Vilarmaior - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de agua.

Publicación provisional: 08/10/2003 BOP Nº: 231
Publicación definitiva: 27/11/2003 BOP Nº: 273
Aplicable dende: 01/01/2013

Artigo 1.-Fundamento e natureza

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.

Artigo 2.-Feito impoñible

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.t) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas polo dito servicio.

2. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.

Artigo 4.-Responsables

1. Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Base impoñible e liquidable

Estará constituída por:

No subministro ou distribución da auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.

Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial ou vivenda individual.

Artigo 6.-Cota tributaria

1.- A cota tributaria, é a contida nas tarifas seguintes:

Usos domésticos

 

Cota fixa mensual

3,81 € /abonado mes

Consumo

 

Ata 10 m3/mes

0,30 € /m3

Máis de 10 m3 a 20 m3/mes

0,42 € /m3

Máis de 20 m3/mes

0,98 € /m3

Usos comerciais e industriais/agrícolas e gandeiros

 

Cota fixa mensual

4,77 € /abonado mes

Consumo

 

Ata 10 m3/mes

0,40 € /m3

Máis de 10 m3 a 20 m3/mes

0,59 € /m3

Máis de 20 m3/mes

0,98 € /m3

Usos para obras

 

Cota fixa mensual

4,77 € /abonado mes

Consumo

 

Ata 10 m3/mes

0,40 € /m3

Máis de 10 m3 a 20 m3/mes

0,59 € /m3

Máis de 20 m3/mes

0,98 €/ m3

Conservación de acometidas e contadores

 

De acometidas

0,34 € /abonado mes

De contadores

0,28 €/abonado mes

Xestión de cobro a impagados

 

Cobro aos abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago

4,01 €

Dereitos de obra da acometida á rede de auga municipal e instalación de contador

 

Ata 5 metros á rede em tubería de 1”

636,23 €/unidade

O exceso de 5 metros se facturará previo orzamento realizado pola empresa concesionaria

 

Formalización de póliza por conexión á rede

57,27 €

Formalización de póliza por cambio de titularidade

12,72 €

2.- As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que se engadirá en todo caso.

 

Artigo 7.-Devengo

A taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice o servicio sen ter obtido a previa autorización.

Os dereitos de acometida retribuiranse no momento de solicita-la conexión á rede municipal de abastecemento de auga ou a súa modificación, ou cando a Administración teña coñecemento de instalacións de contadores ou acometidas non autorizadas.

Artigo 8.-Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.

Artigo 9.-Liquidación e recadación

1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.

2.-O pagamento da taxa efectuarase, polo obrigado a realizalo, no prazo de trinta días a partir da data da notificación do recibo.

3.-As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento xeral de recadación.

Artigo 10.-Infraccións e sancións

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei xeral tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

Disposición final

Esta modificación será de aplicación desde o un de xaneiro de 2013.