Ortigueira - Ordenanza fiscal nº 18, reguladora de la tasa por la recogida de residuos sólidos urbanos.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 04/12/2019 BOP Nº: 231
Aplicable dende: 04/12/2019

Artigo 1.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988 Reguladora das Facendas Locais (1), este Concello establece a Taxa por prestación do servizo de recollida de lixos e residuos sólidos urbanos, que se rexerá por medio de Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ao prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988 (2) ).

Artigo 2.- Feito impoñible

1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos

2.- Para ese efecto, considéranse lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, entullos de obras, detritus humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou cuxa recollida ou vertedura esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

3.- Non está suxeita á taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte dos seguintes servizos:

a) Recollida de lixos e residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

b) Recollida de escorias e cinzas de calefaccións centrais.

c) Recollida de entullos de obras.

4.- Non está suxeita á taxa a prestación do servizo especial de recollida de mobles, electrodomésticos, aveños, etc., que terá lugar coa seguinte periodicidade.

a) Parroquias de: Ortigueira, Luama, Luhía, Barbos, Mosteiro, Ladrido, Espasante, Céltigos, Loiba, San Salvador, San Cristóbal, Devesos e Nieves. O último martes dos meses de febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro.

b) Parroquias de: Ortigueira, Cuiña, Freires, Senra, San Claudio, Santiago de Mera, Santa María de Mera, San Adrián, Insua e Ermo. O último martes dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro.

Artigo 3.- Suxeito pasivo.

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais situados nos lugares en que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario, usufructuario ou arrendatario

2.- No caso de vivendas ou locais nos que a cota se recade a través do recibo por subministración de auga, presumirase que é suxeito pasivo o titular do abono ao citado servizo.

Artigo 4- Cota Tributaria:

1.-A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles e da categoría do lugar, praza, rúa ou vía pública onde estean situados aqueles.

2.-Categorías:

Primeira.-Rúas, prazas, lugares, vías públicas ou parroquias onde o servizo préstase diariamente.

Segunda.-Rúas, prazas, lugares, vías públicas ou parroquias onde o servizo préstase cada dous días.

Terceira.-Rúas, prazas, lugares, vías públicas ou parroquias onde o servizo préstase en intervalos superiores a dous días.

3.-Para os efectos anteriores aplicarase a seguinte tarifa

CONCEPTOS

CATEGORÍAS DE RUAS

EPÍGRAFES

1.ª

2.ª

3.ª

1.º. VIVENDAS

24,35

19,93

17,47

2.º. ALOXAMENTOS

74,63

59,71

52,31

3.º. ESTABLECEMENTOS ALIMENTACIÓN

A) Economatos, cooper. > 120 m²

B) ¿ ¿ < 120 m²

C) Almacéns froitas ao por maior

D) Panaderías, carnicerías, peixerías

124,39

74,63

124,39

74,63

99,50

59,71

99,50

59,71

87,06

52,31

87,06

52,31

4.º. ESTABLECEMENTO RESTAURACIÓN

74,63

59,71

52,31

5.º. ESTABLECEMENTOS ESPECTÁCULOS

124,39

99,50

87,06

6.º. OUTROS LOCAIS INDUSTRIAIS OU MERCANTÍS

A) Centros ofic., bancos E similares

B) Grandes almac. e venta ao por maior

C) Demais locais non tarifados

49,76

124,39

49,76

39,87

99,50

39,87

34,84

87,06

34,84

Artigo 5.- Período impositivo:

1.- O período impositivo coincide co ano natural e o devengo da taxa prodúcese o primeiro de xaneiro de cada ano.

2.- As cotas anuais son irreducibles, agás nos supostos nos que a declaración de alta ou baixa na prestación do servizo non coincida co ano natural, en cuxo caso as cotas calcularanse proporcionalmente ao número de semestres naturais que resten para rematar o ano, incluído o de comezo ou remate do exercicio da actividade. A devolución das cotas semestrais ás que teña dereito o suxeito pasivo nos casos de baixa na prestación do servizo, tramitarase, previa solicitude, consonte as normas que rexen a devolución de ingresos indebidos.

3.- A taxa deivindícase e nace a obrigación de contribuír a partir de que se inicie a prestación de servizo que é de recepción obrigatoria. Enténdese iniciada a prestación cando estea establecido, e en funcionamento, o servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos nas rúas ou lugares nos que figuren as vivendas ou locais empregados polos contribuíntes suxeitos á taxa.

4.-Presúmese o emprego do servizo cando existe a posibilidade de habitar a vivenda ou de empregar o local porque conte con calquera dos servizos de subministración de auga, enerxía eléctrica ou alcantarillado.

Artigo 6.- Declaración e ingreso:

1.- Dentro dos trinta días hábiles seguintes ao da data no que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos deben formalizar a súa inscrición na matrícula mediante unha solicitude de alta. No caso de que non presentaran a antedita declaración o Concello realizará de oficio a alta na matrícula do tributo.

2.- A alta nos servizos de auga e /ou alcantarillado conleva a correlativa inclusión no padrón de recollida de residuos sólidos urbanos.

3.- Cando se coñeza, de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos incorporados á matrícula, realizaranse nesta as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ao da data na que se produza a declaración.

4.-O padrón anual fraccionase, para a súa cobranza, en dúas cotas semestrais soportadas nos correspondentes recibo

Artigo 7.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

Disposición final.- A presente Ordenanza entrará en vigor tras a preceptiva exposición pública da mesma e será de aplicación de acordo co disposto na Lei 39/1988 do 28 de Decembro, Reguladora das Facendas Locais.(3)

(1) Correspondese cos vixentes artigos 15 e 19 do Texto Refundido da Ley de Facendas Locais

(2) Correspondese co vixente artigo 20 do Texto Refundido da Ley de Facendas Locais

(3) Correspondese co vixente Rexto Refundido da ley de Facendas Locais