Vimianzo - ORDENANZA FISCAL NÚM. 2, REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

Publicación provisional: 18/11/2015 BOP Nº: 221
Publicación definitiva: 30/12/2015 BOP Nº: 249
Aplicable dende: 01/01/2016

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E RÉXIME

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, o concello de Vimianzo establece a taxa por recollida domiciliaria de lixo ou refugallo sólido urbano, tratamento e eliminación dos mesmos, aos que se refire o artigo 20.4 s) do citado decreto, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal cuxas normas atenden ao previsto no artigo 59 do RDL aludido.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

1. O feito impoñible vén determinado pola prestación do servizo de recollida de lixos domiciliarios e refugallo sólido urbano de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos.

2. O servizo de recollida de lixo domiciliario será de recepción obrigatoria para aquelas zonas ou rúas onde se preste e a súa organización e funcionamento e subordinarase ás normas que dite o concello para a súa regulamentación.

3. Entenderase realizada a prestación do servizo naqueles lugares que se atopen nun radio non superior a 250 metros de distancia do colector ou punto de recollida máis cercano.

4. Asimesmo, considérase realizado o feito impoñible naquelas vivendas que dispoñan de auga potable ou outro subministro e nos establecementos onde se exerzan actividades económicas, susceptibles de seren obxecto de gravame polo IAE ou outros tributos, sempre que exista aparencia exterior de realización de actividade económica.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que ocupen ou utilicen vivendas ou locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario, usufrutuario, habitacionista, arrendatario, precario, ou calquera outro título.

2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, de ser o caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios/as das vivendas e/ou locais, beneficiarios/as do servizo.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

1. Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, todas as sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias das ditas entidades.

3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consintirán no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Do mesmo xeito, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.

4. Serán responsables subsidiarios/as os/as síndicos/as, interventores/as ou liquidadores/as de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias devindicadas con anterioridade ás ditas situacións e que sexan imputables aos respectivos suxeitos pasivos.

ARTIGO 5. DEVINDICACIÓN

1. Nace a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servizo. Enténdese iniciada a prestación do servizo, dada a natureza de recepción obrigatoria deste, cando estea establecido e posto en funcionamento o servizo municipal de recollida do lixo domiciliario nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.

ARTIGO 6. BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE

A base impoñible estará constituída pola clase e natureza de cada centro produtor do lixo: vivenda, restaurante, bar, cafeterías e locais comerciais ou industriais. A estes efectos considerarase como lixo todo refugallo ou detrito, embalaxes, recipientes ou envoltorios de alimentos, vestidos, calzados, etc., así como o produto da limpeza dos pisos ou vivendas e as das mesmas clases de comercios e industrias, excluíndose os refugallos de tipo industrial, cascallo de obras, detritos humanos, ou calquera outra materia, da que a recollida ou vertedura esixa especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

ARTIGO 7. COTA TRIBUTARIA

As cotas anuais que se aplicarán serán as seguintes:

RECOLLIDA DE LIXO

Euros / ano

EPÍGRAFES

2 días/semana

3 días ou máis / semana

Vivendas

Recollida

29,70

55,20

Cafetarias

Recollida

120,00

170,00

Bares, tabernas,¿

Recollida

120,00

170,00

Restaurantes

Ata 150 m2

130,00

170,00

De 151 a 300m2

160,00

220,00

De 301 a 500m2

200,00

325,00

De máis de 501 m2

400,00

495,00

Supermercados

Ata 150 m2

170,00

195,00

De 151 a 300m2

195,00

275,00

De máis de 300 m2

295,00

495,00

Tendas e comercio xeral

Recollida

125,00

150,00

Pubs, güisquerías e clubes

Recollida

190,00

220,00

Salóns de baile, discotecas, cinemas e similares

Recollida

300,00

500,00

Hoteis, hostais, e similares

Hoteis e hostais

180,00

200,00

Casas de hospedaxe e análogos

140,00

170,00

Oficinas, despachos profesionais e aseguradoras

Recollida

130,00

150,00

Entidades financeiras

Recollida

500,00

500,00

Farmacias e parafarmacias e similares

Recollida

195,00

195,00

Almacéns e industrias, talleres e similares

Almacéns e industrias ata 300m2

140,00

180,00

Almacéns e industrias de 301 ata 600 m2

180,00

230,00

Almacéns e industrias de 601 ata 900 m2

250,00

300,00

Almacéns e industrias de máis de 901 m2

400,00

550,00

Talleres ata 300m2

135,00

165,00

Talleres de 301 ata 600 m2

175,00

220,00

Talleres de 601 ata 900 m2

245,00

295,00

Talleres de máis de 901 m2

290,00

320,00

Centros de ensino privado

Recollida

120,00

170,00

Outros

Gasolineiras

195,00

224,00

Tanatorios

180,00

250,00

Matadoiros

295,00

295,00

Outros non clasificados

150,00

190,00

No caso de despachos profesionais, e no suposto de que a oficina ou despacho estea na mesma vivenda sen separación, aplicarase unicamente para as dúas a tarifa de despacho profesional.

As cotas sinaladas nas tarifas teñen carácter irreducible e corresponde a un ano.

ARTIGO 8. EXENCIÓNS, REDUCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario ningún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei, así coma aqueles que, sendo beneficiarios do servizo, se atopen en situación de exclusión social, previo informe dos servizos sociais municipais, os cales terán unha bonificación do 100%.

ARTIGO 9. PRAZOS E FORMA DE DECLARACIÓN E INGRESOS

Todas as persoas obrigadas ao pagamento deste tributo, deberán presentar no prazo de trinta días na Administración Municipal, declaración das vivendas ou establecementos que ocupen, mediante escrito dirixido ao Sr. Presidente da Corporación. Transcorrido o dito prazo sen presentar a declaración, a administración, sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente matrícula do tributo.

ARTIGO 10. PERÍODO IMPOSITIVO

O período impositivo comprenderá o ano natural e devindicarase o 1 de xaneiro de cada ano, agás nos supostos de inicio ou cesamento no servizo, caso no cal se rateará a cota por trimestres naturais.

ARTIGO 11. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente, e publicado o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2016, se a súa publicación definitiva no BOP se produce antes do 1 de xaneiro de dito ano, e senón ao día seguinte da súa publicación.