Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

Publicación provisional: BOP Nº: 00
Publicación definitiva: BOP Nº: 00
Aplicable dende: 01/01/1971

Artigo 1º.- Concepto.

No uso das facultados concedidas polos artigos 133.2 e 142 da CE e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 24 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo ás normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.

Artigo 2º.- Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento das taxas reguladas nesta Ordenanza as persoas ou entidade que utilicen as instalacións deportivas municipais.

Artigo 3º.- Contía.

  1. A contía das taxas reguladas nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.

  2. Tarifas.

    1. Entrada á piscina: 0,60 euros por persoa.

    2. Abono mensual piscina: 10 euros por persoa.

    3. Abono temporada piscina: 20 euros por persoa.

    4. Cursiños natación: 5 euros por persoa.

    5. Utilización pavillón polideportivo: 6 euros/hora.

    6. Liga fútbol-sala (inverno): 150 euros por equipo.

    7. Escolas deportivas: 25 euros por persoa; 22 euros por persoa cando haxa máis dun membro da mesma familia; 18 euros por persoa cando haxa máis de dous membros da mesma familia.

    8. Ximnasia de mantemento: 36 euros por persoa.

    9. Campamentos: 25 euros por persoa; 20 euros por persoa cando haxa máis dun membro da mesma familia.

Artigo 4º.- Exencións e bonificacións.

  1. Non están suxeitos a esta taxa aquelas utilizacións correspondentes a competicións organizadas ou patrocinadas por iniciativa do Concello de Negreira.

  2. A Xunta de Goberno Local poderá conceder exencións ou bonificacións desta taxa no caso de utilización das instalacións para a celebración de actos organizados con fins benéficos.

As persoas ou entidades interesadas na obtención da devandita exención ou bonificación deberán solicitalas por escrito con anterioridade á celebración das actividades, acreditando abondo as circunstancias que concorran na súa pretensión.

Artigo 5º.- Devengo, liquidación e ingreso.

  1. No caso xeral de utilización individualizada das instalacións deportivas municipais fundiranse nun só intre procedimental as fases de devengo, liquidación e pago da taxa. Dito intre procedimental producirase cando a persoa manifeste a súa pretensión de utilizar as referidas instalacións.

  2. No caso de solicitude por colectivos para a utilización nun momento posterior, o devengo e a liquidación produciranse coa autorización da Alcaldía. O pago, que se efectuará con anterioridade á utilización efectiva, realizarase na Tesourería municipal.

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte o da súa íntegra publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.