Ribeira - B.2.7 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE MERCADOS MUNICIPAIS

Publicación provisional: 20/02/2017 BOP Nº: 35
Publicación definitiva: 17/04/2017 BOP Nº: 71
Aplicable dende: 17/04/2017

ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de mercados municipais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no art. 57 do citado R.D.L. 2/2004.

ARTIGO 2.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa:

A concesión da ocupación de postos ou locais nos mercados municipais, ou utilización das instalacións municipais de mercados.

ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.

Serán suxeitos pasivos da taxa regulada nesta Ordenanza as persoas físicas ou xurídicas titulares da preceptiva concesión municipal para a utilización das instalacións municipais de mercado, ou quen se beneficie dos servizos ou actividades, prestados ou realizados por este Concello ós que se refire o artigo anterior.

ARTIGO 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.

ARTIGO 5.- Cota Tributaria.

1.- A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no parágrafo seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.

De acordo co previsto no artigo 24.1 b) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, nos casos en que se utilicen procedementos de licitación pública, o importe da taxa virá determinado polo valor económico da proposición sobre a que recaia a concesión, autorización ou adxudicación, tendo nese caso os valores indicados neste artigo o carácter de mínimos.

2.- Tarifas:

Epígrafe 1- Ocupación de postos no Mercado de Riveira:

PRANTA BAIXA

especificacións

tarifa posto mes

tarifa posto ano

posto 1

pechado con almacén

175

2100

posto 2

pechado

155

1860

posto 3

pechado

155

1860

posto 4

pechado con almacén

175

2100

posto 5

pechado

155

1860

posto 6

pechado

155

1860

posto 7

pechado

155

1860

posto 8

mesa 8m

140

1680

posto 9

mesa 2m

110

1320

posto 10

mesa 2m

110

1320

posto 11

mesa 2m

110

1320

posto 12

mesa 2m

110

1320

posto 13

mesa 4m

130

1560

posto 14

mesa 2m

110

1320

posto 15

mesa 2m

110

1320

posto 16

mesa 3m

120

1440

posto 17

mesa 2m

110

1320

posto 18

mesa 2m

110

1320

posto 19

mesa 2m

110

1320

posto 20

mesa 3m

120

1440

posto 21

mesa 2m

110

1320

PRANTA 1ª

posto 22

terraza compartida

100

1200

posto 23

terraza compartida

155

1860

posto 24

terraza compartida

155

1860

posto 25

terraza compartida

310

3720

PRANTA 3ª

local 26

 

600

7200

 

Epígrafe 2- Ocupación de postos no Mercado Municipal de Palmeira:

PRANTA BAIXA

especificacións

tarifa posto mes

tarifa posto ano

local 1

cerrado con almacén e acceso independente

325

3900

PRANTA 1ª

posto 2

cerrado

70

840

posto 3

cerrado

70

840

posto 4

cerrado

70

840

posto 5

cerrado

70

840

posto 6

mesa

18

216

posto 7

mesa

18

216

posto 8

mesa

18

216

posto 9

mesa

18

216

Epígrafe 3- Servizo de xeo:

Servizo de xeo

30 € ao mes

Dito servizo requirirá da previa solicitude do titular da ocupación segundo modelo establecido ao efecto.

3.- Os custes enerxéticos (frigoríficos, cámaras, expositores,....etc) derivados de cada posto ou local pechado dos Mercados de Riveira e Palmeira, serán a cargo do adxudicatario do posto ou local, tendo a obriga de asinar contrato coa compañía subministradora de electricidade ou gas natural e da presentación dunha copia ante o Concello.

Os postos afectados por esta medida son:

 

Mercado de Riveira:

Planta baixa:

Posto nº 1, nº 2, nº3, nº4, nº5 , nº 6 e nº 7 do plano do Mercado.

Planta primeira:

Posto nº 22, nº 23, nº 24 e nº 25 do plano do Mercado.

Planta terceira + terraza:

Posto ou local nº 26 do plano do Mercado.

 

Mercado de Palmeira:

Planta baixa:

Posto nº 1 do plano do Mercado.

Planta primeira:

Posto nº 2, nº 3 e nº 4 do plano do Mercado.

 

4) As dúas illas de postos abertos da planta baixa do Mercado de Riveira, disporán dun contador, polo que o Concello repercutirá aos adxudicatarios dos mesmos os consumos anuais prorrateados linealmente entre o número de postos existentes (14), a fin de que estes efectúen o reintegro das contías correspondentes xunto co pagamento da taxa regulada nesta ordenanza, nos termos indicados no artigo 7.5 desta ordenanza.

Os postos afectados por esta medida son:

Posto nº 8, nº 9, nº 10, nº 11, nº 12, nº 13, nº 14, nº 15 , nº 16, nº 17, nº 18, nº 19, nº 20 e nº 21 do plano do Mercado.

Exceptúanse desta medida os postos nº 8, 9 e 12, sempre e cando non dispoñan de neveira.

ARTIGO 6.- Devengo.

Devéngase a taxa regulada nesta Ordenanza dende que se autorice o dereito de poder utilizar a concesión das instalacións dos mercados, ata a caducidade da mesma, salvo que os titulares da mesma renuncien expresamente á mesma. Neste caso, a obriga de pago pola ocupación das instalacións rematará no mes seguinte ó da renuncia. As contías polas concesións serán irredutibles.

ARTIGO 7.- Declaración, liquidación e ingreso.

1.- Requisitos para a obtención da concesión de uso das instalacións.

a) Estar ó corrente no imposto de actividades económicas correspondente á actividade a desenrolar.

b) Estar ó corrente de pago na Seguridade Social.

c) No caso de produtos alimenticios, estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.

d) Presentaranse no momento da solicitude, dúas fotografías para a expedición do carné acreditativo da concesión, que deberá amosarse a calquera empregado municipal que o solicite.

e) Presentarase no momento da solicitude autorización de domiciliación bancaria dos pagamentos derivados desta ordenanza.

2.- Os titulares das concesións unicamente poderán adicarse á venda dos produtos que se especifican na mesma.

3.- Trimestralmente practicaranse as oportunas liquidacións pola ocupación de postos ou locais, que se notificarán conforme ó previsto no art. 102 e 102 da Lei Xeral Tributaria para o seu ingreso na Tesourería Municipal nos prazos previstos no art. 20.2 do Regulamento Xeral de Recadación.

5.- Os consumos enerxéticos establecidos no artigo 5 no seu apartado nº 4, notificaranse xunto coa liquidación por ocupación do primeiro trimestre no ano seguinte ao período que fai referencia ditos consumos.

6.- Os pagamentos regulados nesta ordenanza deberá efectuarse mediante domiciliación bancaria.

7.- As cotas liquidadas e non satisfeitas en período voluntario de cobranza esixiranse mediante o procedemento de prema.

ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos art.181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.