Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 1, XERAL DE XESTIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN
CAPITULO PRIMEIRO: PRINCIPIOS XERAIS.
Sección Primeira: Carácter e Obxecto.
Sección Segunda: Ámbito de aplicación.
Sección Terceira: Interpretación das normas fiscais.
CAPITULO SEGUNDO: ELEMENTOS DA RELACIÓN TRIBUTARIA.
Sección Primeira: O Feito Impoñible.
Sección Segunda: O Suxeito Pasivo. Domicilio. Obrigacións.
Sección Terceira: Base impoñible e base liquidable.
CAPITULO TERCEIRO: A DÉBEDA TRIBUTARIA.
Sección Primeira: Determinación.
Sección Segunda: Contido.
Sección Terceira: Extinción.
Subsección Primeira: Pago.
Subsección Segunda: Prescrición.
Subsección Terceira: Compensación.
Subsección Cuarta: Condonación.
Subsección Quinta: Insolvencia do debedor.
CAPITULO CUARTO: GARANTIAS DA DÉBEDA TRIBUTARIA.
Sección Primeira: Prelación no Cobro.
Sección Segunda: garantias de aprazamento ou fraccionamento
ARTIGO 28.º.-GARANTÍAS PARA APRAZAMENTO OU FRACCIONAMENTO.
1. Como regra xeral, requerirase ó solicitante que ofreza garantía en forma de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución. En todo caso achegarase coa solicitude o correspondente compromiso expreso e irrevogable da entidade de formalizar o aval necesario no caso de que o aprazamento fose concedido. O aval deberá achegarse no prazo de trinta días seguintes ó da notificación do acordo de concesión.2. Cando se xustifique que non é posible obter o aval, ou certificado, ou que con isto se compromete seriamente a viabilidade da actividade económica, o órgano competente poderá admitir algunha das seguintes garantías:
a) Hipoteca inmobiliaria.
b) Hipoteca mobiliaria.
c) Prenda con ou sen desprazamento.
d) Fianza persoal e solidaria.
e) Calquera outro que estime pertinente.
Nestes casos, o debedor debéra de acompañar xunto coa solicitude de aprazamento ou fraccionamento a seguinte documentación:
Declaración responsable e xustificación documental da imposibilidade de obter aval ou certificado de seguro de caución, na que consten as xestións efectuadas para a súa obtención (deberán xuntarse negativa de, alomenos, dúas entidades financieiras ou de caución ás que se tivera dirixido o solicitante para a obtención da devandita garantía).
Valoración dos bens ofrecidos en garantía, efectuada por empresas ou profesionales especializados e independentes e cunha antigüedade máxima de seis meses dende da data da súa emisión ata a de presentación. Cando exista un rexistro de empresas ou profesionales especializados na valoración dun determinado tipo de bens, a valoración deberá efectuarse, preferentemente, por unha empresa ou profesional inscrito no devandito rexistro.
3. Cando se solicite a dispensa particular, xa sexa total ou parcial, de garantías, aportaranse ademáis dos documentos esixidos con carácter xeral, os seguintes:
Declaración responsable e xustificación documental manifestando carecer de bens ou non posuir outros que os ofrecidos en garantía. A estos efectos, deberase aportar certificacións actualizadas do Catastro e do Rexistro da Propiedade.
Xustificación da imposibilidade de obter aval ou certificado de seguro de caución, na que consten as xestións efectuadas para a súa obtención. Esixirase certificado negativo de, alomenos, dúas entidades financieiras ou de caución ás que se tivera dirixido o solicitante para a obtención da correspondente garantía.
Plan de viabilidade ou calquera outra información que xustificque a posibilidade de cumprir o aparazamento ou fraccionamento solicitado, e que poña de manifestó que a imposibilidade para facer fronte ó pago é transitoria e non estructural.
4. Non se esixirá garantía cando a contía da débeda a aprazar ou fraccionar non exceda de 6.000 €.
5. A garantía cubrirá o importe do principal e dos xuros de demora que xere o aprazamento, máis un 25 por cento da suma de ambas partidas.
6. A garantía constituída mediante aval ou certificado de seguro de caución deberá ser por termo que exceda, cando menos, en seis meses ó vencemento do prazo ou prazos garantidos.
Sección Terceira: Transmisibilidad.
CAPITULO QUINTO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.
Sección Primeira: Concepto e Clase.
Sección Segunda: Suxeitos Infractores.
Sección terceira: Sancións.
Sección Cuarta: Gradación das Sancións.
CAPITULO SEXTO.- NORMAS DE GESTION.
Sección Primeira.- Principios Xerais.
Sección Segunda: Iniciación da xestión.
Sección Terceira: Investigación e inspección.
Sección Cuarta: Proba e presuncións.
Sección Quinta: As Liquidacións tributarias.
Sección Sexta: Padróns de Contribuíntes.
CAPITULO SEPTIMO: RECAUDACION.
Sección Primeira: A Xestión Recadatoria. Concepto e Disposicións Xerais.
Sección Segunda: Clasificación da Débeda Tributaria.
Sección Terceira: Recadación en Período Voluntario. Aprazamentos e fraccionamentos.
ARTIGO 84.-APRAZAMENTOS E FRACCIONAMENTOS. NORMAS XERAIS.
1. O pagamento das débedas tributarias e demais de dereito público poderá aprazarse ou fraccionarse só nos casos e na forma que se determina na presente ordenanza.
2. Os aprazamentos e fraccionamentos concederaos a Administración municipal tras a petición dos obrigados ó pagamento, de conformidade coas regras dos artigos seguintes.
3. As débedas aprazadas ou fraccionadas deberán garantirse mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución, coas salvedades reguladas no artigo 82 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
4. As cantidades aprazadas que estiveran garantidas cos medios citados no punto anterior, devengarán xuro de demora na contía do xuro legal.
5. A presentación dunha solicitude de aprazamento ou fraccionamento en período voluntario impedirá o inicio do período executivo, pero non o devengo do xuro de demora.
ARTIGO 85.-DÉBEDAS TRIBUTARIAS APRAZABLES E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR. TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN DE SOLICITUDES, CALCULO DE XUROS, PRAZOS, FORMA DE PAGAMENTO E EFECTOS DA FALTA DE PAGO.
1. Poderá aprazarse o pagamento da débeda, tanto en período voluntario como executivo, tras a petición dos obrigados cando a súa situación económica-financeira lles impida, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos.
2. O fraccionamento de pagamento, como modalidade de aprazamento, será rexido polas normas aplicables a este no que non estea regulado especialmente.
3. A Tesourería disporá o necesario para que as solicitudes se formulen en documento específico, no que se indiquen os criterios de concesión e denegación de aprazamentos e fraccionamentos, así como a necesidade de fundamentar as dificultades económico-financeiras, aportando os documentos oportunos.
4. O acordo de concesión especificará a clase de garantía que o solicitante deberá aportar ou, no seu caso, a dispensa desta obriga.
5. Os criterios xerais de concesión de aprazamentos e fraccionamentos son:
a) As débedas entre 100,00 € e 300,00 € poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de tres meses ou mensualidades.
b) As débedas entre 300,01 € e 900,00 € poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de seis meses ou mensualidades.
c) As débedas entre 900,01 € e 1500,00 € poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de nove meses ou mensualidades.
d) As débedas entre 1.500,01 € e 3.000,00 € poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de doce meses ou mensualidades.
e) As débedas entre 3.000,01 € e 6.000,00 € poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de quince meses ou mensualidades.
f) As débedas de importe superior a 6.000,01 € poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de vintecatro meses ou mensualidades.
6. Excepcionalmente, aprazaranse ou fraccionaranse débedas de contía inferior a 100 € ou por prazos superiores aos previstos para aqueles contribuíntes que se atopen en situación de emerxencia social, ou que pertenza a unha unidade familiar que se atope nalgunha destas circunstancias, acreditada mediante informe dos servizos sociais: familias con problemas de integración social, familias con menores con problemas de integración social, casos de intervención socio familiar ou calquer outra situación debidamente xustificada polos servicios sociais do Concello.
Tamén con carácter excepcional atendendo a unha situación de precariedade económica en función da documentación adicional que a xuizo da tesourería se lle poida requerir, podrá outorgarse aprazamento ou fraccionamentos de débedas de contía inferior a 100,00 € ou por prazos superiores aos previstos con carácter xeral.
7. Será obrigatoria na concesión de fraccionamentos e aprazamentos a domiciliación do pago dos correspondentes prazos, e deberase facer constar o IBAN no propio escrito da solicitude.
9. A concesión do aprazamento ou fraccionamento outorgarase de forma automática para débedas de contía inferior a 6.000,00 €, susbstituíndose a presentación de documentos xustificativos pola simple declaración responsable da existencia de dificultades económico-financieiras que impiden de forma transitoria efectuar o pago no prazo establecido.
10. Documentación que se ten que achegar:
10.1. Xunto coa solicitude deberase achegar, con carácter xeral, a seguinte documentación:
- Xustificación da existencia de dificultades económico-financieiras que impiden ó debedor de forma transitoria efectuar o pago no prazo ordinario establecido. Sen perxuízo de que o debedor poida presentar calquer outro que estime oportuno, requeriranse con carácter xeral os seguintes documentos:
Persoas físicas:
1. Copia íntegra da declaración do imposto sobre a renda de personas físicas correspondente ó último exercicio ou, no seu defecto, certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria de non estar obrigado a presentala.
2. Se recibe algunha pensión, certificado que acredite o seu importe, expedido pola Seguridade Social ou organismo competente en cada caso.
3. No seu caso, certificación da prestación por desempleo, facendo constar o seu importe, ou de atoparse en situación de demanda de emprego, expedidas polo organismo competente.
Persoas xurídicas:
1. Balance de situación e conta de perdas e ganancias do último exercicio pechado.
2. Copia, debidamente compulsada, do imposto sobre sociedades correspondente ó último exercicio económico presentado
3. Último balance de comprobación de sumas e saldos, certificado pola persona ou órgano que corresponda.
- Acreditación da titularidade da conta de cargo.
Cando sexa de titularidade do debedor, esta poderá acreditarse con calqueira documento emitido pola entidade de crédito na que conste o código conta cliente (CCC) e o nome e apelidos ou razón social do titular.
Se o solicitante non fose titular da conta de cargo, requerirase ademáis, autorización expresa de este para que realicen os cargos na conta da súa titularidade, acompañada de fotocopia do DNI de dito titular.
10.2. Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar non exceda de 6000,00 €, non se esixirá ó debedor a presentación da documentación xustificativa das dificultades económico-financieiras bastando a declaración responsable e se lle dispensará da obriga de presentación de garantía.
11. O ingreso dos prazos deberá efectuarse nas datas establecidas nos acordos de concesión de aprazamento ou fraccionamento, que serán sempre o día 5 ou 20 do mes a que se refiran. Con carácter preferente considerarase o día 20 de cada mes.
12. Na petición de aprazamento ou fraccionamento farase constar, ademais dos datos identificativos do suxeito pasivo e da débeda, as causas que motivan a solicitude de aprazamento, os prazos e restantes condicións que se solicitan, e a garantía que se ofrece, así como o número de conta bancaria para a súa domiciliación das fraccións. Á solicitude achegaráselle a documentación que determine a norma regulamentaria de aplicación.
14. Tramitación e resolución.
14.1. A Tesourería do Concello tramitará as solicitudes de aprazamento ou fraccionamento examinando e avaliando a falta de liquidez e a capacidade para xerar recursos conforme ó disposto nas normas regulamentarias de aplicación, formulando a correspondente proposta de resolución ó órgano competente para a súa aprobación.
14.2. Salvo circunstancias excepcionais apreciadas polo órgano que resolva, denegaranse as seguintes solicitudes:
a) As de reconsideración de aprazamentos resoltos segundo os presentes criterios e que non estean debidamente fundadas, tendo como única finalidade demorar o cumprimento da obriga tributaria.
b) As presentadas por contribuíntes que incumpran aprazamentos concedidos ou non formalizaran as garantías.
c) As que correspondan a débedas illadas presentadas por contribuíntes que manteñen outras débedas co Concello sen regularizar.
d) Se se trata de empresas mercantís, cando a base impoñible para os efectos do Imposto sobre sociedades do último exercicio económico sexa superior a 6.000 €.
14.3. A resolución deberá de adoptarse no prazo máximo de seis meses a contar dende o día en que a solicitude tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello. Transcorrido dito prazo poderá entenderse desestimada a solicitude.
15. Cálculo de xuros en aprazamentos e fraccionamentos.
15.1. As cantidades que se apracen ou fraccionen devengarán o xuro de demora regulado no artigo 14 desta Ordenanza e 17 da Lei Xeral Orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias, respectivamente, que será o xuro legal que corresponda ata a data do seu ingreso.
15.2. No caso de concesión de aprazamento, os xuros de demora calcularanse sobre a débeda aprazada polo tempo concedido entre o vencemento do periodo voluntario e o vencemento do prazo concedido. Se o aprazamento foi concedido en periodo executivo a base para o cálculo de xuros non incluirá o recargo do periodo executivo que corresponda. Os xuros devengados deberá ingresarse xunto coa débeda aprazada.
15.3. No caso de fraccionamentos, calcularanse xuros de demora por cada fracción da débeda, computándose o tempo dende o vencemento do periodo voluntario ata o vencemento do prazo de ingreso concedido para cada fracción.
Os xuros devengados para cada fracción deberá pagarse xunto coa fracción no prazo de ingreso desta. Se o fraccionamento foi solicitado en periodo executivo, a base de cálculo non inlcuirá o recargo do periodo executivo que corresponda.
15.4. En caso de denegación de aprazamento ou fraccionamento de débedas:
Se foi solicitado en periodo voluntario, liquidaranse xuros de demora polo periodo transcorrido dende o vencemento do periodo voluntario ata a data da resolución denegatoria.
Se foi solicitado en periodo executivo, liquidaranse xuros unha ves efectuado o pagamento dacordo co establecido na normativa regulamentaria de aplicación.
16. Prazos de ingreso, forma de pagamento e efectos da falta de pagamento.
1. O ingreso dos prazos deberá realizarse nas datas establecidos nos acordos de concesión do fraccionamento ou aprazamento, que serán sempre o día 5 ou 20 do mes a que se refiran.
2. Será obrigatoria a domiciliación do pago dos correspondentes prazos, e deberase facer constar o IBAN no propio escrito da solicitude.
3. Nos aprazamentos e fraccionamentos concedidos, se chegado o vencemento do prazo concedido ou fraccionado non se efectuase o pagamento procederase a exaccionar a débeda pola vía de constrinximento ou ben a executar a garantía de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 58/2003, xeral tributaria e normativa regulamentaria de aplicación.ARTIGO 86.-