Índice
Redaccións
San Sadurniño - ORDENANZA FISCAL Nº 5, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVICIO DO SUBMINISTRO DOMICILIARIO
Publicación provisional:
BOP Nº:
Publicación definitiva:
13/02/2015
BOP Nº:
30
Aplicable dende:
13/02/2015
Artigo 1.º .-Fundamento e Natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Ley 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Reximen Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 do texto refundido da Lei de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece a taxa pola prestación do subministro domiciliario de auga potable, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 -apartado 1, letra B) e apartado 4, letra t), e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitué o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable, a conservación de contadores e a súa reparación.
Artigo 3.º .-Suxeitos Pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas por dito servicio.
2.-Terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas fisicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Bases de imposición e tipos de gravame.
Conceptos
Importes 2014
Cuota fixa
11,03
Consumo entre 0 e 40 m3 cada catro meses
0,16
Consumo entre 41 e 60 m3 cada catro meses
0,33
Consumo de máis de 61 m3 cada catro meses
0,66
Dereitos de acometida
132,46
Artigo 6.º .-Exencións.
Non se concederá exención ningunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7º.-Bonificacións.
Concederase unha bonificación do 50% aos suxeitos pasivos titulares do ben obxecto da presente ordenanza, que teñan entre 12 e 30 anos e que acrediten ser posuidores do carnet xove. Esta bonificación será solicitada polo usuario en cada anualidade de exacción da presente taxa.
Artigo 8.º .-Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento en que se inicia a prestación do servicio.
Artigo 9.º .-Liquidación e recadación.
1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos cuatrimestrais vencidos.
2.-O período voluntario de cobramento será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan os recibos ó cobro. Transcorrido dito período sen se ter efectuado o ingreso, abrirase a vía de constriximento e reportarase o recargo do 20 por 100 da débeda non ingresada así como o dos intereses de demora correspondentes a este, computándose no seu caso, como pagos a conta, as cantidades pagadas fóra de plazo.
3.-Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda non ingresada se satisfaga antes de que fose notificada ó debedor a providencia de constriximento, e non se esixirán os intereses de demora reportados dende o comezo do período executivo.
Artigo 10.º .-Infraccións e Sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
Artigo 11.º .-Remisión o Regulamento do Servicio.
En todo o non especialmente previsto nesta Ordenanza estarase ó disposto no Regulamento do Servicio Municipal de Abastecemento domiciliario de auga potable de San Sadurniño.
Disposición Final.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día primeiro de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.