Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 13. - REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS DESDE A VÍA PÚBLICA AOS EDIFICIOS, LOCAIS E SOLARES E DAS RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO, CARGA, DESCARGA E OUTRAS ACTIVIDADES EN INTERESE PARTICULAR
Artigo 1.º Feito impoñible
Constitúen o feito impoñible desta taxa, a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías municipais, nos casos seguintes:
A) Entradas de vehículos en edificios, solares, fábricas, talleres e en xeral, en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público, xa teñan licenza de vao permanente, laboral ou nocturno.
B) Reservas permanentes para actividades distintas do acceso a inmobles.
C) Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, construción, servizos e subministracións.
Artigo 2.º Base impoñible
Tomarase como base para determinar a cota:
a) Nas entradas de vehículos, a lonxitude da entrada e a superficie do local.
b) Nas reservas permanentes, a superficie do espazo reservado.
c) Na autorización de entradas no casco antigo e nas reservas temporais, o peso máximo autorizado do vehículo e a duración do uso.
Artigo 3.º Tarifas
Exixiranse as seguintes.
1. Entrada ou paso de vehículos ou carruaxes aos inmobles, por metro lineal ou fracción ao ano | Permanente |
1.1. Ata 50 m² de superficie do local | 105,54 € |
1.2. De 51 a 100 m² de superficie | 117,43 € |
1.3. De 101 a 200 m² de superficie | 136,99 € |
1.4. De 201 a 500 m² de superficie | 207,61 € |
1.5. De 501 a 1000 m² de superficie | 284,71 € |
1.6. De máis de 1000 m² de superficie | 407,53 € |
As cotas anteriores aplicaranse ata 3 metros lineais de reserva de aparcadoiro. Por cada metro lineal ou fracción de reserva en exceso aplicarase un 25% adicional. |
|
1.7. Vaos: placa e selo municipal | 29,63 € |
2. Reservas permanentes para actividades distintas do acceso aos inmobles, para aparcadoiro exclusivo e permanente, ao ano por m² | 26,09 € |
3. Na autorización de entradas e nas reservas temporais |
|
3.1. Pola autorización de entrada, cargamento e descargamento de mercadorías no horario autorizado, ao ano, por metro lineal ou fracción | 40,33 € |
3.2. Por autorización diaria para igual finalidade que no apartado 3.1 ao día | 34,33 € |
3.3. Pola autorización de entrada para cargamento e descargamento de mercadorías no casco histórico ou rúas con limitación da tonelaxe e en horario autorizado |
|
Vehículos con P.M.A. De máis de 3500 kg. Ata 10 500 kg | 64,65 € |
Vehículos con P.M.A. Superior de 10 500 kg | 90,30 € |
Artigo 4.º Devindicación
A taxa devindicarase no momento de solicitarse a licenza ou ao comezo do aproveitamento, aínda cando non se obtivo a correspondente licenza. Os aproveitamentos continuados, terán periodicidade anual.
Artigo 5.º Exencións
Quedaran exentos destas taxas ata o 31 de decembro de 2021 o/as traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, así como as microempresas que teñan o domicilio fiscal da actividade no concello de Betanzos e que a actividade que desenvolven se vira afectada polo peche de establecementos concertados no RD 465/2020 do 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 do 14 de marzo ou, non sendo o caso, que a actividade desenvolvida polos autónomos sufriu unha redución da súa facturación durante o mes seguinte á declaración do estado de alarma como mínimo do 50%, en relación coa media realizada no semestre natural anterior á declaración do documento estado de alarma.
Disposición final
A presente Ordenanza, foi aprobada con data vinte de decembro de 2001 e comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2002 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.