Cambre - Acordo regulador núm. 1, do prezo público por actividades culturais

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 02/08/2011 BOP Nº: 146
Aplicable dende: 02/08/2011

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

De acordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece prezos públicos por actividades culturais regulados pola presente ordenanza.

Artigo 2.º.-Concepto.

Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades mencionadas no artigo anterior.

Artigo 3.º.-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado nesta ordenanza, quen se beneficie das actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.

Artigo 4.º.-Contía.

1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a que fixe, en cada caso, o Pleno da corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e co artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

O Pleno da corporación ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local de acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo poderá fixar prezos públicos que non cubran o custo do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato estabelecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á cultura (artigo 44).

2. Reducións.

A contía dos prezos públicos aos que se refire este acordo, verase reducida na porcentaxe que se sinala en cada un dos supostos seguintes:

a) As persoas que acrediten formar familia numerosa, o 50% da cota en cada actividade.

b) Cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar, o 50% nas cotas correspondentes aos menores de idade integrantes dela.

c) As persoas con 55 anos ou máis, o 25% da cota.

d) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso dos menores de idade cando ambos proxenitores ou o titor do participante o acrediten, así como as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre, terán unha bonificación do 30% da cota. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia da tarxeta do paro actualizada.

e) Os posuidores do ¿carné xove" ou ¿carné propio da omix", terán unha bonificación do 20% da cota. Para obter a dita bonificación deberase entregar xunto coa solicitude copia do ¿carné xove", ou ¿carné propio da omix".

f) As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ao respecto, o 100% da cota.

3. As reducións reguladas no apartado anterior, só serán de aplicación a aquelas persoas empadroadas no municipio de Cambre, excepto os posuidores do ¿carné xove", e membros do voluntariado de Cambre, non sendo posible aplicar máis dunha delas. En caso de que unha das reducións aplicables, o sexa por ser a persoa pertencente o voluntariado de Cambre, á maior delas aplicaráselle unha redución acumulable do 10%.

Artigo 5.º.-Obriga do pagamento.

1. A obriga do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben se esixe o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Real decreto lexislativo 2/2004.

2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase previamente á autorización mediante domiciliación bancaria, que será obrigatoria.

3. No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do depósito constituído.

Artigo 6.º.-Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

TARIFAS

ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE ENCONTRO E LECER

TARIFA (€)

ACTIVIDADES ANUAIS

Reforzo cultural para adultos

0,00

Ximnasia de mantemento para a terceira idade (3 horas semanais)

75,00

Ximnasia de mantemento para a terceira idade (2 horas semanais)

60,00

Manualidades

0,00

Obradoiro relaxación e expresión corporal

60,00

Obradoiro de cociña

60,00

Obradoiro de pintura

60,00

Obradoiro corte e confección

60,00

Plástica

60,00

Obradoiro lúdico-cultural para nen@s

0,00

Outras actividades (obradoiro de memoria ou interculturalidade)

0,00

Hipoterapia para persoas con discapacidade

10,00 €/hora

ACTIVIDADES CUADRIMESTRAIS

Obradoiro de informática para a terceira idade

1 €/hora

Obradoiro de cociña

45,00

Obradoiro de fotografía dixital

45,00

ACTIVIDADES BIMENSUAIS

Curso de coidador de persoas dependentes

0,00

ACTIVIDADES MENSUAIS

Lecer estival para nenos con necesidades educativas especiais

0,00

OUTRAS ACTIVIDADES

Actividades anuais (3 horas semanais)

75,00

Actividades anuais (2 horas semanais)

60,00

Actividades anuais (1,5 horas semanais)

52,50

Actividades anuais (1 hora semanal)

45,00

Actividades cuadrimestrais (3 horas semanais)

52,50

Actividades cuadrimestrais (2 horas semanais)

45,00

Actividades cuadrimestrais (1,5 horas semanais)

37,50

Actividades cuadrimestrais (1 hora semanal)

30,00