Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 20, REGULADORA DE TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Publicación provisional: 20/11/2003 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 27/03/2009

Artigo 1. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da escola infantil municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ao previsto no artigo 58 da citada Lei 39/88.

Artigo 2. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio da escola infantil municipal.

Artigo 3. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten os servicios para as persoas beneficiarias destes.

Artigo 4. Responsables

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria

1. A cota tributaria será de 110 € mensuales.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre a dita cota se aplicarán as seguintes reduccións totais ou parciais:
a) Inferiores ao 50 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 100 por 100: 0 €.
b) Entre o 50 e o 75 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 70 por 100: 33 €.
c) Superiores ao 75 por 100 e inferiores ao 100 por 100 do salario mínimo inteprofesional, reducción do 40 por 100: 66 €.
d) Entre o 100 e o 150 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 10 por 100: 99 €.
2. A cota tributaria dos servizos complementarios será a seguinte:
A cota do punto anterior se incrementará segundo os servizos dos que o neno/a sea usuario:
a) Servizo de almorzo: 3,52 euros mensualmente.
b) Servizo de comedor: 11,86 euros mensualmente.
c) Servizo de merenda: 3,52 euros mensualmente.
d) Servizo de almorzo, comedor ou merenda, por día: 1,12 €.
e) Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 14,37 €.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre as cotas dos servizos anteriores se aplicarán as reduccións totais ou parciais seguintes:
Inferiores ao 30 por 100 do salario mínimo interprofesional: reducción do 100 por 100.
Entre o 30 e o 100 por 100 do salario mínimo interprofesional, reducción do 50 por 100.
Os servizos a que fai referencia o punto 2 serán de utilización voluntaria por los nenos/as asistentes ao centro.
3.-Descontos.
Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto nos puntos 1 e 2 anteriores se aplicarán os seguintes descontos:
- Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por 100.
- Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por 100.
- Cando asistan varios irmáns, desconto dun 20 por 100 por cada neno/a atendido/a. No caso de que estes irmáns nceran en parto múltiple, o desconto será dun 30 por 100 por cada neno/a.
Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.
- Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por 100.
Para os efectos do disposto neste artigo, enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar. Enténdese por unidade familiar, para os efectos desta ordenanza, a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalía superior ao 33% ou cando acrediten non percibir renda ningunha.

Artigo 6. Revisión da tarifa

Ao longo do curso procederase á revisión da tarifa fixada inicialmente sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas ou familiares. Neste senso o beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

A comisión revisará a tarifa anualmente

Artigo 7. Período impositivo e devengo

A taxa devéngase cando se inicie a prestación do servicio. O período impositivo coincide co ano natural, prorrateado por meses.

Artigo 8. Liquidación, recadación e xestión

A liquidación da cota tributaria será mensual e deberanas aboar os interesados nos dez primeiros días de cada mes na oficina bancaria sinalada para tal efecto.

Non se aboará a tarifa que corresponda ao mes no que o centro permaneza pechado por razón de vacacións de verán. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.

3.- A non asistencia durante un período determinado non supón reducción ningunha nin exención de tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente. Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ao centro, procederá a suspensión temporal da cota, de forma que neste caso o suxeito obrigado estará exento de aboar a cota mensual dende o primeiro día do segundo mes natural seguinte ao da data de ausencia ao centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a no centro.

4.- A tarifa establecida para cada membro non supón reducción por ser xornada completa ou media xornada.

Artigo 9. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno corporativo, en sesión celebrada o día 12 de novembro de 2003, e entrará en vigor e será de aplicación o mesmo día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

(BOP nº 267, do 20/11/2003)

(BOP nº 299, do 31/12/2003)

(BOP nº 267 19/11/2004 e BOP nº 300, 31/12/2004)

(BOP nº 298, 30/12/2005)

(BOP nº 293, do 23/12/2006)

 (BOP nº 300, do 31/12/2007)

(BOP nº 298, 29/12/2008)

(BOP Nº 70, 27-03-2009)