Betanzos - ORDENANZA FISCAL N.º 12 REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN, REFUGALLOS, VALOS E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS
Artigo 1.º Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa as ocupacións seguintes:
a) Valos, guindastres, elevadores, estadas e outras instalacións semellantes, colocadas na vía pública para a protección ou o servizo das obras lindeiras.
b)Puntais, armazóns de esteo e toda clase de apeos de edificios.
c) Ocupación con mercadorías, materiais de construción, cascallos ou outros elementos similares cuxo destino non sexa permanecer no devandito lugar.
Artigo 2.º Suxeitos pasivos
Se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo o titular da empresa que execute as obras ou o dono destas, se for coñecido
Artigo 3.º Base impoñible e cota tributaria
A base e a cota tributaria determinaranse de acordo coa seguinte tarifa:
1. Por calquera das ocupacións que constitúen o feito impoñible
1.1 Por m² ou fracción ao día (senón se superasen os 30 días) 0,79 €
1.2 Por metro cadrado ou fracción por mes 16,59 €
2. Tarifa mínima 40,05 €
Artigo 4.º Devindicación
A taxa devindicarase na súa totalidade no momento de solicitarse a licenza ou iniciarse o aproveitamento, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza. A taxa se esixirá en réxime de autoliquidación. No momento de presentación das solicitudes a taxa ten que estar abonada polos suxeitos pasivos e presentar o xustificante xunto coa solicitude. Os escritos recibidos que non veñan debidamente cubertos serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se enmende a deficiencia. Con este fin, requerirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Artigo 5.º Bonificacións
Bonificación do 60% da cota tributaria no caso de actuacións no casco histórico e na zona ARICH.
Artigo 6.º Exencións
Gozarán de exención desta taxa ata o 31 de decembro de 2020 aquelas familias que, polas súas circunstancias persoais estean a ser atendidas, e así o dispoña o informe emitido polos técnicos dos Servizos Sociais do Concello no caso de solicitar licencia de obras de necesidade imperiosa para a habitabilidade da súa vivenda habitual.
Disposición final
A presente Ordenanza, foi aprobada con data de vinte de decembro de 2001 e comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2002 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.