Redaccións
Melide - Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo da escola infantil municipal.
Publicación provisional:
19/11/2004
BOP Nº:
267
Publicación definitiva:
31/12/2004
BOP Nº:
300
Aplicable dende:
23/12/2008
artigo 5 base impoñible e cota tributaria
1- A cota tributaria será de 110 € mensuales.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre a dita cota se aplicarán as seguintes reduccións totais ou parciais:
a) Inferiores ao 50 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 100 por 100: 0 €.
b) Entre o 50 e o 75 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 70 por 100: 33 €.
c) Superiores ao 75 por 100 e inferiores ao 100 por 100 do salario mínimo inteprofesional, reducción do 40 por 100: 66 €.
d) Entre o 100 e o 150 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 10 por 100: 99 €.
2. A cota tributaria dos servizos complementarios será a seguinte:
A cota do punto anterior se incrementará segundo os servizos dos que o neno/a sea usuario:
a) Servizo de almorzo: 3,37 euros mensualmente.
b) Servizo de comedor: 11,35 euros mensualmente.
c) Servizo de merenda: 3,37 euros mensualmente.
d) Servizo de almorzo, comedor ou merenda, por día: 1,07 euro.
e) Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 13,75 €.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre as cotas dos servizos anteriores se aplicarán as reduccións totais ou parciais seguintes:
a) Inferiores ao 30 por 100 do salario mínimo interprofesional: reducción do 100 por 100.
b) Entre o 30 e o 100 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 50 por 100.
Os servizos a que fai referencia o punto 2 serán de utilización voluntaria por los nenos/as asistentes ao centro.
3.- Descontos.
Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto nos puntos 1 e 2 anteriores se aplicarán os seguintes descontos:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por 100.
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por 100.
c) Cando asistan varios irmáns, desconto dun 20 por 100 por cada neno/a atendido/a. No caso de que estes irmáns nceran en parto múltiple, o desconto será dun 30 por 100 por cada neno/a.
Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.
Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por 100.
Para os efectos do disposto neste artigo, enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar. Enténdese por unidade familiar, para os efectos desta ordenanza, a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalía superior ao 33% ou cando acrediten non percibir renda ningunha".