Cambre - Ordenanza fiscal de la tasa por expedición de documentos administrativos.
Artículo 7.º .-Tarifa.
A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase do seguinte xeito:
- Exemplar das ordenanzas fiscais, 15,03 euros.
- Certificacións de documentos de acordos municipais do ano en que andamos, 15.03 euros.
- Certificacións de documentos de acordos municipais de anos anteriores, 18,03 euros.
- Certificacións sobre sinais ou situacións de tráfico, 15,03 euros.
- Resto de certificacións, 15,03 euros.
- Validación de poderes, 15,03 euros.
- Certificacións emitidas por técnicos municipais, 15,03 euros.
- Expedición a instancia de particulares interesados en copias de atestados policiais, 15,03 euros.
- Certificación de cualificación urbanística, 30,05 euros.
- Por cada documento que se expida en fotocopia:
* por folio de tamaño DIN A4, 0,45 euros.
* por folio DIN A4, de expedientes de contratación, 0,30 euros.
* por folla tamaño DIN A3, 0,60 euros.
* maior DIN A3, por folla, 30,05 euros.
* compulsa de documentos, por folio, 0,60 euros.
* compulsa de documentos esixidos para obter prestacións dos servicios sociais municipais ou de axuda ás familias por fillos cursando estudios (bolsas de estudio), por folio, 0 euros.
- Documentación catastral:
* copia de fotografía aérea en papel opaco, por unidade, 6,01 euros.
* copia de cartografía en papel opaco DIN A-3 ou DIN A-4, por unidade, 6,01 euros.
* copia de cartografía en papel opaco en tamaño superior a DIN A-3, por unidade, 12,02 euros.
- Copia de cartografía en papel reproducible, por unidade, 30,05 euros.
- Copia de cartografía dixitalizada urbana, por hectárea, 3,00 euros.
- Información alfanumérica dixital urbana, por rexistro, 0,06 euros.
- Expedición de copias de información non gráfica de expedientes, por folla, 0,30 euros.
- Nas certificacións catastrais descriptivas e gráficas referidas unicamente a unha unidade urbana, a contía será de 12,02 euros por documento expedido.
- Nas certificacións catastrais que incorporen datos con antigüidade superior a cinco anos, a contía da taxa incrementarase en 30,05 euros por cada documento expedido.
A entrega e utilización de información catastral gráfica e alfanumérica estarán suxeitas á lexislación sobre a propiedade intelectual. Os dereitos de autor corresponderán, en todo caso, ó Concello de Cambre e á Administración Xeral do Estado na proporción que se determine na forma prevista no correspondente convenio de cooperación.