Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 28. - REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIONS, INSTALACIONS E OBRAS

Publicación provisional: 13/11/2004 BOP Nº: 262
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 16/09/2022

Artigo 1º. Feito Impoñible

O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

Artigo 2º.- Exencións

Está exenta do pago do Imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades locais, que estando suxeitas ao mesmo, vaia a ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto se se trata de obras de investimento novo como de conservación.

Artigo 3º.- Suxeito Pasivo

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, propietarias dos inmobles sobre os que se realicen as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.

2.- Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen solicite as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións e obras, se non fosen os propios contribuíntes.

Artigo 4º.- Base Impoñible

A base deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra e determinarase en función do orzamento achegado polos interesados sempre que o mesmo estivese visado polo colexio oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada de acordo co Anexo A de esta ordenanza. Non formarán parte da base impoñible en ningún caso o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, nin tampouco as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coas devanditas construcións, instalacións ou obras.

Artigo 5º.- Cota Tributaria

A cota deste imposto será a resultante de aplicar á base impoñible o tipo do 2,8%.

Artigo 6º.- Devindicación

O imposto devindícase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.

Artigo 7º.- Bonificación

Establécese bonificación do 90% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que afecten a bens incluídos no Plan Especial de Protección e Ordenación do centro histórico-artístico.

Establécese bonificación do 90% da cota do imposto a favor das obras para a instalación de ascensores en edificios xa construídos e que non contan con instalacións deste tipo.

O outorgamento desta bonificación corresponderá ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

Inicialmente, no momento de presentarse declaración-liquidación, practicarase a bonificación citada, unha vez probada a inclusión no referido Plan Especial. Esta liquidación terá, por tanto, carácter provisional, e elevarase a definitiva unha vez aprobada polo Pleno.

Artigo 8. Xestión do imposto.

1.-O imposto esixirase en réxime de autoliquidación, excepto para os supostos de obras na vía pública, que se xestionarán de acordo co art. 103.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

2.-Os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación polo imposto, no impreso habilitado ao efecto polo Concello e a abonala en calquera entidade colaboradora autorizada ou na Tesourería municipal.

No caso de expedientes susceptibles de outorgamento de licenza de obras ou urbanística, efectuarase o pago da autoliquidación dentro do prazo máximo dun mes contado a partir do momento no que lle foi notificada a concesión da licenza de construción, instalación ou obras e, en todo caso no prazo máximo dun mes dende o comezo daquelas.

No caso de expedientes iniciados mediante a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, os suxeitos pasivos acompañarán xunto a esta documentación xustificante de autoliquidar o imposto e ingresar o seu importe.

A data de ingreso inicia o cómputo do prazo de prescrición de catro anos que dá dereito á devolución do importe abonado mediante autoliquidación.

3.-O pago da autoliquidación terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, esta autoliquidación determinarase a base impoñible, en función:

Ao orzamento aportado polos interesados, sempre que o mesmo estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.

Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta Ordenanza.

Na resolución municipal sobre a toma de coñecemento e dando conformidade á comunicación previa ou declaración responsable efectuada, darase conformidade á autoliquidación do imposto, ou ben corrixirase en función dos prezos medios contidos no Anexo da ordenanza, esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que resulte en concepto de subsanación da autoliquidación efectuada. En caso de diferenzas a favor da Administración municipal, o suxeito pasivo presentará e ingresará autoliquidación complementaria pola cantidade correspondente, dentro do prazo dun mes contado a partires do momento en que lle foi notificada a citada resolución municipal.

4.-Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación, poderá modificar a base impoñible a que se refiren os apartados anteriores, establecendo a obriga de presentar a correspondente autoliquidación complementaria ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que resulte. En caso de diferenzas a autoliquidar polo suxeito pasivo, este presentará e ingresará a autoliquidación pola cantidade correspondente, dentro do prazo dun mes contado a partires do momento en que lle foi notificada a resolución de modificación da base impoñible.

5.-Para estes efectos, no caso de que se modificara o proxecto inicial das construcións, instalacións ou obras e se incrementara o presuposto, unha vez aceptada a modificación pola Administración Municipal, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar no prazo dun mes nova autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.

6.-No suposto de que a correspondente licenza de obras ou urbanística, sexa denegada ou non se executen as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución das cotas satisfeitas, unha vez se lle notifique a denegación da licenza ou formule renuncia expresa á licenza ou caducara a mesma.


Disposición Final

A presente ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá en vigor ata súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO A

LISTADO DE PRECIOS PARA OBRAS DE NOVO ANDAR OU REFORMA

OBRAS MENORES:

1. m2 substitución carpintería.

49,71 €

2. ud. Porta madeira.

80,79 €

3. m2 reposición cristais.

12,43 €

4. m2 reposición cuberta.

18,64 €

5. m2 sollado de terrazo.

12,43 €

6. m2 sollado de cemento.

6,21 €

7. m2 sollado de parqué.

18,64 €

8. m. rodapé.

2,48 €

9. m2 encintado.

1,24 €

10. m2 limpeza paredes pedra.

3,11 €

11. m2 pintura.

2,48 €

12. m2 azulexado.

12,43 €

13. m2 reboque.

7,46 €

14. m2 falso teito.

10,57 €

15. m2 mampara.

55,93 €

16. m2 impermealización.

4,35 €

17. m. baixante.

10,88 €

18. m2 cámara de aire.

12,43 €

19. m2 reixas de seguridade.

62,14 €

20. m2 picar cales.

3,11 €

21. m3 limpeza ou rozamento de terreos.

1,86 €

22. m3 escavación.

3,42 €

23. ud. Punto luz, enchufe.

14,91 €

24. ud. Foxa séptica.

348,01 €

25. ud. Pozo de auga.

932,17 €

26. INSTALACIÓN DE SANITARIOS

26.1. Bañeira.

74,57

26.2. Lavabo.

74,57

26.3. Bidé.

74,57

26.4. Inodoro.

74,57

26.5. Baño completo.

273,44

27. m2 construcción escaleira.

37,29 €

28. apertura de oco.

6,21 €

29. m2 toldo.

62,14 €

30. m2 marquesiña.

186,43 €

31. m2 rótulo opaco saínte.

279,66 €

32. m2 rotulo opaco pegado.

217,50 €

33. m2 rótulo luminoso saínte.

372,87 €

34. m2 rótulo luminoso pegado.

341,80 €

35. CERRES

35.1. m. de aramado con postes.

21,76 €

35.2. m. de bloques de madeira.

15,54 €

35.3. m. de pedra.

46,61 €

36. m3 de muro de contención.

130,50 €

37. m2 construcción cuarto de baño.

310,73 €

38. m2 construcción de galpón.

31,07 €

39. m2 derrubamento de muros.

49,71 €