Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 6, REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.

Publicación provisional: 26/06/1998 BOP Nº: 141
Publicación definitiva: 26/06/1998 BOP Nº: 141
Aplicable dende: 30/03/2011

Artigo 1º . - Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a "taxa por expedición de documentos administrativos" que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do citado Real decreto lexislativo 2/2004.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.

 

2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

 

3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.

Artigo 3º . - Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as personas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º . - Responsables

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as personas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.

Artículo 5.º .-Exencións.

Terán una exención subxectiva aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, según informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ó respecto.

Artigo 6º. - Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza  dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

 

2. A cota de tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluida a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7º .-Tarifa.

A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase da seguinte maneira:

Outros documentos:

Exemplar de ordenanzas fiscais

24,00 euros

Bastanteo de poderes

25,00 euros

Entrega de documentación administrativa en CD-ROM

15,00 euros/ unidade

Por cada expediente para celebración de voda civil no Concello

1. Cando algún dos contraíntes sexa veciño do municipio

90,00 euros

2. Cando ningún dos contraíntes sexa veciño do municipio

180,00 euros

Por cada inscrición no Libro rexistro de unións non matrimoniais

12,00 euros

Certificado de empadroamento do padrón vixente

2,00 euros

Certificado de empadroamento de padróns anteriores:

1.  Ata padrón ano 1981, incluído

4,00 euros

2.  Padróns anteriores a 1981: engadirase á cota anterior, por cada 5 anos

1,20 euros

Certificación de acordos municipais:

1. Do ano en curso

10,00 euros

2. De anos anteriores

12,00 euros

Expedición informes emitidos pola policía local relativos a accidentes de circulación

50,00 euros

Expedición de outros informes emitidos pola policía local

10,00 euros

Expedición de tarjetas de armas o permiso de uso de escopetas de aire comprimido, u otros tramitados ante la policia local

12,00 euros

Expedición de informes sociais

0,00 euros

Outros informes non comprendidos en apartados anteriores

3,00 euros

Outras certificacións non comprendidas en apartados anteriores:

1. Cando precisen de informe técnico

15,00 euros

2. Cando non precisen de informe técnico

2,00 euros

Por cada fotocopia de documentos obrantes nas Bibliotecas municipais ou impresión de documentos dixitais (sendo 30 o número máximo permitido ó día)

1. Por folio tamaño DIN A-4

0,05 euros

2. Por folla tamaño DIN A- 3

0,10 euros

Expedición do Carné Propio da OMIX

12,00 euros

Expedición duplicado do carné propio da OMIX

6,00 euros

Artigo 8º.-Bonificacións da cota.

Non se concederá ningunha bonificación dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa, salvo no concerninte a dereitos de inscripción en procesos de selección de persoal en que se aplicará unha reducción do 50 % da tarifa a aqueles que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, de 6 meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas que soliciten a súa participación.

Artigo 9º. - Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

 

2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º . - Declaración e ingreso

1. A taxa esixirase polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.

2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade se requerirá ó interesado para que, no plazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xuzgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfacera a correspondente cota tributaria.

Artigo 11º . - Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento."