Betanzos - ORDENANZA FISCAL N.º 12 REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN, REFUGALLOS, VALOS E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS
Artigo 1.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa as ocupacións seguintes:
a) Valos, guindastres, elevadores, estadas e outras instalacións semellantes, colocadas na vía pública para a protección ou o servizo das obras lindeiras.
b) Puntais, armazóns de esteo e toda clase de apeos de edificios.
c) Ocupación con mercadorías, materiais de construción, cascallos ou outros elementos similares cuxo destino non sexa permanecer no devandito lugar.
Artigo 2.º.-Suxeitos pasivos.
Se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo o titular da empresa que execute as obras ou o dono destas, se for coñecido.
Artigo 3.º.-Base impoñible e cota tributaria.
A base e a cota tributaria determinaranse de acordo coa seguinte tarifa:
1. Por calquera das ocupacións que constitúen o feito impoñible.
1.1. Por m² ou fracción ao día (senón se superasen os 30 días) 0,79 €
1.2. Por metro cadrado ou fracción por mes 16,59 €
2. Tarifa mínima 40,05 €
Artigo 4.º.-Devindicación.
A taxa devindicarase na súa totalidade no momento de solicitarse a licenza ou iniciarse o aproveitamento, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.
Artigo 5.º.-Bonificacións.
Bonificación do 60% da cota tributaria no caso de actuacións no casco histórico e na zona ARICH.
Artigo 6.º.-Exencións.
Gozarán de exención desta taxa ata o 31 de decembro de 2020 aquelas familias que, polas súas circunstancias persoais estean a ser atendidas, e así o dispoña o informe emitido polos técnicos dos Servizos Sociais do Concello no caso de solicitar licencia de obras de necesidade imperiosa para a habitabilidade da súa vivenda habitual.
Disposición final
A presente Ordenanza, foi aprobada con data de vinte de decembro de 2001 e comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2002 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.