Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 2, reguladora da taxa por recollida de lixo

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/12/2007 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1. Fundamento e réxime

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Régime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, o concello de Vimianzo establece a taxa por recollida domiciliaria de lixo ou residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos, a que se refire o artigo 20.4 s) do citado decreto, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal cuxas normas atenden ao prevenido no artigo 59 do RDL aludido.

Artigo 2. Feito impoñible

1. O feito impoñible ven determinado pola prestación do servizo de recollida de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos donde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos.
2. O servizo de recollida de lixos domiciliarios será de recepción obrigatoria para aquelas zonas ou rúas onde se preste e a súa organización e funcionamento subordinarase ás normas que dicte o Concello para a súa regulamentación.
3. Entenderase realizada a prestación do servizo naqueles lugares que se atopen nun radio non superior a 250 metros de distancia do contedor ou punto de recollida máis preto.
4. Asímesmo, considérase realizado o feito impoñible naquelas vivendas que dispoñan de auga potable ou outro subministro e nos establecementos onde se exerzan actividades económicas, susceptibles de seren obxecto de gravame polo IAE ou outros tributos, sempre que exista apariencia exterior de realización de actividade económica.

Artigo 3. Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que ocupen ou utilicen vivendas ou locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario, usufructuario, habitacionista, arrendatario, precario, ou calquera outro título.
2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, de se-lo caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios das vivendas e/ou locais, beneficiarios do servizo.

Artigo 4. Responsables

1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tóda-las sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consintirán no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimiento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

Artigo 5. Devengo

1. Nace a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servizo. Enténdese iniciada a prestación do servizo, dada a natureza de recepción obrigatoria deste, cando estea establecido e posto en funcionamento o servizo municipal de recollida do lixo domiciliario nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.

Artigo 6. Base impoñible e liquidable

A base impoñible estará constituída pola clase e natureza de cada centro productor do lixo: Vivenda, restaurante, bar, cafeterías e locais comerciais ou industriais. A estos efectos considerarase como lixo todo residuo ou detrito, embalaxes, recipientes ou envoltorios de alimentos, vestidos, calzados, etc., así como o producto da limpeza dos pisos ou vivendas e as das mesmas clases de comercios e industrias, excluíndose os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritos humanos, ou calquera outra materia, da que a recollida ou vertido esixa especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

Artigo 7. Cota tributaria

As cotas anuais a aplicar serán as seguintes:
RECOLLIDA DE LIXO
Euros / ano
 
EPÍGRAFES
2 días/semana
3 días ou mais / semana
Vivendas
Recollida
29,70
55,20
Cafeterias
Recollida
120,00
170,00
Bares, tabernas,¿
Recollida
120,00
170,00
Restaurantes
Ata 150 m2
130,00
170,00
De 151 a 300m2
160,00
220,00
De 301 a 500m2
200,00
325,00
De mais de 501 m2
400,00
495,00
Supermercados
Ata 150 m2
170,00
195,00
De 151 a 300m2
195,00
275,00
De mais de 300 m2
295,00
495,00
Tendas e comercio xeral
Recollida
125,00
150,00
Pubs, Whisquerías e clubs
Recollida
190,00
220,00
Salons de baile, discotecas, cines e similares
Recollida
300,00
500,00
Hoteis, hostais, e similares
Hoteis e hostais
180,00
200,00
Casas de hospedaxe e analogos
140,00
170,00
Despachos profesionais e aseguradoras
Recollida
130,00
150,00
Entidades financeiras
Recollida
500,00
500,00
Farmacias e parafarmacias e similares
Recollida
195,00
195,00
Almacéns e industrias, talleres e similares
Almacéns e industrias ata 300m2
140,00
180,00
Almacéns e industrias de 301 ata 600 m2
180,00
230,00
Almacéns e industrias de 601 ata 900 m2
250,00
300,00
Almacéns e industrias de mais de 901 m2
400,00
550,00
Talleres ata 300m2
135,00
165,00
Talleres de 301 ata 600 m2
175,00
220,00
Talleres de 601 ata 900 m2
245,00
295,00
Talleres de mais de 901 m2
290,00
320,00
Centros de ensino privado
Recollida
120,00
170,00
Outros
Gasolineiras
195,00
224,00
Tanatorios
180,00
250,00
Matadoiros
295,00
295,00
Outros non clasificados
150,00
190,00
No caso de despachos profesionais, e no suposto de que a oficina ou despacho estea na mesma vivenda sen separación, aplicarase unicamente para as duas a tarifa de despacho profesional.
As cotas sinaladas nas tarifas teñen carácter irreducible e corresponde a un ano.

Artigo 8. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables

De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei, así como aqueles que, sendo beneficiarios do servizo, se atopen en situación de exclusión social, previo informe dos servizos sociais municipais, os cales terán unha bonificación do 100%.

Artigo 10. Prazos e forma de declaración e ingresos

Tódalas persoas obrigadas ó pago deste tributo, deberán presentar no prazo de trinta días na Administración Municipal, declaración das vivendas ou establecementos que ocupen, mediante escrito dirixido ó Sr. Presidente da Corporación. Transcurrido dito prazo sen presentar a declaración, a Administración sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente matrícula do tributo.

Artigo 11. Período impositivo.

O período impositivo comprenderá o ano natural e devengarase o 1 de xaneiro de cada ano, agás nos supostos de inicio ou cese no servizo, caso no cal prorratearase a cota por trimestres naturais.

Artigo 12. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, se a súa publicación definitiva no BOP se produce antes do 1 de xaneiro de dito ano, e senon o día seguinte da súa publicación.