Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de servizos deportivos municipais
Artigo 1º.- Concepto.
Artigo 2º.- Obrigados ó pagamento.
Artigo 3º.- Contía.
Artigo 3º.- Contía.
1. A contía das taxas reguladas nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. Tarifas, (excepto piscina municipal climatizada):
a. Entrada á piscina: 1,00 euros por persoa.
b. Abono mensual piscina: 10 euros por persoa.
c. Abono temporada piscina: 20 euros por persoa.
d. Abono familiar de temporada: 30 euros (ata 4 persoas - pais e fillos)
e. Abono familiar de temporada, familia numerosa: 40 € (+4 persoas)
f. Cursiños natación: 8 euros por persoa.
g. Utilización pavillón polideportivo: 8 euros/hora.
h. Liga fútbol-sala (inverno): 250 euros por equipo.
i. Escolas deportivas: 40 euros por persoa; 35 euros por persoa cando haxa máis dun membro da mesma familia; 30 euros por persoa cando haxa máis de dous membros da mesma familia.
j. Ximnasia de mantemento: 50 euros por persoa.
k. Campamentos: 60 euros por persoa; 55 euros por persoa cando haxa máis dun membro da mesma familia.
l. Ximnasia da 3ª idade: 40 euros por persoa.
m. Utilización campo de fútbol de herba artificial de Cepelo: 50 euros/hora.
n. Utilización das pistas de tenis: 2 euros/hora.
3. Tarifas da piscina municipal climatizada
CONCEPTO | COTA 2013 | |
CLIENTE | ||
ABONADO | NON ABONADO | |
MATRÍCULA | ||
Matrícula abonado | 26,50 | |
ABONO Tarimas mensuais | ||
Abono familiar | 33,00 | |
Abonado individual adulto | 26,50 | |
Abonado individual adulto matinal | 18,00 | |
Colectivos desfavorecidos | 19,50 | |
Abonado xoven (menos de 18 anos),maiores de 65 e xubilados | 19,50 | |
ENTRADAS LIBRES | ||
Entrada ADULTO | 4,50 | |
Entrada MAIORES 65 ANOS, XUBILADOS e MENORES DE 18 | 3,00 | |
BONOS (1 MES DE VALIDEZ) | ||
Bono 10 sesións ADULTO | 27,00 | |
Bono 10 sesións MAIORES 65 ANOS, XUBILADOS e MENORES DE 18 | 20,00 | |
CURSOS NATACIÓN Tarifas mensuais | ||
INFANTIL Curso 1 día por semana | 6,70 | 12,00 |
INFANTIL Curso 2 días por semana | 13,30 | 23,90 |
INFANTIL Curso 3 días por semana | 21,20 | 39,00 |
ADULTO Curso 1 día por semana | 8,00 | 15,00 |
ADULTO Curso 2 días por semana | 15,90 | 27,00 |
ADULTO Curso 3 días por semana | 23,90 | 41,00 |
BEBÉS un día a la semana | 5,00 | 10,00 |
CURSOS SECO | ||
1 día/semana (excepto Ioga e Contacto) | 6,00 | 12,00 |
2 días/semana (excepto Ioga e Contacto) | 12,00 | 23,00 |
3 días/semana (excepto Ioga e Contacto) | 17,90 | 35,80 |
Mantemento 1 día/semana | 5,40 | 10,70 |
Mantemento 2 días/semana | 10,70 | 21,30 |
Ioga 2 días/semana | 18,00 | 29,00 |
Contacto 2 días semana | 18,00 | 29,00 |
Artigo 4º.- Exencións e bonificacións.
1. Non están suxeitos a esta taxa aquelas utilizacións correspondentes a competicións organizadas ou patrocinadas por iniciativa do Concello de Negreira.
2. A Xunta de Goberno Local poderá conceder exencións ou bonificacións desta taxa no caso de utilización das instalacións para a celebración de actos organizados con fins benéficos.
As persoas ou entidades interesadas na obtención da devandita exención ou bonificación deberán solicitalas por escrito con anterioridade á celebración das actividades, acreditando abondo as circunstancias que concorran na súa pretensión.
Artigo 5º.- Devengo, liquidación e ingreso.
1. No caso xeral de utilización individualizada das instalacións deportivas municipais fundiranse nun só intre procedimental as fases de devengo, liquidación e pago da taxa. Dito intre procedimental producirase cando a persoa manifeste a súa pretensión de utilizar as referidas instalacións.
2. No caso de solicitude por colectivos para a utilización nun momento posterior, o devengo e a liquidación produciranse coa autorización da Alcaldía. O pago, que se efectuará con anterioridade á utilización efectiva, realizarase na Tesourería municipal.