Pontedeume - ORDENANZA FISCAL N.º 29, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CHALET ROSA

Publicación provisional: 07/02/2003 BOP Nº: 31
Publicación definitiva: 07/02/2003 BOP Nº: 31
Aplicable dende: 21/09/2017

Artigo 1.-Fundamento legal

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, o Concello de Pontedeume establece a taxa pola prestación do servicio da escola infantil municipal "Chalet Rosa", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio da escola infantil municipal.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais, titores, ou calquera outro representante legal.

Artigo 4.-Responsables

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.-Estimación das rendas, tarifas, descontos e exencións.

Este baremo reproduce/adáptase ás contías establecidas no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería (DOG n.º 17, do 25/01/2012), publicado pola Consellería de Traballo e Benestar, na súa redacción dada polo Decreto 91/2014, do 17 de xullo (DOG n.º 140-24/07/2014), os cales actualizaranse cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) no mes de xaneiro anterior ao do curso escolar en que se pretenda que produza efectos, mediante resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, do órgano de dirección competente en materia de familia e infancia.

Artigo 6.-Base impoñible e cota tributaria

1.- O prezo pola atención educativa en xornada completa na escola infantil fíxase en 164,01 euros.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reducións totais ou parciais.

a) Rendas inferiores ao 50% do IPREM redución do 100 por cento: 0 euros.

b) Rendas comprendidas entre o 50 e inferiores ao 75 por cento do IPREM: 33,83 euros.

c) Rendas comprendidas entre o 75 e inferiores ao 100 por cento do IPREM: 67,65 euros.

d) Rendas comprendidas entre o 100 e inferiores ao 125 por cento do IPREM: 108,65 euros.

e) Rendas comprendidas entre o 125 e inferiores ao 150 por cento do IPREM: 129,16 euros.

f) Rendas comprendidas entre o 150 e o 200 por cento do IPREM:142,49 euros.

g) Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM: 164,01 euros.

Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no cincuenta por cento do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita a unidade familiar.

2.- A cota tributaria dos servizos complementarios será a seguinte:

A) A cota do punto anterior incrementarase segundo os servizos dos que o/a neno/a sexa usuario:

a) Servizo de almorzo: 3,88 euros mensual

b) Servizo de xantar: 13,08 euros mensual

c) Servizo de merenda: 3,88 euros mensual

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar , sobre os prezos dos servizos anteriores aplicaranse as reducións que se especifican:

1.) Inferiores ao 30 por cento do IPREM: redución do 100 por cento

2.) Entre o 30 por cento e 100 por cento do IPREM: redución do 50 por cento.

d) Servizo de almorzo, xantar ou merenda por día solto: 1,24 euros.

O prezo de comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

e) Horario ampliado: con carácter excepcional os/as usuarios poderán ampliar a súa xornada educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade.

O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario de atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 20,50 euros.

O prezo da hora extraordinaria non estará suxeita a ningunha redución.

3. Aplicación dos prezos mensuais segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar:

a) Rendas inferiores ao trinta por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 0 €; sen servizo de comedor, 0 €.

b) Rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 16,91 €; sen servizo de comedor, 0 €.

c) Rendas comprendidas entre o 50 e inferiores ao 75 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 50,74 €; sen servizo de comedor, 33,83 €.

d) Rendas comprendidas entre o 75 e inferiores ao 100 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 93,28 €; sen servizo de comedor, 67,65 €.

e) Rendas comprendidas entre o 100 e inferiores ao 125 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 144,53 €; sen servizo de comedor, 108,65 €.

f) Rendas comprendidas entre 125 e inferiores ao 150 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 180,41 €; sen servizo de comedor, 129,16 €.

g) Rendas comprendidas entre o 150 e o 200 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 203,99 €; sen servizo de comedor, 142,49 €.

h) Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM.

Prezo da praza: con servizo de comedor, 235,77 €; sen servizo de comedor, 164,01 €.

4. Descontos.

A) Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no apartado anterior, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre si:

a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento.

b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por cento.

c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20 por cento.

Entenderase por familia numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da devindicación da declaración do IRPF.

5.- Exencións de pagamento

a) As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais gozarán de exención total de cota a partir da segunda filla ou fillo que acoda a mesma escola infantil

b) As familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda gozarán asimesmo da exención total da cota"

Documento asinado dixitalmente por D. Bernardo Fernández Piñeiro, Alcalde-Presidente, en Pontedeume a 18 de se-tembro de 2017.

Artigo 7.-Retribución e período impositivo

A taxa retribuirase cando se inicie a prestación do servicio. O período impositivo coincide co ano natural, rateado por meses.

Artigo 8.-Liquidación, recadación e xestión

8.1. A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberán aboala os interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posibilidade de domicilia-los recibos.

8.2. Non se aboará a tarifa que corresponda ó mes de vacacións do neno. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.

8.3. A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual dende o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por cento.

A solicitude de suspensión da cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o señor alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.

Artigo 9.-Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición final

Esta ordenanza fiscal, unha vez aprobada polo pleno do Concello de Pontedeume en sesión ordinaria do 30/10/2014, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse o 01/01/2015, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.