Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE
Art. 1º .-Fundamento legal.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, e ó abeiro do disposto nos artigos 20 e 58 da Lei 39/88 do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por subministro de auga potable, que se rexerá pola seguinte ordenanza fiscal.
Art. 2º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da presente taxa, o subministro da auga potable as vivendas, locais comerciais, industriais e análogos a través da rede municipal de abastecemento de auga.
Art. 3º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Así mesmo, terán a consideración de substituto do contribuínte os propietarios dos inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas abonadas sobre os respectivos beneficiarios.
Art. 4º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas que son causantes ou colaboran na realización da infracción tributaria, ás que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, no suposto e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Art. 5º .-Exencións, reducción e bonificacións.
De conformidade co disposto do artigo 18 da Lei 8/89, do 13 de abril, non se recoñece beneficio tributario algún, agás o propio Concello.
Art. 6º .-Base impoñible.
A base impoñible da presente taxa virá determinada por unha cota fixa máis unha cantidade por m3 de auga consumida.
Art. 7º .-Cota tributaria.
A cota tributaria referida a presente taxa é a seguinte:
A.-Servicio de subministro de auga potable:
A.1.-Abastecemento doméstico e comercial:
Cota fixa: 400 pesetas abonado e mes.
Por consumo: 25 pesetas m3 de auga consumida.
A.2.-Abastecemento industrial e obras:
Entenderase abastecemento industrial sempre que a auga sexa fundamental para o funcionamento da actividade.
Cota fixa: 500 pesetas abonado e mes.
Por consumo: 25 pesetas m3 de auga consumida.
A.3.-Cota de mantemento.
A cota de mantemento das acometidas de abastecemento , será de 40 ptas por mes e abonado.
As tarifas do artigo 7º -A incrementaranse co IVE vixente en cada momento.
As tarifas do artigo 7º -A incrementaranse anualmente con IPC correspondente.
B.-Realización de acometidas e enganches.
Ata unha lonxitude máxima de 5 metros, dende a rede de distribución ata o límite da parcela, a tarifa é a seguinte:
B.1.-Acometidas.
1.-Para o intervalo de anos 2001 a 2004 ambos inclusive 63.800 pesetas.
2.-Para o ano 2005 será de 75.400 pesetas.
3.-Para anos posteriores incrementarase co IPC anual correspondente.
B.2.-Enganches.
1.-Para edificios con unha soa vivenda, está incluído dentro do prezo da acometida.
2.-Para edificios con baixo e planta usados de forma independente e unha soa acometida:
a.-O primeiro enganche está incluído dentro do prezo da acometida.
b.-O segundo enganche 30.000 pesetas para o intervalo 2001 a 2004, en anos posteriores incrementarase co IPC anual correspondente.
3.-Para edificios con varias vivendas ou locais comerciais e unha soa acometida:
a.-Para o intervalo de anos 2001 a 2004, ambos inclusive, 30.000 pesetas por enganche.
b.-Para anos posteriores incrementarase co IPC anual correspondente.
B.3.- Acometidas que pasen de 5 metros.
Para as acometidas que pasen dos 5 metros, dende a rede de distribución ata o límite da parcela, os prezos antes reseñados veranse incrementados por metro, segundo o seguinte detalle, ata un máximo de 10 m., entre os dous tramos, a partir desta distancia farase un presuposto para cada caso, resultando o custe inferior o prezo unitario por metro.
Acometidas de máis de 5 m (entre 5 e 10 m) | 3/4" | 1" | 1 1/2" | 2" |
Tipo (a) incremento ptas por m | 1.212 | 1.423 | 2.030 | 3.401 |
Tipo (b) incremento ptas por m | 2.671 | 2.881 | 3.488 | 4.862 |
Tipo (c) incremento ptas por m | 3.217 | 3.413 | 4.019 | 5.393 |
Tipo (a): Acometida en terra.
Tipo (b): Acometida en asfalto.
Tipo (c): Acometida en beirarrúa.
Tipo (d): Acometida en roca con presuposto para cada caso.
B.4.-Para a realización das acometidas, no suposto de licencia ou autorización para acometidas á rede de abastecemento, coincidirá exactamente co importe do presuposto material da obra, presupostado pola empresa concesionaria do servicio e aprobado polo órgano municipal competente.
Para a realización das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga o material empregado será: tubo de P.E.B.D. en diferentes diámetros de: 3/4", 1", 1 1/2", e 2".
No caso de ter que realizar, unha acometida de diámetro superior, terase que facer un presuposto exclusivo para esa acometida.
Tódalas acometidas levarán como mínimo, unha chave de toma na beirarrúa, co seu correspondente rexistro e arqueta, e outra chave inmediatamente antes do contador.
Por cada vivenda unifamiliar só se realizará unha única acometida, tendo que ser distribuída a auga desde esta, a través dos correspondentes contadores para cada unha das vivendas e baixos de acordo ca orde do Ministerio de Industria do 9 de decembro de 1975.
No caso de vivendas de baixo e planta, poñerase dous contadores, sempre que o baixo sexa usado como vivenda independente ou se realicen actividades industriais.
En edificios con varias vivendas, a petición do promotor, poderase facer ata unha acometida por portal.
B.5.-Cambios de titular e taxa.
As seguintes tarifas son para o intervalo de anos 2001 a 2004.
1.-Por cada cambio de titular, previa autorización do Concello, 6.000 pesetas.
2.-Por taxas administrativas por tódolos conceptos 5.000 pesetas por contrato.
A partir do ano 2005 estes prezos veranse incrementados co IPC anual correspondente.
Art. 8º .-Contadores.
Os contadores serán propiedade dos abonados, no caso de adquirilo ó concesionario rexerán as seguintes tarifas.
8.1.-Instalación en batería de contador ou similar.
- Chave de paso.
- Válvula antirretorno.
- Pezas de conexión.
Prezo contador instalado.
- Contador de 13 mm: 10.568 pesetas/unidade.
- Contador de 15 mm: 11.751 pesetas/unidade.
- Contador de 20 mm: 15.512 pesetas/unidade.
8.2.-Instalación en hornacina de poliester.
Prezo contador instalado sobre parede de hornacina de poliester.
- Contador de 13 mm: 17.296 pesetas/unidade.
- Contador de 15 mm: 18.479 pesetas/unidade.
- Contador de 20 mm: 23.142 pesetas/unidade.
8.3.-Contadores de diámetro superiores a 20 mm:
Para contadores de diámetros superiores a 20 mm, confeccionarase un presuposto para cada caso.
8.4.-Tarifas de contadores sen colocación:
- Contador de 13 mm: 7.569 pesetas/unidade.
- Contador de 15 mm: 8.349 pesetas/unidade.
- Contador de 20 mm: 10.193 pesetas/unidade.
- Contador de 25 mm: 17.249 pesetas/unidade.
- Contador de 30 mm: 24.279 pesetas/unidade.
- Contador de 40 mm: 37.723 pesetas/unidade.
- Contador de 50 mm: 83.694 pesetas/unidade.
- Contador de 65 mm: 102.486 pesetas/unidade.
8.5.-Tarifas por colocación de contadores:
- Contador de 13 mm: 4.849 pesetas.
- Contador de 15 mm: 5.487 pesetas.
- Contador de 20 mm: 6.844 pesetas.
As tarifas reseñadas do artigo 7º -B e do artigo 8º teñen o I.V.E. incluído.
Art. 9º .-Devengo.
O devengo da presente taxa terá lugar cando naza a obriga de contribuír, segundo o establecido no artigo 2º .
A cota tributaria polo subministro, devéngase o primeiro día de cada trimestre natural. Nos casos de alta nace a obriga de contribuír igualmente no primeiro día do trimestre en que sexa realizada á acometida e o enganche.
10º .-Liquidación e recadación.
1.-As liquidacións polo subministro de auga potable serán aprobadas polo órgano competente do Concello o remate de cada trimestre natural, unha vez confeccionado o padrón correspondente polo concesionario do servicio, tendo en conta as lecturas dos contadores; as liquidacións serán expostas ó público por un período mínimo de quince días hábiles. Non será necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa declaración de alta, sen prexuízo da remisión do correspondente recibo con detalle da facturación.
O cobro dos recibos poderá ser:
a. Directamente das oficinas do concesionario do servicio.
b. Ou mediante xestión bancaria.
2.-A liquidación da cota tributaria pola acometida, será aprobada polo órgano competente do Concello simultaneamente ó outorgamento da licencia de enganche, baseándose do presuposto presentado pola empresa concesionaria do servicio, acorde cos prezos aprobados nesta ordenanza.
A recadación levarase a cabo pola empresa concesionario do servicio ó abeiro do disposto no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria. O prazo para o ingreso en voluntaria será o previsto no Regulamento Xeral de Recadación, artigo 20.
11º .-Infraccións e sancións.
En materia de infracción e as súas correspondentes sancións estarase ó disposto da Lei Xeral Tributaria, artigos 77 e seguintes, e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 29 de decembro do ano 2000; entrará en vigor unha vez sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse có primeiro trimestre do ano 2001; permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.