Pontedeume - Ordenanza fiscal núm. 29, reguladora da taxa pola prestación do servicio da escola infantil municipal Chalet Rosa

Publicación provisional: 07/02/2003 BOP Nº: 31
Publicación definitiva: 07/02/2003 BOP Nº: 31
Aplicable dende: 15/07/2009

Artigo 1.-Fundamento legal

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, o Concello de Pontedeume establece a taxa pola prestación do servicio da escola infantil municipal "Chalet Rosa", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio da escola infantil municipal.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais, titores, ou calquera outro representante legal.

Artigo 4.-Responsables

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.-Estimación das rendas, tarifas, descontos e exencións.

Este baremo adáptase ó publicado pola Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude a través do Decreto 70//2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes da dita Consellería (DOG número 52, do mércores 13 de marzo de 2002), que rexeán mentres non existan modificacións posteriores e que serán os seguintes:

- Prezo base/mes por asistencia : 110 euros mensuais.

- O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 13,75 euros/mes.

- O Decreto 70/2002 sinala unicamente os prezos por asistencia en horario completo; os ratios por horario reducido obtéñense con aplicacións porcentuais.

Artigo 6.-Base impoñible e cota tributaria

6.2. A cota tributaria calcularáse coas seguintes tarifas máximas:

6.2.1. Prezo por asistencia

CURSO 2008-2009

RPC/ mes

REDUCCIÖNS

Xornada completa

(8 horas)

Xornada de mañá

(6 horas)

Xornada de tarde

(6 horas)

Xornada de tarde

(4 horas)

Horario ampliado

(por hora)

Matrícula/ano

Comedor

Inferior ó 30% do SMI*: -180 €

100%

0 €

0 €

0 €

0 €

0 €

60 €

0 €

Entre o 30% e o 50% do SMI: 180 - 300 €

100%

0 €

0 €

0 €

0 €

6,87 €

60 €

16,50 €

Entre o 50% e o 75% do SMI: 300 - 450 €

70%

33 €

26,40 €

26,40 €

16,50 €

6,87 €

60 €

16,50 €

Entre o 75% e o 100% do SMI: 450 - 600 €

40%

66 €

52,80 €

52,80 €

33 €

6,87 €

60 €

16,50 €

Entre o 100% e o 150% do SMI: 600 - 900 €

10%

99 €

79,20 €

79,20 €

49,50 €

13,75 €

90 €

33 €

Superior ó 150% do SMI: + 900 €

0%

110 €

88 €

88 €

55 €

13,75 €

90 €

33 €

Salario mínimo interprofesional vixente: 600 € ano 2008

Descontos contemplados: 20% no caso de familia monoparental

20% no caso de familia numerosa

20% no caso de máis de un irmán na escola infantil

30% no caso de parto xemelar

- A matrícula será irreductible e se devengará ó inicio de cada curso escolar ou no momento de ingreso no cent ro.

-O prezo de cada hora complementaria en que se incremente o horario normal será de 2 euros (dous euros).

Artigo 7.-Retribución e período impositivo

A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servicio. O período impositivo coincide co ano natural, rateado por meses.

Artigo 8.-Liquidación, recadación e xestión

8.1. A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberán aboala os interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posibilidade de domicilia-los recibos.

8.2. Non se aboará a tarifa que corresponda ó mes de vacacións do neno. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.

8.3. A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual dende o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por cento.

A solicitude de suspensión da cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o señor alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.

Artigo 9.-Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.