Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 6, REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.
Artigo 1º . - Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a "taxa por expedición de documentos administrativos" que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do citado Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2º. - Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.
2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
Artigo 3º . - Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as personas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4º . - Responsables
Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as personas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Artículo 5.º .-Exencións.
Terán una exención subxectiva aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, según informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ó respecto.
Artigo 6º. - Cota tributaria.
Artigo 7º .-Tarifa.
A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase da seguinte maneira:
Planos, fotocopias e documentos técnicos | |
Por cada documento que se expida en fotocopia: | |
1. Por folio de tamaño DIN A-4 | 0,15 euros |
2. Por folla tamaño DIN A-3 | 0,20 euros |
3. Mayor DIN A-3, por folla | |
3.1. A primeira copia | 6,00 euros |
3.2. As copias restantes | 2,00 euros |
4. Fotocopia e compulsa de documentos: | |
4.1. polo primeiro folio | 1,00 euro |
4.2. por cada un dos restantes | 0,20 euros |
6. Fotocopia e compulsa de documentos esixidos para a obtención de prestacións dos servicios sociais municipais ou de axuda ás familias por fillos cursando estudios (bolsa de estudios), por folio | 0,00 euros |
7. Fotocopia e compulsa de documentos aportados como xustificación de subvencións e axudas concedidas ó abeiro das convocatorias públicas municipais e procedementos análogos, por folio | 0,00 euros |
"
Artigo 8º.-Bonificacións da cota.
Artigo 9º. - Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10º . - Declaración e ingreso
1. A taxa esixirase polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.
2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade se requerirá ó interesado para que, no plazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xuzgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfacera a correspondente cota tributaria.
Artigo 11º . - Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento."