Ribeira - B.2.9 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE MERCADOS MUNICIPAIS
ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de mercados municipais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no art. 57 do citado R.D.L. 2/2004.
ARTIGO 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa:
a) A concesión de licencias para a explotación de postos nos mercados municipais.
b) A ocupación de postos nos mercados municipais, ou utilización das instalacións municipais de mercados.
ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.
Serán suxeitos pasivos da taxa regulada nesta Ordenanza as persoas físicas ou xurídicas titulares da preceptiva licenza municipal para a utilización das instalacións municipais de mercado, ou quen se beneficie dos servizos ou actividades, prestados ou realizados por este Concello ós que se refire o artigo anterior.
ARTIGO 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.
ARTIGO 5.- Cota Tributaria.
1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no parágrafo seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2.- Tarifas:
Epígrafe 1- Licencias na Mercado de Palmeira:
1.- Posto pechado planta baixa con acceso independente:
- Con 1 ano de vixencia: 105,29 €/ano.
2.- Resto postos pechados:
- Con 1 ano de vixencia: 65,81 €/ano.
3.- Postos abertos:
- Con 1 ano de vixencia: 43,90 €/ano.
Epígrafe 2- Ocupación de postos no Mercado de Palmeira:
1.- Posto pechado planta baixa con acceso independente: 122,398415 €/mes.
2.- Resto postos pechados: 61,261338 €/mes.
3.- Postos abertos (mesas peixe): 12,301971 €/mes.
4.- Almacéns ou depósitos: 20% da tarifa mensual do posto asociado, salvo no caso dos postos abertos, cuxa tarifa mensual será a mesma ca do posto tipificado no apartado 3.
Epígrafe 4- Licencias no Mercado Municipal de Riveira:
1.- Postos pechados:
- Con 1 ano de vixencia: 105,29 €/ano.
2.- Postos abertos:
- Con 1 ano de vixencia: 65,81 €/ano.
Epígrafe 5- Ocupación de postos no Mercado Municipal de Riveira:
1.- Postos pechados: 120 €/mes.
2.- Postos abertos: 100 €/mes.
3.- Almacéns ou depósitos: 20% da tarifa mensual do posto asociado.
3.- Os custes enerxéticos derivados de cada posto (frigoríficos, cámaras, expositores,....etc) aberto ou pechado en ambos Mercados (Riveira e Palmeira), serán a cargo do adxudicatario do posto, tendo a obriga de asinar contrato coa compañía subministradora de electricidade e da presentación dunha copia ante o Concello.
ARTIGO 6.- Devengo.
Devéngase a taxa regulada nesta Ordenanza dende que se autorice o dereito de poder utilizar as instalacións dos mercados, ata a caducidade da licenza, salvo que os titulares da mesma renuncien expresamente á mesma. Neste caso, a obriga de pago pola ocupación das instalacións rematará no mes seguinte ó da renuncia. As contías pola concesión da licenza serán irredutibles. Igualmente devéngase a taxa dende o momento da ocupación efectiva do posto no caso de carecer da preceptiva licenza ou no caso dos bonos para venda de quiñóns.
ARTIGO 7.- Declaración, liquidación e ingreso.
1.- Requisitos para a obtención da licenza de uso das instalacións.
a) Estar ó corrente no imposto de actividades económicas correspondente á actividade a desenrolar.
b) Estar ó corrente de pago na Seguridade Social.
c) No caso de produtos alimenticios, estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.
d) Presentaranse no momento da solicitude, dúas fotografías para a expedición do carné acreditativo da licenza, que deberá amosarse a calquera empregado municipal que o solicite.
2.- Os titulares das licencias unicamente poderán adicarse á venda dos produtos que se especifican na mesma.
3.- As licencias non poderán ser transferidas ou subarrendadas. O incumprimento deste precepto será causa automática de revogación da licenza.
4.- Trimestralmente practicaranse as oportunas liquidacións por ocupación de postos, que se notificarán conforme ó previsto no art. 102.1 e 102.2 da Lei Xeral Tributaria para o seu ingreso na Tesourería Municipal nos prazos previstos no art. 20.2 do Regulamento Xeral de Recadación.
5.- As licencias anuais liquidaranse xunto coa liquidación por ocupación do último trimestre no ano.
6.- As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza esixiranse mediante o procedemento de prema.
ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos art.181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.