Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE
Art. 1º .-Fundamento legal.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, e ó abeiro do disposto nos artigos 20 e 58 da Lei 39/88 do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por subministro de auga potable, que se rexerá pola seguinte ordenanza fiscal.
Art. 2º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da presente taxa, o subministro da auga potable as vivendas, locais comerciais, industriais e análogos a través da rede municipal de abastecemento de auga.
Art. 3º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Así mesmo, terán a consideración de substituto do contribuínte os propietarios dos inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas abonadas sobre os respectivos beneficiarios.
Art. 4º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas que son causantes ou colaboran na realización da infracción tributaria, ás que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, no suposto e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Art. 5º .-Exencións, reducción e bonificacións.
De conformidade co disposto do artigo 18 da Lei 8/89, do 13 de abril, non se recoñece beneficio tributario algún, agás o propio Concello.
Art. 6º .-Base impoñible.
A base impoñible da presente taxa virá determinada por unha cota fixa máis unha cantidade por m3 de auga consumida.
Art. 7º .-Cota tributaria.
A. TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO
A.1. Doméstico e comercial:
¿ Cota fixa mensual: 4,025 €/ab. mes
¿ Por consumo: 0,250 €/m³
A.2. Industrial e obras:
¿ Cota fixa mensual : 5,034 €/ab. mes
¿ Por consumo: 0,250 €/m³
A.3.- Cota de conservación de acometidas de abastecemento
· Cota mensual: 0,408 €/ab. mes
B. REALIZACIÓN DE ACOMETIDAS E ENGANCHES
B.1. Prezo de acometidas de abastecemento
Prezo unitario
Acometida de 1": 501,92 €/ud.
Acometida de 1¿" 552,12 €/ud.
Acometida de 1¿" 607,35 €/ud.
Acometida de 2" 668,04 €/ud.
B.2. Taxa de enganche
Para edificios cunha soa vivenda está incluído no prezo da acometida.
Para edificios con baixo e planta usados de forma independente e unha soa acometida
O primeiro enganche está incluído dentro do prezo da acometida
O segundo enganche: 273,74 €.
Para edificios con varias vivendas ou locais comerciais e unha soa acometida
Por cada vivenda ou local comercial: 273,74 €.
B.3. Acometidas de maior lonxitude
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición que se vai realizar na gabia.
Para as acometidas de máis de 5 m (entre 5 e 10 m) terase un prezo por metro de exceso. Para maiores distancias farase un orzamento en cada caso, resultando o custo inferior ao prezo unitario por metro.
Acometidas de máis de 5 mts. | ¿" | 1" | 1¿" | 2" |
(A) incremento € por m. | 11,46 | 13,45 | 19,19 | 32,15 |
(B) incremento € por m. | 25,25 | 27,25 | 32,94 | 45,95 |
(C) incremento € por m. | 30,42 | 32,24 | 37,97 | 50,96 |
B.4. Cambio de titular e taxa de alta
1. Cambio do titular
Por cada cambio de titular, previa autorización do Concello: 54,77 €.
2. Taxa de alta
Por taxas administrativas por todos os conceptos: 45,64 €
B.5. Xestión de cobro a impagados
Cobro aos abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago: 4,93 €/ud
B.6.-Desprecintado de contador
Por desprecintado de contador: 22,21 €/ud.
B.7. Precintado de contador
Por revisión de instalación, precintado de racores, lectura inicial, de contadores non instalados por persoal do servizo: 22,21 €/ud.
B.8. Comprobación de contador do abonado con contador patrón
Por petición do abonado, comprobación da medición do seu contador con contador patrón: 22,21 €/ud.
Art. 8º .-Contadores.
CONTADORES
1.1. INSTALACIÓN EN BATERÍA DE CONTADOR OU SIMILAR
- Chave de paso
- Válvula antirretorno
- Pezas de conexión
- Prezo contador instalado
- Contador de 13 mm: 92,18 €/ud.
- Contador de 15 mm: 92,18 €/ud.
- Contador de 20 mm: 135,32 €/ud.
1.2. INSTALACIÓN EN FORNELA DE POLIÉSTER
- Prezo contador instalado sobre parede con fornela de poliéster
- Contador de 13 mm: 150,87 €/ud.
- Contador de 15 mm: 150,87 €/ud.
- Contador de 20 mm: 201,85 €/ud.
1.3. CONTADOR DIÁMETRO SUPERIOR A 20 MM.
Farase orzamento para cada caso.
1.4. TARIFA DE CONTADORES (sen instalación)
TARIFA DE CONTADORES | ||
(sen instalación) | ||
Ø13 mm. | 67,23 | €/ud |
Ø15 mm. | 67,23 | €/ud |
Ø20 mm. | 90,27 | €/ud |
Ø25 mm. | 152,74 | €/ud |
Ø30 mm. | 215,01 | €/ud |
Ø40 mm. | 334,06 | €/ud |
Ø50 mm. | 741,16 | €/ud |
Ø65 mm. | 907,54 | €/ud |
1.5. TARIFAS POR COLOCACIÓN DE CONTADORES (aparato subministrado polo abonado)
- Contador de 13 mm: 42,32 €/ud.
- Contador de 15 mm: 47,55 €/ud.
- Contador de 20 mm: 59,72 €/ud.
PREZO DE ACOMETIDA E CONTADORES
1. PREZO DE EXECUCIÓN DE ACOMETIDAS
1.1. Acometida normal
Realízase o cálculo para a acometida normal de 5,00 m de lonxitude máximo (1 a 5 m)
MATERIAIS
- Collarín de toma
- Enlaces
- Tubería de PEBD: 1 A 5 M
- Chaves de paso
- Arquetilla de 15x25
OBRA CIVIL
- Arqueta para colocación de tapa de 15x25
- Lonxitude máxima: 5 m (apertura, peche e reposición de pavimento)
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición que se debe realizar.
Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa-beirarrúa (C) |
¿" | 228,30 | 293,84 | 349,99 |
1" | 248,42 | 310,74 | 368,92 |
11/4" 1¿" | 298,85 | 364,62 | 420,09 |
2" | 355,61 | 420,09 | 476,15 |
Art. 9º .-Devengo.
O devengo da presente taxa terá lugar cando naza a obriga de contribuír, segundo o establecido no artigo 2º .
A cota tributaria polo subministro, devéngase o primeiro día de cada trimestre natural. Nos casos de alta nace a obriga de contribuír igualmente no primeiro día do trimestre en que sexa realizada á acometida e o enganche.
10º .-Liquidación e recadación.
1.-As liquidacións polo subministro de auga potable serán aprobadas polo órgano competente do Concello o remate de cada trimestre natural, unha vez confeccionado o padrón correspondente polo concesionario do servicio, tendo en conta as lecturas dos contadores; as liquidacións serán expostas ó público por un período mínimo de quince días hábiles. Non será necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa declaración de alta, sen prexuízo da remisión do correspondente recibo con detalle da facturación.
O cobro dos recibos poderá ser:
a. Directamente das oficinas do concesionario do servicio.
b. Ou mediante xestión bancaria.
2.-A liquidación da cota tributaria pola acometida, será aprobada polo órgano competente do Concello simultaneamente ó outorgamento da licencia de enganche, baseándose do presuposto presentado pola empresa concesionaria do servicio, acorde cos prezos aprobados nesta ordenanza.
A recadación levarase a cabo pola empresa concesionario do servicio ó abeiro do disposto no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria. O prazo para o ingreso en voluntaria será o previsto no Regulamento Xeral de Recadación, artigo 20.
11º .-Infraccións e sancións.
En materia de infracción e as súas correspondentes sancións estarase ó disposto da Lei Xeral Tributaria, artigos 77 e seguintes, e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 29 de decembro do ano 2000; entrará en vigor unha vez sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse có primeiro trimestre do ano 2001; permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.