Cambre - Acordo regulador núm. 1, do prezo público por actividades culturais
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
De acordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece prezos públicos por actividades culturais regulados pola presente ordenanza.
Artigo 2.º.-Concepto.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades mencionadas no artigo anterior.
Artigo 3.º.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado nesta ordenanza, quen se beneficie das actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 4.º.-Contía.
1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a que fixe, en cada caso, o Pleno da corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e co artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.
O Pleno da corporación ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local de acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo poderá fixar prezos públicos que non cubran o custo do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato estabelecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á cultura (artigo 44).
2. Reducións.
A contía dos prezos públicos aos que se refire este acordo, verase reducida na porcentaxe que se sinala en cada un dos supostos seguintes:
a) As persoas que acrediten formar familia numerosa, o 50% da cota en cada actividade.
b) Cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar, o 50% nas cotas correspondentes aos menores de idade integrantes dela.
c) As persoas con 55 anos ou máis, o 25% da cota.
d) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso dos menores de idade cando ambos proxenitores ou o titor do participante o acrediten, así como as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre, terán unha bonificación do 30% da cota. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia da tarxeta do paro actualizada.
e) Os posuidores do ¿carné xove" ou ¿carné propio da omix", terán unha bonificación do 20% da cota. Para obter a dita bonificación deberase entregar xunto coa solicitude copia do ¿carné xove", ou ¿carné propio da omix".
f) As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ao respecto, o 100% da cota.
3. As reducións reguladas no apartado anterior, só serán de aplicación a aquelas persoas empadroadas no municipio de Cambre, excepto os posuidores do ¿carné xove", e membros do voluntariado de Cambre, non sendo posible aplicar máis dunha delas. En caso de que unha das reducións aplicables, o sexa por ser a persoa pertencente o voluntariado de Cambre, á maior delas aplicaráselle unha redución acumulable do 10%.
4. Os participantes nas actividades culturais que non figuren empadroados no municipio terán un suplemento do 50 por 100 da tarifa
Artigo 5.º.-Obriga do pagamento.
1. A obriga do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben se esixe o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Real decreto lexislativo 2/2004.
2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase previamente á autorización mediante domiciliación bancaria, que será obrigatoria.
3. No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do depósito constituído.
Artigo 6.º.-Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.
TARIFAS
| ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE ENCONTRO E LECER | TARIFA (€) | ||||||||||
| ACTIVIDADES ANUAIS | |||||||||||
| Reforzo cultural para adultos | 0 | ||||||||||
| Ximnasia de mantemento para a terceira idade (3 horas semanais) | 75 | ||||||||||
| Ximnasia de mantemento para a terceira idade (2 horas semanais) | 60 | ||||||||||
| Manualidades | 0 | ||||||||||
| Obradoiro relaxación e expresión corporal | 60 | ||||||||||
| Obradoiro de cociña | 60 | ||||||||||
| Obradoiro de pintura | 60 | ||||||||||
| Obradoiro corte e confección | 60 | ||||||||||
| Plástica | 60 | ||||||||||
| Obradoiro lúdico-cultural para nen@s | 0 | ||||||||||
| Outras actividades (obradoiro de memoria ou interculturalidade) | 0 | ||||||||||
| Hipoterapia para persoas con discapacidade | 10,00 €/hora | ||||||||||
| ACTIVIDADES CUADRIMESTRAIS | |||||||||||
| Obradoiro de informática para a terceira idade | 1 €/hora | ||||||||||
| Obradoiro de cociña | 45 | ||||||||||
| Obradoiro de fotografía dixital | 45 | ||||||||||
| ACTIVIDADES BIMENSUAIS | |||||||||||
| Curso de coidador de persoas dependentes | 0 | ||||||||||
| ACTIVIDADES MENSUAIS | |||||||||||
| Lecer estival para nenos con necesidades educativas especiais | 0 | ||||||||||
| OUTRAS ACTIVIDADES | |||||||||||
| Actividades anuais (3 horas semanais) | 75 | ||||||||||
| Actividades anuais (2 horas semanais) | 60 | ||||||||||
| Actividades anuais (1,5 horas semanais) | 52,5 | ||||||||||
| Actividades anuais (1 hora semanal) | 45 | ||||||||||
| Actividades cuadrimestrais (3 horas semanais) | 52,5 | ||||||||||
| Actividades cuadrimestrais (2 horas semanais) | 45 | ||||||||||
| Actividades cuadrimestrais (1,5 horas semanais) | 37,5 | ||||||||||
Actividades cuadrimestrais (1 hora semanal) 30,00
|
|||||||||||