San Sadurniño - ORDENANZA FISCAL Nº T-4, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
En aplicación do disposto nos artigos 15 a 27 e 58 do texto refundido da Lei de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a exacción da taxa por expedición de documentos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desempeñada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expidan e de expedientes de que entendan a Administración ou as autoridades municipais.
2. Para tal efecto, considerarase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada pola persoa particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediara solicitude expresa da persoa interesada.
3. Non estará suxeita á taxa a tramitación de expedientes e documentos necesarios para o cumprimento dos deberes de colaboración coa Administración de Xustiza (entendidos estes no que se refire ás certificacións e informes solicitados de oficio polas autoridades xudiciais).
4. Igualmente considerarase non suxeita á presente taxa a expedición de documentos administrativos de calquera clase solicitados por outras Administración públicas no exercicio das súas funcións, ou ben polos organismos autónomos ou sociedades mercantís dependentes destas, sempre que actúen no cumprimento de fins de interese público.
5. Tampouco estarán suxeitos a esta ordenanza os documentos que se tramiten directamente polas propias persoas administradas a través da sede electrónica municipal.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que insten ou soliciten, ou no interese da cal redunde, a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4.-Responsabilidades.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 43 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarias as persoas administradoras das sociedades e as que asuman as tarefas de sindicación, intervención ou liquidación de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, sinalada en función da natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa seguinte tarifa:
|
Concepto |
Tarifa |
|
Epígrafe 1.-Censos e padróns de poboación | |
|
1. Certificacións de empadroamento: | |
|
Do padrón vixente |
2,11 € |
|
De padróns ou censos anteriores, ata 10 anos de antigüidade |
4,23 € |
|
De padróns ou censos anteriores, de máis de 10 anos de antigüidade |
6,34 € |
|
2. Informes e certificacións de residencia, convivencia, dedicación profesional, conduta e similares, así como todos os informes non incluídos noutras epígrafes |
3,17 € |
|
Epígrafe 2.-Certificacións, compulsas e cotexos | |
|
1. Compulsa ou cotexo de copias (por cada folla) |
2,11 € |
|
2. Por certificación dos acordos adoptados polos órganos de goberno |
10,57 € |
|
3. Por certificacións feitas pola Secretaría-Intervención |
5,29 € |
|
4. Por certificación de informes feitos por outros técnicos municipais que non sexan dos servizos urbanísticos |
5,29 € |
|
5. Por certificación de informacións testificais feitas na Alcaldía |
5,29 € |
|
6. Polo bastanteo de poderes que poidan surtir efecto nas tramitacións municipais |
15,86 € |
|
7. Por calquera outra certificación non incluída nos apartados anteriores |
3,17 € |
|
Epígrafe 3.-Documentos relativos ao funcionamento do PIC e outros servizos catastrais | |
|
1. Consultas catastrais (copia de plano en A4) |
2,11 € |
|
2. Consultas catastrais (copia de plano en A3) |
3,17 € |
|
3. Certificados catastrais |
6,34 € |
|
4. Por expedición de copias do catastro histórico |
10,57 € |
|
5. Modificacións de titularidade catastral |
10,57 € |
|
Epígrafe 4.-Tramitación de contratos administrativos | |
|
1. Todos os contratos de obras que deban ser formalizados, en cumprimento do establecido na lexislación aplicable |
5% do OEM (sen IVE) |
|
2. Todos os contratos distintos dos de obras que deban ser formalizados, en cumprimento do establecido na lexislación aplicable |
3% do orzamento (sen IVE) |
|
Epígrafe 5.-Dereitos de exame | |
|
1. Prazas do Grupo A1/A2/B ou asimiladas |
26,44 € |
|
2. Prazas do Grupo C1 ou asimiladas |
15,86 € |
|
3. Prazas do Grupo C2 ou asimiladas |
10,57 € |
|
Epígrafe 6.-Outros expedientes ou documentos | |
|
1. Presentación de instancias xenéricas non recollidas en ningún dos conceptos anteriores |
1,06 € |
|
2. Por fotocopias de documentos alleos a tramitacións municipais | |
|
Fotocopia tamaño A4 B/N |
0,11 € |
|
Fotocopia tamaño A4 en cor |
0,26 € |
|
Fotocopia tamaño A3 B/N |
0,21 € |
|
Fotocopia tamaño A3 en cor |
0,53 € |
|
3. Calquera outro documento ou actuación municipal non incluída en ningunha das epígrafes anteriores |
3,17 € |
2. As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.
Artigo 6.-Beneficios fiscais.
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os que expresamente prevexan as normas con rango de lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.
Artigo 7.-Xeración.
Xerarase a taxa, e nace a obriga de pagamento no momento en que se presente a solicitude que inicie a tramitación dos expedientes e documentos suxeitos á taxa. No caso de iniciación de oficio, a taxa xerarase no momento da expedición do documento, ou do inicio da tramitación do expediente de que se trate.
Artigo 8.-Declaración e ingreso.
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, segundo o modelo aprobado polo Concello, abonándose directamente na Administración nos supostos dos epígrafes 1, 2, 3 e 6. No caso das epígrafes 4 e 5 tramitarase o pago da taxa mediante transferencia bancaria e entrega posterior do xustificante da mesma. Todos os xustificantes integrarán o rexistro de solicitudes.
2. Nos casos de expedientes iniciados ou documentos expedidos de oficio, esixirase no momento da notificación ou entrega da documentación á persoa interesada. Ningunha actuación do Concello pola que se xere a presente taxa xerará ningún efecto mentres non se realizara o abono correspondente.
3. As solicitudes recibidas polos medios sinalados no apartado 4.º do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, nas que non se xustifique o pagamento da presente taxa, serán admitidas provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se emende esa deficiencia. A tal finalidade, requirirase á persoa interesada para que, no prazo de dez días, aboe a cota correspondente, coa indicación de que, en caso de non o facer, se lle terá por desistido na súa petición, arquivándose sen máis trámite, de conformidade co establecido no artigo 68.1 da referida Lei 39/2015.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.