Cambre - Acordo regulador núm. 1, do prezo público por actividades culturais

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 06/08/2010 BOP Nº: 149
Aplicable dende: 07/08/2010

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

De acordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece prezos públicos por actividades culturais regulados pola presente ordenanza.

Artigo 2.º.-Concepto.

Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades mencionadas no artigo anterior.

Artigo 3.º.-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado nesta ordenanza, quen se beneficie das actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.

Artigo 4.º.-Contía.

1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a que fixe, en cada caso, o Pleno da corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e co artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

O Pleno da corporación ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local de acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo poderá fixar prezos públicos que non cubran o custo do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato estabelecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á cultura (artigo 44).

2. Reducións.

A contía dos prezos públicos aos que se refire este acordo, verase reducida na porcentaxe que se sinala en cada un dos supostos seguintes:

a) As persoas que acrediten formar familia numerosa, o 50% da cota en cada actividade.

b) Cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar, o 50% nas cotas correspondentes aos menores de idade integrantes dela.

c) As persoas con 55 anos ou máis, o 25% da cota.

d) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso dos menores de idade cando ambos proxenitores ou o titor do participante o acrediten, así como as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre, terán unha bonificación do 30% da cota. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia da tarxeta do paro actualizada.

e) Os posuidores do ¿carné xove" ou ¿carné propio da omix", terán unha bonificación do 20% da cota. Para obter a dita bonificación deberase entregar xunto coa solicitude copia do ¿carné xove", ou ¿carné propio da omix".

f) As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ao respecto, o 100% da cota.

3. As reducións reguladas no apartado anterior, só serán de aplicación a aquelas persoas empadroadas no municipio de Cambre, excepto os posuidores do ¿carné xove", e membros do voluntariado de Cambre, non sendo posible aplicar máis dunha delas. En caso de que unha das reducións aplicables, o sexa por ser a persoa pertencente o voluntariado de Cambre, á maior delas aplicaráselle unha redución acumulable do 10%.

Artigo 5.º.-Obriga do pagamento.

1. A obriga do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben se esixe o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Real decreto lexislativo 2/2004.

2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase previamente á autorización mediante domiciliación bancaria, que será obrigatoria.

3. No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do depósito constituído.

Artigo 6.º.-Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.