Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 22/02/2017 BOP Nº: 37
Aplicable dende: 22/02/2017

Art. 1º .-Fundamento legal.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, e ó abeiro do disposto nos artigos 20 e 58 da Lei 39/88 do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por subministro de auga potable, que se rexerá pola seguinte ordenanza fiscal.

Art. 2º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da presente taxa, o subministro da auga potable as vivendas, locais comerciais, industriais e análogos a través da rede municipal de abastecemento de auga.

Art. 3º .-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta taxa, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Así mesmo, terán a consideración de substituto do contribuínte os propietarios dos inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas abonadas sobre os respectivos beneficiarios.

Art. 4º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas que son causantes ou colaboran na realización da infracción tributaria, ás que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, no suposto e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Art. 5º .-Exencións, reducción e bonificacións.

De conformidade co disposto do artigo 18 da Lei 8/89, do 13 de abril, non se recoñece beneficio tributario algún, agás o propio Concello.

Art. 6º .-Base impoñible.

A base impoñible da presente taxa virá determinada por unha cota fixa máis unha cantidade por m3 de auga consumida.

Art. 7º .-Cota tributaria.

A.-TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO

A.1.-Doméstico e comercial:

- Cota fixa mensual: 3,404 €/ab. mes

- Por consumo: 0,212 €/m³

A.2.-Industrial e obras:

Cota fixa mensual: 4,256 €/ab. mes

Por consumo: 0,212 €/m³

A.3.-Cota de conservación de acometidas de abastecemento

Cota mensual: 0,344 €/ab. mes

B.-REALIZACIÓN DE ACOMETIDAS E ENGANCHES

B.1.-Prezo de acometidas de abastecemento

Prezo unitario

Acometida de 1": 424,34 €/ud.

Acometida de 1¿" 466,78 €/ud.

Acometida de 1¿" 513,47 €/ud.

Acometida de 2" 564,78 €/ud.

B.2.-Taxa de enganche

Para edificios cunha soa vivenda está incluído no prezo da acometida.

Para edificios con baixo e planta usados de forma independente e unha soa acometida

O primeiro enganche está incluído dentro do prezo da acometida.

O segundo enganche: 231,44 €.

Para edificios con varias vivendas ou locais comerciais e unha soa acometida

Por cada vivenda ou local comercial: 231,44 €.

B.3.-Acometidas de maior lonxitude

Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición que se vai realizar na gabia.

Para as acometidas de máis de 5 m (entre 5 e 10 m) terase un prezo por metro de exceso. Para maiores distancias farase un orzamento en cada caso, resultando o custo inferior ao prezo unitario por metro.

Acometidas de máis de 5 mts.

¿"

1"

1¿"

2"

(A) incremento € por m

9,36

10,98

15,66

26,24

(B) incremento € por m

20,62

22,24

26,89

37,51

(C) incremento € por m

24,83

26,32

31,01

41,59

B.4.-Cambio de titular e taxa de alta

1.-Cambio do titular

Por cada cambio de titular, previa autorización do Concello: 46,30 €.

2.-Taxa de alta

Por taxas administrativas por todos os conceptos: 38,58 €.

B.5.-Xestión de cobro a impagados

Cobro aos abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago: 4,16 €/ud.

B.6.-Desprecintado de contador

Por desprecintado de contador: 18,78 €/ud.

B.7.-Precintado de contador

Por revisión de instalación, precintado de racores, lectura inicial... de contadores non instalados por persoal do servizo: 18,78 €/ud.

B.8.-Comprobación de contador do abonado con contador patrón

Por petición do abonado, comprobación da medición do seu contador con contador patrón: 18,78 €/ud.

Art. 8º .-Contadores.

CONTADORES

1.1.-INSTALACIÓN EN BATERÍA DE CONTADOR OU SIMILAR

- Chave de paso

- Válvula antirretorno

- Pezas de conexión

- Prezo contador instalado

- Contador de 13 mm: 77,54 €/ud.

- Contador de 15 mm: 77,54 €/ud.

- Contador de 20 mm: 113,84 €/ud.

1.2.-INSTALACIÓN EN FORNELA DE POLIÉSTER

- Prezo contador instalado sobre parede con fornela de poliéster

- Contador de 13 mm: 126,91 €/ud.

- Contador de 15 mm: 126,91 €/ud.

- Contador de 20 mm: 169,81 €/ud.

1.3.-CONTADOR DIÁMETRO SUPERIOR A 20 MM

Farase orzamento para cada caso.

1.4.-TARIFA DE CONTADORES (sen instalación)

TARIFA DE CONTADORES

(sen colocación)

Ø13 mm

55,71

€/ud.

Ø15 mm

55,71

€/ud.

Ø20 mm

74,81

€/ud.

Ø25 mm

126,57

€/ud.

Ø30 mm

178,16

€/ud.

Ø40 mm

276,82

€/ud.

Ø50 mm

614,18

€/ud.

Ø65 mm

752,05

€/ud.

1.5.-TARIFAS POR COLOCACIÓN DE CONTADORES (aparato subministrado polo abonado)

- Contador de 13 mm: 35,60 €/ud.

- Contador de 15 mm: 40,01 €/ud.

- Contador de 20 mm: 50,24 €/ud."

Art. 9º .-Devengo.

O devengo da presente taxa terá lugar cando naza a obriga de contribuír, segundo o establecido no artigo 2º .

A cota tributaria polo subministro, devéngase o primeiro día de cada trimestre natural. Nos casos de alta nace a obriga de contribuír igualmente no primeiro día do trimestre en que sexa realizada á acometida e o enganche.

10º .-Liquidación e recadación.

1.-As liquidacións polo subministro de auga potable serán aprobadas polo órgano competente do Concello o remate de cada trimestre natural, unha vez confeccionado o padrón correspondente polo concesionario do servicio, tendo en conta as lecturas dos contadores; as liquidacións serán expostas ó público por un período mínimo de quince días hábiles. Non será necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa declaración de alta, sen prexuízo da remisión do correspondente recibo con detalle da facturación.

O cobro dos recibos poderá ser:

a. Directamente das oficinas do concesionario do servicio.

b. Ou mediante xestión bancaria.

2.-A liquidación da cota tributaria pola acometida, será aprobada polo órgano competente do Concello simultaneamente ó outorgamento da licencia de enganche, baseándose do presuposto presentado pola empresa concesionaria do servicio, acorde cos prezos aprobados nesta ordenanza.

A recadación levarase a cabo pola empresa concesionario do servicio ó abeiro do disposto no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria. O prazo para o ingreso en voluntaria será o previsto no Regulamento Xeral de Recadación, artigo 20.

11º .-Infraccións e sancións.

En materia de infracción e as súas correspondentes sancións estarase ó disposto da Lei Xeral Tributaria, artigos 77 e seguintes, e demais normativa aplicable.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 29 de decembro do ano 2000; entrará en vigor unha vez sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse có primeiro trimestre do ano 2001; permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.