Melide - Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo da escola infantil municipal.

Publicación provisional: 19/11/2004 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 31/12/2004

artigo 5 base impoñible e cota tributaria

"1. A cota tributaria calcularase de acordo coas seguintes tarifas:

 

Renda per cápita Cota mensual
Inferior a 120,20 euros Exento total
De 120,21 a 180,30 euros 18,59 euros
De 180,31 a 240,40 euros 39,25 euros
De 240,41 a 300,51 euros 45,45 euros
De 300,52 a 360,61 euros 51,65 euros
De 360,62 a 420,71 euros 57,85 euros
De 420,72 a 480,81 euros 65,08 euros
De 480,82 a 540,91 euros 71,28 euros
De 540,92 a 601,01 euros 77,48 euros
Máis de 601,02 euros 83,67 euros

 

- Servizo de almorzo: 3,10 euros mensualmente.

- Servizo de almorzo por día: 1 euro.

- Servizo de comedor: 10,33 euros mensualmente.

- Servicio de merenda: 3,10 euros mensualmente.

- O prezo da hora extra será o 10 por cento da cota correspondente por hora/mes".

Para os efectos do disposto neste artigo, enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar. Enténdese por unidade familiar, para os efectos desta ordenanza, a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalía superior ao 33% ou cando acrediten non percibir renta ningunha".

Modifícase o apartado 3 do artigo 7, engadíndose o seguinte párrafo: "cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ao centro, procederá a suspensión temporal da cota, de forma que neste caso o suxeito obrigado estará exento de aboar a cota mensual dende o primeiro día do segundo mes natural seguinte ao da data de ausencia ao centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a no centro".