Ribeira - Ordenanza fiscal núm. 19, reguladora da taxa polo servizo de mercados municipais

Publicación provisional: 09/11/2011 BOP Nº: 213
Publicación definitiva: 29/12/2011 BOP Nº: 247
Aplicable dende: 01/01/2012

ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola prestación do servicio de Mercados Municipais, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no art. 57 do citado R.D.L. 2/2004.

ARTIGO 2-Feito Impoñible.

Constitue o feito impoñible desta taxa:

a)-A concesión de licencias para a explotación de postos nos mercados municipais.

b)-A ocupación de postos nos mercados municipais, ou utilización das instalacións municipais de mercados.

ARTIGO 3.- Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa regulada nesta Ordenanza as persoas físicas ou xurídicas titulares da preceptiva licencia municipal para a utilización das instalacións municipais de mercado, ou quen se beneficie dos servicios ou actividades, prestados ou realizados por este Concello ós que se refire o artigo anterior.

ARTIGO 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.

ARTIGO 5.- Cota Tributaria.

1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no parágrafo seguinte para cada un dos distintos servicios ou actividades.

2.- Tarifas:

Epígrafe 1- Licencias na Praza de Abastos:

       1.- Casillas clase A:

   - Con 1 ano de vixencia: 100,32 euros.

   - Con 5 anos de vixencia: 601,91 euros.

   - Con 10 anos de vixencia: 1.404,51 euros.

       2.- Casillas clase B:

   - Con 1 ano de vixencia: 62,71 euros.

   - Con 5 anos de vixencia: 376,23 euros.

   - Con 10 anos de vixencia: 877,82 euros.

        3.- Postos clase C:

   - Con 1 ano de vixencia: 41,83 euros.

   - Con 5 anos de vixencia: 250,81 euros.

   - Con 10 anos de vixencia: 585,21 euros.

        4.- Almacéns ou depósitos: a mesma contia que as Casillas de clase B, segundo o periodo de vixencia.

Epígrafe 2- Ocupación de postos na Praza de Abastos e Mercado de Palmeira:

        1.- Casillas clase A: 116,624343 euros/mes.

2.- Casillas clase B: 58,371371 euros/mes.     

        3.- Casillas clase C: 11,721633 euros/mes.

        4.- Almacéns ou depósitos: 58,371371 euros/mes.

Epígrafe 3- Bonos para venda de quiñóns: Aboaranse 1,776003 euros/día por cada posto ocupado.

ARTIGO 6.- Devengo.

1.- Devéngase a taxa regulada nesta Ordenanza dende que se autorice o dereito de poder utilizar as instalacións dos mercados, ata a caducidade da licencia, salvo que os titulares da mesma renuncien expresamente á mesma. Neste caso, a obrigación de pago pola ocupación das instalacións rematará no mes seguinte ó da renuncia. As contías pola concesión da licencia serán irreducibles. Igualmente devéngase a taxa dende o momento da ocupación efectiva do posto no caso de carecer da preceptiva licencia ou no caso dos bonos para venda de quiñóns.

ARTIGO 7.- Declaración, liquidación e ingreso

1.- Requisitos para a obtención da licencia de uso das instalacións.

A)-Estar ó corrente no Imposto de Actividades Económicas correspondente á actividade a desenrolar.

B)- Estar ó corrente de pago na Seguridade Social.

C)- No caso de productos alimenticios, estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.

D)- Presentaranse no momento da solicitude, dúas fotografías para a expedición do carné acreditativo da licencia, que deberá amosarse a calquera empregado municipal que o solicite.

2.- Os titulares das licencias unicamente poderán adicarse avenda dos productos que se especifican na mesma.

3.- As licencias non poderán ser transferidas ou subarrendadas. O incumprimento deste precepto será causa automática de revocación da licencia.

4.- Trimestralmente practicaranse as oportunas liquidacións por ocupación de postos, que se notificarán conforme ó previsto no art. 102.1 e 102.2 da Lei Xeral Tributaria para o seu ingreso na Tesoureiría Municipal nos prazos previstos no art. 20.2 do Regulamento Xeral de Recadación.

5.- No caso de licencias anuais, liquidaranse xunto coa liquidación por ocupación do último trimestre no ano. Nas licencias de 5 ou 10 anos esixirase o seu depósito previo na Tesoureiría Municipal no momento de presenta-la solicitude.

6.- Para a ocupación de postos para venda de quiñóns deberán adquirirse previamente os bonos ó efecto na Tesoureiría Municipal.

7.- As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza esixiranse mediante o procedemento de apremio.

ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos art.181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 29-10-2007, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.