas que satisfaga sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 3.- Responsables.
1. Responderán solidariamente da obrigación de pagamento do prezo público, as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da LXT.
2. Serán responsables subsidiarios do pagamento os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades nos supostos que prevé o artigo 40 de LXT.
Artigo 4.- Cota.
a) 0,406 €/m3 por trimestre. Esta cantidade ten o caractrer de facturación mínima esixible.
b) 0,733 € /m3 pola auga consumida que supere o minimo citado no apartado anterior.
Artigo 5.- Nacemento da obrigación.
A obrigación de pagamento do prezo público xorde:
a) No caso do apartado 1 do artigo anterior, na data de presentación da solicitude de licencia de conexión á rede.
b) No caso do apartado 2 do artigo anterior, desque se realice a conexión á rede de suministración.
Artigo 6.- Declaración, liquidación e ingreso.
1. Os donos das vivendas e locais que se beneficien do servicio están obrigados a declararen as altas e baixas no censo de usuarios no prazo dun mes desque se produza a variación na titularidade ou na ocupación do inmoble. A declaración producirá efecto a partir da primeira liquidación que se realice despois da súa presentación.
3. As cotas do prezo público de suministración de auga corrente liquidaranse:
a) Cando se trate da conexión á rede de suministración, ó solicita-la licencia ou autorización municipal.
b) Nos outros casos, con periodicidade trimestral."
TARIFAS
DOMÉSTICO
Mínimo: 45 m³ / abon. trim. 0,410 Eur/m³
Excesos: 0,740 Eur/m³
COMERCIAL
Mínimo: 45 m³/ abon.trim. 0,410 Eur/m³
Excesos: 0,740 Eur/m³
INDUSTRIAL E OBRAS
Mínimo: 45 m³/ abon. trim. 0,410 Eur/m³
Excesos: 0,740 Eur/m³
2.-XESTIÓN DE COBRO A IMPAGOS
Cobro aos aboados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago: 3,90 Eur/ud.
3.- DESPRECINTADO DE CONTADOR
Por desprecintado de contador: 17,16 Eur/ud.
4.- CONEXIÓN Á REDE DE ABASTECEMENTO E PRECINTADO DE RACORES
Pola conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servizo: 17,16 Eur/ud.
Tódolos prezos veranse gravados co IVE correspondente.
PREZOS DE ACOMETIDAS E CONTADORES ANO 2.011
1.- Acometidas
Realizase o cálculo en base á acometida normal de 5,00 m. de lonxitude máxima (1 a 5 m.).
1.1.- MATERIAIS
- Collarín de toma
- Enlaces
- Tubaria de P.E..: 1 a 5 m.
- Chave de paso
- Arquetilla de fundición de 15 x 25
1.2.- OBRA CIVIL
- Arqueta para a colocación de tapa de 15 x 25
- Lonxitude de zanxa: máximo 5 m. (apertura, cerre e reposición de pavimento).
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na zanxa.
ØAcometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa-acera (C) |
¿ ¿ | 183,13 | 235,71 | 280,70 |
1 ¿ | 199,25 | 251,47 | 295,92 |
1 ¿ ¿- 1 ¿ ¿ | 239,70 | 292,46 | 336,90 |
2 ¿ | 285,25 | 336,90 | 381,92 |
Incremento no prezo da acometida para lonxitudes superiores a 5 m.
Acometidas de máis de 4 m. | ¿ ¿ | 1 ¿ | 1 ¿ ¿- 1 ¿ ¿ | 2 ¿ |
(A) incremento Eur. por m. | 8,93 | 10,48 | 14,93 | 25,06 |
(B) incremento Eur. por m. | 19,69 | 21,24 | 25,69 | 35,81 |
(C) incremento Eur. por m. | 23,68 | 25,14 | 26,61 | 39,73 |
2.- Contadores:
- Instalación en batería de contadores ou similar
- contador de 13 mm.
- Válvula antiretorno
- Pezas de conexión
----------------
TOTAL 74,85 Eur/ud.
2.2.- CONTADOR DIAMETRO SUPERIOR A 13 MM.
Farase un presuposto para cada caso.
2.3.-TARIFA DE CONTADORES (sen colocación)
Ø13 mm. 54,03 Eur/ud
Ø15 mm. 61.49 Eur/ud
Ø20 mm. 75,07 Eur/ud
Ø25 mm. 122,26 Eur/ud
Ø30 mm. 170,91 Eur/ud
Ø40 mm. 264,91 Eur/ud
Ø50 mm. 578,90 Eur/ud
Ø65 mm. 717,65 Eur/ud
Tódolos prezos veranse gravados co IVE correspondente.