Ribeira - B.2.9 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE MERCADOS MUNICIPAIS
ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos
ARTIGO 2-Feito Impoñible.
Constitue o feito impoñible desta taxa:
a)-A concesión de licencias para a explotación de postos nos mercados municipais.
b)-A ocupación de postos nos mercados municipais, ou utilización das instalacións municipais de mercados.
ARTIGO 3.- Suxeito pasivo
Serán suxeitos pasivos da taxa regulada nesta Ordenanza as persoas físicas ou xurídicas titulares da preceptiva licencia municipal para a utilización das instalacións municipais de mercado, ou quen se beneficie dos servicios ou actividades, prestados ou realizados por este Concello ós que se refire o artigo anterior.
ARTIGO 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.
ARTIGO 5.- Cota Tributaria.
1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no parágrafo seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2.- Tarifas:
Epígrafe 1- Licenzas na Praza de Abastos:
1.- Casillas clase A:
- Con 1 ano de vixencia: 105,29 €.
- Con 5 anos de vixencia: 631,71 €.
- Con 10 anos de vixencia: 1.474,05 €.
2.- Casillas clase B:
- Con 1 ano de vixencia: 65,81 €.
- Con 5 anos de vixencia: 394,86 €.
- Con 10 anos de vixencia: 921,28 €.
3.- Postos clase C:
- Con 1 ano de vixencia: 43,90 €.
- Con 5 anos de vixencia: 263,23 €.
- Con 10 anos de vixencia: 614,19 €.
4.- Almacéns ou depósitos: a mesma contía que as Casillas de clase B, segundo o período de vixencia.
Epígrafe 2- Ocupación de postos na Praza de Abastos e Mercado de Palmeira:
1.- Casillas clase A: 122,398415 €/mes.
2.- Casillas clase B: 61,261338 €/mes.
3.- Casillas clase C: 12,301971 €/mes.
4.- Almacéns ou depósitos: 61,261338 €/mes.
Epígrafe 3- Bonos para venda de quiñóns: Aboaranse 1,863934 €/día por cada posto ocupado.
ARTIGO 6.- Devengo.
1.- Devéngase a taxa regulada nesta Ordenanza dende que se autorice o dereito de poder utilizar as instalacións dos mercados, ata a caducidade da licencia, salvo que os titulares da mesma renuncien expresamente á mesma. Neste caso, a obrigación de pago pola ocupación das instalacións rematará no mes seguinte ó da renuncia. As contías pola concesión da licencia serán irreducibles. Igualmente devéngase a taxa dende o momento da ocupación efectiva do posto no caso de carecer da preceptiva licencia ou no caso dos bonos para venda de quiñóns.
ARTIGO 7.- Declaración, liquidación e ingreso
1.- Requisitos para a obtención da licencia de uso das instalacións.
A)-Estar ó corrente no Imposto de Actividades Económicas correspondente á actividade a desenrolar.
B)- Estar ó corrente de pago na Seguridade Social.
C)- No caso de productos alimenticios, estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.
D)- Presentaranse no momento da solicitude, dúas fotografías para a expedición do carné acreditativo da licencia, que deberá amosarse a calquera empregado municipal que o solicite.
2.- Os titulares das licencias unicamente poderán adicarse avenda dos productos que se especifican na mesma.
3.- As licencias non poderán ser transferidas ou subarrendadas. O incumprimento deste precepto será causa automática de revocación da licencia.
4.- Trimestralmente practicaranse as oportunas liquidacións por ocupación de postos, que se notificarán conforme ó previsto no art. 102.1 e 102.2 da Lei Xeral Tributaria para o seu ingreso na Tesoureiría Municipal nos prazos previstos no art. 20.2 do Regulamento Xeral de Recadación.
5.- No caso de licencias anuais, liquidaranse xunto coa liquidación por ocupación do último trimestre no ano. Nas licencias de 5 ou 10 anos esixirase o seu depósito previo na Tesoureiría Municipal no momento de presenta-la solicitude.
6.- Para a ocupación de postos para venda de quiñóns deberán adquirirse previamente os bonos ó efecto na Tesoureiría Municipal.
7.- As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza esixiranse mediante o procedemento de apremio.
ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos art.181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data