Ribeira - ORDENANZA Nº 19, REGULADORA DA TAXA POLO SERVICIO DE MERCADOS MUNICIPAIS

Publicación provisional: 18/11/2003 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2004

ARTIGO 5.- Cota Tributaria.

1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no parágrafo seguinte para cada un dos distintos servicios ou actividades.

2.- Tarifas:

Epígrafe 1- Licencias na Praza de Abastos:

1.- Casillas clase A:

- Con 1 ano de vixencia: 87,69 euros.

- Con 5 anos de vixencia: 526,10 euros.

- Con 10 anos de vixencia: 1.227,62 euros.

2.- Casillas clase B:

- Con 1 ano de vixencia: 54,81 euros.

- Con 5 anos de vixencia: 328,84 euros.

- Con 10 anos de vixencia: 767,26 euros.

3.- Postos clase C:

- Con 1 ano de vixencia: 36,56 euros.

- Con 5 anos de vixencia: 219,22 euros.

- Con 10 anos de vixencia: 511,51 euros.

4.- Almacéns ou depósitos: a mesma contia que as Casillas de clase B, segundo o periodo de vixencia.

Epígrafe 2- Ocupación de postos na Praza de Abastos e Mercado de Palmeira:

1.- Casillas clase A: 101,935944 euros/mes.

2.- Casillas clase B: 51,019716 euros/mes.

3.- Casillas clase C: 10,245338 euros/mes.

4.- Almacéns ou depósitos: 51,019716 euros/mes.

Epígrafe 3- Bonos para venda de quiñóns: Aboaranse 1,552323 euros/día por cada posto ocupado.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 13-11-2003, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.