Miño - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO
Artigo 1º .- Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1995, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réximen Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais aprobadas por RD lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece a ¿taxa por recollida de lixo", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, en que ás súas normas atenden ao previsto no artigo 57 do citado Texto refundido da lei reguladora de facendas locais 2/2004.
Artigo 2º -. Feito impoñible.
1. Constitúe o feiro impoñible da Taxa, a prestación de recepción obrigatoria de recollida de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos, así como a recepción obrigatoria do servizo de punto limpo.
2. A tal efecto, considéranse lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos, os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpieza normal de locales ou viviendas, e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritus humanos, materiales e materiales contaminados, corrosivos, peligrosos e cuxa recollida ou vertido esixa a adaptación de especiales medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3. Non está suxeita á taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancias de parte, dos seguintes servicios:
a) Recollida de lixo e residuos non calificados de domiciliarios e urbáns de industriais, hospitales, e laboratorios.
b) Recollida de escorias e cenizas de calefaccións centrais.
c) Recollida de escombros de obras.
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro (BOE 18/12/2003) que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que preste o servizo, tanto a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou mesmo de precario.
2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas aos usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.
Artigo 4º.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administrativos das sociedades e os
síndicos, interventores, liquidadores de crebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se indica no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º .- Exencións.
Artigo 6º. Cota tributaria
Concepto | Cuota en euros |
A) Vivendas unifamiliares: | |
Vivendas en Miño | 98,16 |
Vivendas en Ponte do Porco e sombreu | 77,15 |
Vivendas no resto de las parroquias | 70,15 |
B) Aloxamentos: | |
Hoteles, moteles, hoteles-apartamentos, de cinco e catro estrelas | 1.571,00 |
Hoteles, moteles, hoteles-apartamentos e hostales de tres e dous estrelas | 1.346,49 |
Hoteles, moteles, hoteles-apartamentos e hostales de unha estrela | 420,77 |
Pensións e casas de hospedaxe, centros hospitalarios, colexios e demáis centros de natureza análoga | 420,77 |
Campings, por cada parcela | 21,03 |
C) Establecementos de alimentación: | |
Supermercados, economatos e cooperativas ata 200 m2 (inclusive), na parroquia de Miño | 210,34 € |
Supermercados, economatos e cooperativas ata 200 m2 (inclusive), en Ponte do Porco e Sombreu | 157,77 € |
Supermercados, economatos e cooperativas ata 200 m2 (inclusive), en outras parroquias | 140,24 € |
Supermercados, economatos e cooperativas de máis de 200 m2, na parroquia de Miño | 500,00 € |
Supermercados, economatos e cooperativas de máis de 200 m2, en Ponte do Porco e Sombreu | 379,97 € |
Supermercados, economatos e cooperativas de máis de 200 m2, en outras parroquias | 339,96 € |
Pescaderías, carnicerías e similares, na parroquia de Miño | 210,34 |
Pescaderías, carnicerías e similares en Ponte do Porco e Sombreu | 157,77 |
Pescaderías, carnicerías e similares, en outras parroquias | 140,24 |
D) Establecementos de restauración: | |
Restaurantes, cafeterías, whisquerías, pubs, bares e tabernas, na parroquia de Miño | 336,63 |
Restaurantes, cafeterías, whisquerías, pubs, bares e tabernas, en Ponte do Porco e Sombreu | 273,52 |
Restaurantes, cafeterías, whisquerías, pubs, bares e tabernas, en outras parroquias | 252,47 |
E) Establecementos de espectáculos: | |
Cines e teatros | 336,63 |
Salas de festas, discotecas, salas de bingo | 1.122,15 |
F) Outros locales industriais ou mercantiles : | |
Centros oficiales | 252,47 |
Oficinas bancarias | 280,57 |
Hipermercados e grandes almacenes | 505,00 |
Talleres, instalaciones industriais, ferreterías e outros comercios | 196,37 |
G) Despachos profesionais: | |
Por cada despacho | 112,21 |
H) Instalaciones sanitarias e outras: | |
Consultorio médico e análogos | 112,21 |
Farmacias | 252,47 |
Centros hospitalarios | 673,24 |
I) Otros locais no expresamente tarifados: | |
Outros locais na parroquia de Miño | 112,21 |
Outros locais en Ponte do Porco e Sombreu | 101,67 |
Outros locais en outras parroquias | 98,16 |
Outros locais sen actividade | 70 |
O cambio de categoría se realizará previa solicitude polo particular acreditando tal extremo, se perxuicio das actuacións de comprobación que poderá realizar o concello.
Artigo 7º. Devengo
1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento en que se inicie a presentación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servizo municipal de recollida de lixos domiciliarios, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.
2. Establecido e en funcionamento o referido servizo, as cotas endebedaranse o primeiro de xaneiro de cada ano natural, e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio na utilización do servicio, caso no que o periodo impositivo se axustará a esta circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por meses naturais.
Artigo 8º. Declaración e ingreso
1. Dentro dos trinta días hábiles seguintes a data que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán su inscripción en matricula, presentando ao efecto a correspondente declaración de alta. Polo concello se procederá a liquidar a cuota prorrateada por meses naturais.
En aqueles casos en que non se realice a declaración de alta polo suxeito pasivo, o Concello de oficio procederá ao alta coa correspondente liquidación da cuota prorrateada por meses naturais.
2. Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquer variación dos datos que figuran na matrícula, levaranse a cabo en ésta as modificacións correspondentes, que surtirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectúe a declaración.
3 O cobro das cuotas efectuarase semestralmente mediante recibo derivado da matricula.
Artigo 9º -. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso aterase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A modificación da presente Ordenanza Fiscal, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 17 de outubro de 2017, e entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2018 permanecendo en vigor ata a sua modificación ou derogación expresa.