Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE
Art. 1º .-Fundamento legal.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, e ó abeiro do disposto nos artigos 20 e 58 da Lei 39/88 do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por subministro de auga potable, que se rexerá pola seguinte ordenanza fiscal.
Art. 2º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da presente taxa, o subministro da auga potable as vivendas, locais comerciais, industriais e análogos a través da rede municipal de abastecemento de auga.
Art. 3º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Así mesmo, terán a consideración de substituto do contribuínte os propietarios dos inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas abonadas sobre os respectivos beneficiarios.
Art. 4º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas que son causantes ou colaboran na realización da infracción tributaria, ás que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, no suposto e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Art. 5º .-Exencións, reducción e bonificacións.
De conformidade co disposto do artigo 18 da Lei 8/89, do 13 de abril, non se recoñece beneficio tributario algún, agás o propio Concello.
Art. 6º .-Base impoñible.
A base impoñible da presente taxa virá determinada por unha cota fixa máis unha cantidade por m3 de auga consumida.
Art. 7º .-Cota tributaria.
A cota tributaria referida á presente taxa é a seguinte
A.- TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO
A.1.- Doméstico e comercial:
Cota fixa mensual :2,843 Eur/ab.mes
Por consumo: 0,177 Eur/m3
A.2.- Industrial e obras:
Cota fixa mensual :3,554 Eur/ab.mes
Por consumo: 0,177 Eur/m3
A.3.- Cota de conservación de acometidas de abastecemento
Cota mensual: 0,286 Eur/ab.mes
B.- REALIZACIÓN DE ACOMETIDAS E ENGANCHES
B.1.- Prezo de acometidas de abastecemento
Prezo unitario
Acometida de 1": 354,45 Eur/ud.
Acometida de 1¿" 389,89 Eur/ud.
Acometida de 1¿" 428,88 Eur/ud.
Acometida de 2" 471,76 Eur/ud.
B.2.- Taxa de enganche
1.- Para edificios cunha soa vivienda está incluído no prezo da acometida.
2.- Para edificios con baixo e planta usados de forma independente e unha soa acometida
- O primeiro enganche está incluído dentro do prezo da acometida
- O segundo enganche: 193,33 Eur.
3.- Para edificios con varias vivendas ou locais comerciais e unha soa acometida
- Por cada vivenda ou local comercial : 193,33 Eur.
B.3.- Acometidas de maior lonxitude
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na zanxa.
Para as acometidas de máis de 5 m. (entre 5 e 10 m.) terase un prezo por m. de exceso. Para maiores distancias presupostarase en cada caso, resultando o custo inferior ao prezo unitario por m.
Acometidas de máis de 5 mts. | ¿" | 1" | 1¿" | 2" |
(A) incremento Eur. por m. | 7,81 | 9,17 | 13,08 | 21,92 |
(B) incremento Eur. por m. | 17,21 | 18,57 | 22,47 | 31,33 |
(C) incremento Eur. por m. | 20,73 | 21,99 | 25,90 | 34,75 |
B.4.- Cambio de titular e taxa de alta
1.- Cambio de titular
Por cada cambio de titular, previa autorización do Concello: 38,67 Eur.
2.- Taxa de alta
Por taxas administrativas por todos os conceptos: 32,22 Eur.
B.5.- Xestión de cobro a impagados
Cobro aos abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago: 3,47 Eur/ud
B.6.- Desprecintado de contador
Por desprecintado de contador : 15,69 Eur/ud.
Nota: Estas tarifas veranse incrementadas co IVE vixente
Art. 8º .-Contadores.
Os contadores serán propiedade dos abonados, en caso de adquirilos ó concesionario rexeran as seguintes tarifas
2.1.- INSTALACIÓN EN BATERÍA DE CONTADOR OU SIMILAR
- Chave de paso
- Válvula antirretorno
- Pezas de conexión
- Prezo contador instalado
- Contador de 13 mm.: 64,76 Eur/ud.
- Contador de 15 mm.: 72,03 Eur/ud.
- Contador de 20 mm.: 95,08 Eur/ud.
2.2.- INSTALACIÓN EN HORNACINA DE POLIÉSTER
- Prezo contador instalado sobre parede con hornacina de poliéster
- Contador de 13 mm.: 106,03 Eur/ud.
- Contador de 15 mm.: 113,27 Eur/ud.
- Contador de 20 mm.: 141,85 Eur/ud.
2.3.- CONTADOR DIÁMETRO SUPERIOR A 20 MM.
Farase presuposto para cada caso
2.4.- TARIFA DE CONTADORES (sen instalación)
TARIFA DE CONTADORES | |
(sen colocación) | |
Ø13 mm. | 46,54 Eur/ud |
Ø15 mm. | 51,17 Eur/ud |
Ø20 mm. | 62,48 Eur/ud |
Ø25 mm. | 105,73 Eur/ud |
Ø30 mm. | 148,82 Eur/ud |
Ø40 mm. | 231,23 Eur/ud |
Ø50 mm. | 513,01 Eur/ud |
Ø65 mm. | 628,19 Eur/ud |
2.5.- TARIFAS POR COLOCACIÓN DE CONTADORES (aparato subministrado polo abonado)
- Contador de 13 mm.: 29,73 Eur/ud.
- Contador de 15 mm.: 33,41 Eur/ud.
- Contador de 20 mm.: 41,96 Eur/ud.
Nota: Estes prezos veranse incrementados co IVE vixente.
Art. 9º .-Devengo.
O devengo da presente taxa terá lugar cando naza a obriga de contribuír, segundo o establecido no artigo 2º .
A cota tributaria polo subministro, devéngase o primeiro día de cada trimestre natural. Nos casos de alta nace a obriga de contribuír igualmente no primeiro día do trimestre en que sexa realizada á acometida e o enganche.
10º .-Liquidación e recadación.
1.-As liquidacións polo subministro de auga potable serán aprobadas polo órgano competente do Concello o remate de cada trimestre natural, unha vez confeccionado o padrón correspondente polo concesionario do servicio, tendo en conta as lecturas dos contadores; as liquidacións serán expostas ó público por un período mínimo de quince días hábiles. Non será necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa declaración de alta, sen prexuízo da remisión do correspondente recibo con detalle da facturación.
O cobro dos recibos poderá ser:
a. Directamente das oficinas do concesionario do servicio.
b. Ou mediante xestión bancaria.
2.-A liquidación da cota tributaria pola acometida, será aprobada polo órgano competente do Concello simultaneamente ó outorgamento da licencia de enganche, baseándose do presuposto presentado pola empresa concesionaria do servicio, acorde cos prezos aprobados nesta ordenanza.
A recadación levarase a cabo pola empresa concesionario do servicio ó abeiro do disposto no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria. O prazo para o ingreso en voluntaria será o previsto no Regulamento Xeral de Recadación, artigo 20.
11º .-Infraccións e sancións.
En materia de infracción e as súas correspondentes sancións estarase ó disposto da Lei Xeral Tributaria, artigos 77 e seguintes, e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 29 de decembro do ano 2000; entrará en vigor unha vez sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse có primeiro trimestre do ano 2001; permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.