Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 25, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo 1.º.-Fundamento legal.
De acordo co previsto nos artigo 71 e 72 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles aplicable neste municipio, queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.
Artigo 2.º.-Tipo gravame.
1. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de natureza urbana queda fixado no 0,46 por cento.
2. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza rústica, queda fixado no 0,55 por cento.
3. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable aos bens de características especiais, queda fixado no 1,30 por cento.
4. Segundo o establecido no artigo 72.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; aos inmobles de uso residencial que se encontren desocupados con carácter permanente aplicaráselle unha recarga do 50% da cota líquida do imposto.
Entenderanse como inmobles desocupados os seguintes:
a) Aqueles que non estean dados de alta no servizo de subministración de auga ou teñan unha media trimestral de consumo inferior a 0,10 m3/día.
b) Vivendas manifestamente desocupadas ou inhabitables. En todo caso, entenderase que están ocupadas aquelas vivendas nas que figure empadroada algunha persoa.
O Concello elaborará un censo de vivendas desocupadas para os efectos de aplicar esta recarga. Os suxeitos pasivos presentarán a declaración de alta no dito censo no prazo dun mes que se contará dende a data en que a vivenda quede desocupada. O Concello poderá incluír de oficio no censo as vivendas que reúnan as condicións sinaladas no presente artigo, para o que se instruirá un expediente que se iniciará ofrecéndolle ao interesado un prazo de alegacións de quince días, durante o que se lle poñerán de manifesto os elementos de proba que consten no expediente. Con carácter previo á proposta de resolución outorgarase un prazo de quince días para que o interesado manifeste canto conveña ao seu dereito.
A resolución que se dite dispoñendo a inclusión no censo de vivendas desocupadas seralle notificada ao interesado.
Artigo 3.º.-Bonificacións.
1. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial no que estean empadroados os membros da unidade familiar. Segundo o valor catastral total do ben, a bonificación será:
- Para titulares de familia numerosa no que o valor catastral total do ben no que estean empadroados os membros da unidade familiar sexa igual ou superior aos 48.000,00 € a bonificación será do 40%.
- Para titulares de familia numerosa no que o valor catastral total do ben no que estean empadroados os membros da unidade familiar sexa inferior aos 48.000,00 € a bonificación será do 60%.
Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular.
2. Establécese unha bonificación do 15% da cota íntegra do imposto para os bens inmobles nos que se instalaron sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía proveniente do sol. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación pola Administración competente.
3. En relación co establecido no artigo 74.2.quáter do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, establécense as seguintes bonificacións a favor dos inmobles que se indican nos que se desenvolvan as actividades que se sinalan que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración:
a) Bonificacións do 95 por cento da cota íntegra do imposto para os inmobles nos que estean ubicadas unicamente construcións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario.
3.1.-Estas bonificacións só beneficiarán aos profesionais en activo do sector primario que desenvolvan actividades agrarias, gandeiras ou forestais e aos pensionistas do réxime especial agrario.
3.2.-En ningún caso as cotas resultantes da aplicación da bonificación anterior poderán ser inferiores ás abonadas no exercicio inmediatamente anterior.
3.3.-Corresponderá ao Pleno da Corporación a declaración de especial interese ou utilidade municipal, previa solicitude dos suxeitos pasivos, debendo contar co voto favorable da maioría simple dos seus membros.
3.4.-As bonificacións terán carácter rogado e surtirán efectos a partires do período impositivo seguinte ao da súa declaración de especial interese ou utilidade municipal, debendo ser solicitadas polo suxeito pasivo xunto coa seguinte documentación:
- Certificado de Facenda no que conste a situación censual do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo.
- No caso de pensionistas do Réxime Especial Agrario deberán presentar xustificación do orixe da pensión.
- Acreditación da titularidade catastral do inmoble.
- Certificado de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local, nin coa Seguridade Social.
- Xustificante do recoñecemento de explotación ou licenza da actividade correspondente.
3.5.-O Concello poderá realizar de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto destas bonificacións.
3.6.-Os obrigados tributarios deberán comunicar no Concello calquera modificación relevante das condicións ou requisitos esixibles para aplicación do beneficio fiscal. O órgano competente poderá declarar, previa audiencia do obrigado tributario por un prazo de 10 días, contados a partires da notificación da apertura de dito prazo, se procede ou non a continuación da aplicación do beneficio fiscal. De igual xeito se procederá cando a Administración coñeza por calquera medio a modificación das condicións ou os requisitos para a aplicación do beneficio fiscal.
Artigo 4.º.-Exención por criterios de eficiencia e economía.
Se por razóns técnicas non é posible realizar a agrupación procederase á exención daquelas liquidacións inferiores a un €.
En período executivo, decláranse exentos por razóns técnicas e de eficiencia aqueles recibos que non superen os tres €.
Disposición final
A presente Ordenanza, foi aprobada con data 24 de decembro de 2002, comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2003 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación."
A presente modificación entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2018, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.