Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 13. - REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS DESDE A VÍA PÚBLICA AOS EDIFICIOS, LOCAIS E SOLARES E DAS RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO, CARGA, DESCARGA E OUTRAS ACTIVIDADES EN INTERESE PARTICULAR

Publicación provisional: 29/12/2001 BOP Nº: 297
Publicación definitiva: 29/12/2001 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/03/2021

Artigo 1.º Feito impoñible

Constitúen o feito impoñible desta taxa, a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías municipais, nos casos seguintes:

A) Entradas de vehículos en edificios, solares, fábricas, talleres e en xeral, en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público, xa teñan licenza de vao permanente, laboral ou nocturno.

B) Reservas permanentes para actividades distintas do acceso a inmobles.

C) Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, construción, servizos e subministracións.

Artigo 2.º Base impoñible

Tomarase como base para determinar a cota:

a) Nas entradas de vehículos, a lonxitude da entrada e a superficie do local.

b) Nas reservas permanentes, a superficie do espazo reservado.

c) Na autorización de entradas no casco antigo e nas reservas temporais, o peso máximo autorizado do vehículo e a duración do uso.

Artigo 3.º Tarifas

Exixiranse as seguintes.

1. Entrada ou paso de vehículos ou carruaxes aos inmobles, por metro lineal ou fracción ao ano

Permanente

1.1. Ata 50 m² de superficie do local

105,54 €

1.2. De 51 a 100 m² de superficie

117,43 €

1.3. De 101 a 200 m² de superficie

136,99 €

1.4. De 201 a 500 m² de superficie

207,61 €

1.5. De 501 a 1000 m² de superficie

284,71 €

1.6. De máis de 1000 m² de superficie

407,53 €

As cotas anteriores aplicaranse ata 3 metros lineais de reserva de aparcadoiro. Por cada metro lineal ou fracción de reserva en exceso aplicarase un 25% adicional.

 

1.7. Vaos: placa e selo municipal

29,63 €

2. Reservas permanentes para actividades distintas do acceso aos inmobles, para aparcadoiro exclusivo e permanente, ao ano por m²

26,09 €

3. Na autorización de entradas e nas reservas temporais

 

3.1. Pola autorización de entrada, cargamento e descargamento de mercadorías no horario autorizado, ao ano, por metro lineal ou fracción

40,33 €

3.2. Por autorización diaria para igual finalidade que no apartado 3.1 ao día

34,33 €

3.3. Pola autorización de entrada para cargamento e descargamento de mercadorías no casco histórico ou rúas con limitación da tonelaxe e en horario autorizado

 

Vehículos con P.M.A. De máis de 3500 kg. Ata 10 500 kg

64,65 €

Vehículos con P.M.A. Superior de 10 500 kg

90,30 €

Artigo 4.º Devindicación

A taxa devindicarase no momento de solicitarse a licenza ou ao comezo do aproveitamento, aínda cando non se obtivo a correspondente licenza. Os aproveitamentos continuados, terán periodicidade anual.

Artigo 5.º Exencións

Quedaran exentos destas taxas ata o 31 de decembro de 2021 o/as traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, así como as microempresas que teñan o domicilio fiscal da actividade no concello de Betanzos e que a actividade que desenvolven se vira afectada polo peche de establecementos concertados no RD 465/2020 do 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 do 14 de marzo ou, non sendo o caso, que a actividade desenvolvida polos autónomos sufriu unha redución da súa facturación durante o mes seguinte á declaración do estado de alarma como mínimo do 50%, en relación coa media realizada no semestre natural anterior á declaración do documento estado de alarma.

Disposición final

A presente Ordenanza, foi aprobada con data vinte de decembro de 2001 e comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2002 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.