Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

16:42:38 Sábado 21 de decembro 2024
Estás en:

A sede

Rexistro telemático

Rexistro telemático

O rexistro telemático é a canle electrónica do Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña e permite a presentación de escritos, solicitudes e comunicacións relativas aos trámites provinciais. O seu uso é alternativo á presentación nas oficinas provinciais de rexistro.

Este servizo está operativo as 24 horas do día, durante todos os días do ano, exceptuando as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas.

Acceso ao rexistro telemático


Todos os trámites incluídos no Catálogo de Procedementos acceden automaticamente ao rexistro telemático. 

Lembre que:

1. Para presentar no rexistro telemático outros escritos, solicitudes ou comunicacións relacionadas con calquera outro trámite ou procedemento dirixido aos departamentos da Deputación Provincial da Coruña debe empregar a Solicitude Xeral.

Non poderá utilizar esta vía (Solicitude Xeral) para a presentación de documentación dos servizos:

2. Para calquera xestión relacionada con Tributos locais debe facelo a través da sede electrónica da Oficina Virtual Tributaria da Deputación provincial.

3. As solicitudes dirixidas a outras Administracións deberán realizarse a través das súas correspondentes sedes electrónicas e no seu defecto a través do Rexistro Electrónico Común (REC)

Identificación de acceso

Para poder realizar a presentación telemática de escritos, solicitudes ou comunicacións, é necesario identicarse a través do sistema cl@ve.

Acceda ao apartado de axuda para consultar as guías de acompañamento.