Valdoviño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola rede de sumidoiros

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 12/05/2009 BOP Nº: 106
Aplicable dende: 12/05/2009

Articulo 5.º .-Cuota tributaria

Cuota tributaria

4. En todo caso, as tarifas aplicables serán as seguintes:
I. SERVIZO DE REDE DE SUMIDOIROS.
A) Vertidos á rede xeral:
a) Ata a cantidade de 36 m³ de auga consumida, mínimo consumo e sexa calquera a cantidade utilizada sempre que non supere esta o mínimo: 0,20 euros/m³.
b) Por cada m³ de auga consumidos sobre o mínimo anterior: 0,26 euros/m³.
II. ACOMETIDAS DE SANEAMIENTO.
Establécense as siguientes tarifas para as acometidas de saneamento, segundo o seguinte detalle:
ACOMETIDAS DE SANEAMENTO ATA 4 METROS DE LONXITUDE DE 160/200 MM
Euros
Unidade base (en terra)
273,82
Prolongación de acometida/ml
67,93
Demolición e reposición en asfalto/ml
18,84
Demolición e reposición en formigón/ml
33,60
Demolición e reposición en beirarrúa/ml
36,87
Os prezos anteriores son de aplicación a acometidas inferiores a 10 metros. Para lonxitudes superiores efectuarase, por parte do Servizo de Augas, un orzamento con respecto ao cal será preceptivo o acordo do abonado.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa conforme ao disposto no artigo 17.4 TRLRHL".